iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.
iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.



Link to original content: http://gl.wikipedia.org/wiki/Bruce_Pavitt
Bruce Pavitt - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Bruce Pavitt

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaBruce Pavitt

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento7 de marzo de 1959 Editar o valor en Wikidata (65 anos)
Chicago, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
EducaciónThe Evergreen State College (en) Traducir - historia (2009, 1979–2009, 1981)
Blackburn College (en) Traducir (1977–1979) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónprodutor musical Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1979 Editar o valor en Wikidata -
Xénero artísticoGrunge Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoSub Pop Editar o valor en Wikidata

Sitio webbrucepavitt.com Editar o valor en Wikidata
Facebook: bruce.pavitt Twitter: brucepavitt Instagram: brucepavitt LinkedIn: bruce-pavitt-33319583 Musicbrainz: f5230572-06e4-453c-a1dd-7a4b560da3bb Discogs: 341519 Editar o valor en Wikidata

Bruce Pavitt, nado en Chicago o 7 de marzo de 1959, é o fundador do selo discográfico de Seattle Sub Pop, coñecido por ser unha figura clave na popularización do movemento grunge.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Pavitt comezou un fanzine titulado Subterranean Pop en Olympia en 1979 que trataba sobre bandas de rock independentes dos Estados Unidos. A través do fanzine foron editados tres casetes recompilatorios. En 1986 Pavitt mudouse a Seattle e editou o primeiro LP da Sub Pop (o -terranean do nome fora quitado tempo atrás): o Sub Pop 100. O EP de Green River Dry As a Bone seguiuno en 1987.

Pavitt coñeceu a Jonathan Poneman en 1986, cando este convidouno a unha entrevista na emisora KCMU coa intención de promocionar o Sub Pop 100. En 1987 Kim Thayil, que coñecía a Poneman dende mediados dos 70 ao asistir ao mesmo instituto, de Soundgarden suxeriu que unisen as súas forzas, ePoneman incorporouse ao selo coma co-director. En agradecemento Sub Pop editou o EP de Soundgarden Screaming Life.