iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.
iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.



Link to original content: http://gl.wikipedia.org/wiki/Blas_Infante
Blas Infante - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Blas Infante

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaBlas Infante

(1914) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Blas Infante Pérez de Vargas Editar o valor en Wikidata
5 de xullo de 1885 Editar o valor en Wikidata
Casa Natal de Blas Infante, España (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte11 de agosto de 1936 Editar o valor en Wikidata (51 anos)
Sevilla, España Editar o valor en Wikidata
Causa da morteferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Granada Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, xurista, escritor, xornalista Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Republicano Democrático Federal Editar o valor en Wikidata
Interesado enJoaquín Costa Martínez Editar o valor en Wikidata

BNE: XX930910 Musicbrainz: 251497da-bd92-4461-88c6-09f584f3cfbc Discogs: 1099703 Editar o valor en Wikidata
Retrato de Blas Infante, situado na avenida Blas Infante de Xerez da Fronteira.

Blas Infante Pérez de Vargas, nado en Casares (Provincia de Málaga) o 5 de xullo de 1885 e finado en Sevilla o 11 de agosto de 1936, foi un político andaluz, considerado oficialmente polo Congreso dos Deputados e polo Parlamento de Andalucía como o "Pai da Patria andaluza",[1] por ser o máximo ideólogo do nacionalismo andaluz.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

O seu pai, Luís Infante Andrade, licenciado en Dereito, foi secretario do Xulgado de Casares, e a súa nai, Ginesa Pérez de Vargas, viña dunha familia de labradores de clase media. Estuda o bacharelato nos Escolapios de Archidona ata 1899. A familia Infante pasou polos apuros comúns dos andaluces do 1898, a crise económica da perda de Cuba e Filipinas tralos gastos da guerra sacode con forza. Blas ten que deixar a escola por motivos económicos e remata o bacharelato por libre.

Monumento a Blas Infante en Archidona, onde residiu entre 1896 e 1899.

Desde 1900 traballa como escribano no Xulgado de Casares, ó tempo que estuda na Facultade de Dereito da Universidade de Granada á que viaxaba en xuño e setembro para examinarse como alumno libre. Finaliza a carreira en 1906.

Tras aprobar as oposicións en 1909, exerce como notario en Cantillana (Sevilla) a partir de 1910, o que aproveita para entrar en contacto co ambiente intelectual sevillano e coas ideas políticas rexionalistas, especialmente cos membros do ateneo sevillano. Reforza o seu coñecemento das xentes de Andalucía exercendo a súa función de notario noutras localidades como Isla Cristina durante os anos 20.

Ó poder observar o estado dos xornaleiros andaluces queda fortemente impresionado, chegando a escribir anos máis tarde:

Yo tengo clavada en la conciencia desde la infancia la visión sombría del jornalero. Yo le he visto pasear su hambre por las calles del pueblo.
  1. O Parlamento de Andalucía aprobou de xeito unánime en 1983 que no Preámbulo do Estatuto de Autonomía para Andalucía, se recoñecera a Blas Infante como «Pai da Patria Andaluza». Recoñecemento que é revalidado na reforma do Estatuto de Autonomía, sometida a Referéndum popular o 18 de febreiro de 2007.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]
Placa na memoria de Blas Infante na rúa Diego Pérez Pascual de Isla Cristina onde viviu.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]