iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.
iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.



Link to original content: http://gl.wikipedia.org/wiki/BRIC
BRICS - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

BRICS

1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «BRIC»)

Mapa cos países BRICS, en verde escuro:
Brasil, Rusia Rusia, India India, China e Sudáfrica Suráfrica.Países convidados en verde claro.

Os BRICS son unha asociación de países e grupo económico, político e social formado por Brasil, Rusia, a India, a China e Suráfrica,[1] aos que se lle incorporan, a partir do 1 de xaneiro de 2024, Arxentina, Arabia Saudita, Emiratos Árabes Unidos, Irán, Exipto e Etiopía.[2] Até a incoporación da República Surafricana en 2011, o grupo era coñecido como BRIC.

Todas estas nacións teñen en común unha gran poboación: a China e a India superan os 1 100 millóns e o Brasil e Rusia os 150 millóns; un enorme territorio, case 38,5 millóns de quilómetros cadrados, o que lles proporciona dimensións estratéxicas continentais e unha xigantesca cantidade de recursos naturais e enormes cifras que adoitan presentar de crecemento do seu PIB e de participación no comercio mundial nos últimos anos, o que os fai atractivos como destino de investimentos. México e Corea do Sur son os únicos países comparables aos BRICS, mais as súas economías excluíronse debido a que xa son membros da OCDE. Tódolos países BRICS forman parte do G20.

Reunións da cúpula dos BRICS

[editar | editar a fonte]
Líderes dos países BRIC en 2008.
Cúpula Participantes Data País anfitrión Líder anfitrión Localización
BRIC 16 de xuño de 2009 Rusia Rusia Dmitrii Medvedev Ekaterimburgo
BRIC 15 de abril de 2010 Brasil Luiz Inácio Lula da Silva Brasilia
BRICS 14 de abril de 2011 China Hu Jintao Sanya
BRICS 29 de marzo de 2012 India India Manmohan Singh Nova Deli
BRICS 26 de marzo de 2013 Sudáfrica Suráfrica Jacob Zuma Durban
BRICS 15 de xullo de 2014 Brasil Dilma Rousseff Fortaleza
BRICS 9 de xullo de 2015 Rusia Rusia Vladimir Putin Ufa
BRICS 16 de outubro de 2016 India India Narendra Modi Goa
BRICS 5 de setembro de 2017 China Xi Jinping Xiamen
10ª BRICS 26 de xullo de 2018 Sudáfrica Suráfrica Cyril Ramaphosa Xohanesburgo
11ª BRICS 13 e 14 de novembro de 2019 Brasil Jair Bolsonaro Brasilia
12ª BRICS 17 de novembro de 2020 Rusia Rusia Vladimir Putin San Petersburgo (virtual)
13ª BRICS 9 de setembro de 2021 India India Narendra Modi Nova Deli (virtual)
14ª BRICS 23 e 24 de xuño de 2022 China Xi Jinping Pequín (virtual)
15ª BRICS 22 e 24 de agosto de 2023 Sudáfrica Suráfrica Cyril Ramaphosa Xohanesburgo
  1. "Suráfrica, nuevo miembro del BRIC". Arquivado dende o orixinal o 07 de abril de 2014. Consultado o 28 de agosto de 2013. 
  2. "Brics confirma entrada de Argentina, Arábia Saudita, Emirados, Irã, Egito e Etiópia". Folha de São Paulo (en portugués). 24 de agosto de 2023. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]