iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.
iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.



Link to original content: http://gl.wikipedia.org/wiki/Arameo
Lingua aramea - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Lingua aramea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Arameo»)
Arameo
ܐܪܡܝܐ‎, ארמית
Pronuncia:/arɑmiθ/, /arɑmit/, /ɑrɑmɑjɑ/, /ɔrɔmɔjɔ/
Outros nomes:Arāmît
Falado en: Armenia, Acerbaixán, India (con Ashoka o Grande), Irán, Iraq; Israel; Territorios palestinos; Xeorxia; Líbano; Rusia; Siria; Turquía.
Rexións: Crecente Fértil e Arabia oriental
Total de falantes: ~445.000
Familia: Semítica
 Semítica central
  Semítica do noroeste
   Arameo
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: arc
SIL: ABV
Mapa
Status

O arameo está clasificado como definitivamente en perigo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[1]

O arameo[2] é unha lingua semítica falada orixinariamente polos arameos da zona de Siria Palestina. Pertence xunto co ugarítico, o fenicio e o hebreo ao grupo noroccidental das linguas semíticas. Foi empregado como lingua franca e diplomática durante séculos en Asia occidental.

Arameo antigo: desde o século X a.C ata mediados do VII a.C.

[editar | editar a fonte]

Arameo clásico ou Oficial: desde mediados do século -VII ata o -II.

[editar | editar a fonte]

Arameo Medio: desde o século -II ata o II.

[editar | editar a fonte]

Arameo medio occidental

[editar | editar a fonte]

Arameo medio oriental

[editar | editar a fonte]

Arameo tardío: desde o século II ata a Idade Media.

[editar | editar a fonte]

Arameo tardío occidental

[editar | editar a fonte]

Arameo tardío oriental

[editar | editar a fonte]

Arameo moderno: época actual.

[editar | editar a fonte]

Hoxe en día algunha das linguas arameas é falada por máis de catrocentas mil persoas, entre eles xudeus, cristiáns, musulmáns e mandeos que habitan en áreas remotas, preservando as súas tradicións por medio de imprentas e ultimamente por medios electrónicos. As linguas arameas modernas atópanse agora máis separadas entre si que en calquera outro momento na historia, debido á inestabilidade política dos últimos douscentos anos no medio Oriente que afectou aos falantes de arameo moderno, producindo unha diáspora mundial. No ano de 1915, os cristiáns falantes de arameo que habitaban no leste de Turquía foron obxecto de persecucións que marcaron o final do Imperio Otomán. En 1948, o recentemente fundado Estado de Israel atraeu á maioría dos xudeus falantes de arameo. Con todo, esta migración causou que pequenos grupos de xudeu falantes de neoarameo se perdesen literalmente dentro dun mar de falantes de hebreo moderno, o que podería facer inminente a extinción de moitos dialectos de arameo xudeu. Ensinar na escola elemental española na 1ª metade do Século XX.

Arameo occidental moderno

[editar | editar a fonte]
A vila de Maalula é unha das poucas vilas sirias onde se conserva o arameo

Moi pouco queda do arameo occidental. Na actualidade existen 18.000 falantes da lingua en Siria[3], principalmente na vila cristiá de Maalula e nas vilas musulmás de Bakh'a e Jubb'adin, así como polas persoas que emigraron destes pobos a Damasco e outras cidades de Siria. Todos os falantes destes dialectos falan tamén o árabe, lingua principal nestes pobos. Corre serio perigo por non existiren políticas de normalización e difusión.

Arameo oriental moderno

[editar | editar a fonte]

O arameo oriental moderno existe como unha gran variedade de dialectos e linguas. Existe unha diferenza significativa entre o arameo falado por xudeus, cristiáns e mandeos.

As linguas cristiás son moitas veces chamadas Siríaco Moderno, Siríaco Oriental Moderno ou Neoarameo Oriental (chamadas tamén Sureth ou Suret) e atópanse profundamente influídas pola lingua litúrxica e literaria do sirio medio. Con todo, estes dialectos tamén teñen raíces en numerosos dialectos locais principalmente orais, e non son descendentes directos do sirio medio. Os dialectos deste grupo non son mutuamente intelixibles.

O siríaco occidental moderno, tamén chamado neoarameo central está xeralmente representado polo turoyo, a lingua de Tur Abdin. Unha lingua emparentada, o mlahso extinguiuse recentemente.

As linguas arameas xudías modernas son actualmente faladas principalmente en Israel, e a maioría considéranse en perigo de extinción. Os dialectos xudeus provenientes das comunidades que habitaron entre o lago Urmia e Mosul non son intelixibles. Nalgúns lugares como Urmia, os cristiáns e os xudeus falan dialectos inintelixibles de arameo oriental moderno no mesmo lugar. Noutros como Mosul, os dialectos de ambas as dúas relixións son semellantes e permiten conversación.

Algúns mandeos que habitan na provincia de Khuzestán en Irán falan mandeo moderno, que é moi distinto de calquera outro dialecto arameo.

  1. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para arameo.
  3. Helmy, Heba (01 de abril de 2008). "Preto de 18.000 sirios loitan por manter viva a lingua de Xesucristo". Galicia Hoxe. Arquivado dende o orixinal o 03 de setembro de 2012. Consultado o 01 de abril de 2008. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
Linguas semíticas
Ugarítico † | Fenicio † | Púnico † | Hebreo | Amonita † |
Moabita † | Edomita † | Arameo | Acadio † | Babilonio † | Asirio † | Árabe | Sudarábiga | Etiópico