iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.
iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.



Link to original content: http://gl.wikipedia.org/wiki/Antonio_Rodríguez_Dovale
Toni Dovale - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Toni Dovale

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Antonio Rodríguez Dovale»)
Modelo:BiografíaToni Dovale

(2016) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinalAntonio Rodríguez Dovale
Biografía
Nacemento4 de abril de 1990 Editar o valor en Wikidata (34 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Altura1,77 m.
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2009 Editar o valor en Wikidata -
Nacionalidade deportivaEspaña Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
LigaMajor League Soccer Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDianteiro
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
  FC Barcelona
2007–2010   Celta Fortuna 26(6)
2009–2014   Celta de Vigo 68(4)
2011–2011 cesión Sociedad Deportiva Huesca 16(1)
2014–2014 Sporting Kansas City 19(1)
2015–2015   CD Lugo 20(3)
2017–   Rayo Vallecano

Antonio Rodríguez Dovale, coñecido como Toni Dovale, nado na Coruña o 4 de abril de 1990, é un futbolista galego. Xoga como extremo no Eastern SC, da Primeira División de Hong Kong. Debutou como profesional en 2009 nas filas do Celta de Vigo, e durante os seguintes anos militou en clubs de seis países (España, Estados Unidos, a India, Chipre, Tailandia e Hong Kong).

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nado na Coruña, comezou xogar desde cativo no Ural e no Obradoiro para finalmente no ano 2002 recalar nas categorías inferiores do FC Barcelona. En 2005 regresou a Galiza para xogar nas categorías inferiores do Celta de Vigo.

Celta de Vigo

[editar | editar a fonte]

Con 19 anos debutou profesionalmente co club vigués, sendo titular no partido que enfrontou aos celtiñas contra o Numancia no Estadio de Balaídos o 29 de agosto de 2009. O partido, correspondente á primeira xornada da tempada 2009/10 da Segunda División, rematou con derrota para os locais por 1–2.[1] Disputou un total de 16 encontros esta tempada, marcando dous goles, contra Las Palmas e Nàstic.

Despois dunha breve cesión en 2011 ao Huesca, da mesma categoría, na tempada 2011–12 disputou 34 partidos co Celta e anotou dous goles, contribuíndo deste xeito ao regreso do club celeste á Primeira División despois de cinco anos de ausencia. Fixo o seu debut na máxima categoría o 18 de agosto de 2012 na derrota por 0–1 ante o Málaga CF. Aínda que o seu futuro semellaba incerto no Celta despois da chegada do adestrador Luis Enrique no verán de 2013, ficou finalmente no club onde foi reconvertido a lateral esquerdo.

Sporting Kansas City

[editar | editar a fonte]

En marzo de 2014 desvencellouse do Celta e asinou co Sporting Kansas City da Major League Soccer estadounidense.[2] Alí marcou o seu primeiro gol o 27 de maio, no empate 1-1 na casa ante os New York Red Bulls. O 19 de agosto debutou nunha competición continental, na primeira xornada da Liga de Campións da CONCACAF contra o Real Estelí no estadio Independencia de Nicaragua, marcando o gol que colocou o empate definitivo 1-1. No seguinte encontro do torneo, marcou dous goles na vitoria por 3-1 sobre o Deportivo Saprissa de Costa Rica.[3]

Tras a fin da tempada da MLS, volveu a Galiza para adestrar co Club Deportivo Lugo da Segunda División, club polo que fichou finalmente o 29 de xaneiro de 2015 até final de tempada. Xogou 20 partidos no equipo de Quique Setién, anotando 3 goles.

Leganés e cesión a Vallecas

[editar | editar a fonte]

En xuño de 2015 fichou polo Leganés, tamén de Segunda.[4] Disputou 18 encontros no equipo adestrado por Asier Garitano, e conseguiu o seu segundo ascenso a Primeira. Na seguinte tempada no contou con minutos e no mercado invernal saíu cedido ao Rayo Vallecano.

Bengaluru

[editar | editar a fonte]

En 2017 volveu saír ao estranxeiro, fichando polo Bengaluru indio. No equipo de Bangalore tivo como adestrador ao catalán Albert Roca e entre os seus compañeiros a Miku, Juanan, Dani Segovia ou Víctor Pérez.[5] En febreiro de 2018 fixo historia ao ser o primeiro futbolista do club en marcar un triplete nunha competición oficial da AFC. Foi nun partido da Copa AFC contra o TC Sports maldivano.[6] Acabou a tempada como subcampión da Superliga da India, por detrás do Chennaiyin.

Nea Salamis e cesión ao East Bengal

[editar | editar a fonte]

En setembro de 2018 fichou polo Nea Salamis de Chipre, e uns meses despois regresou á India, cedido polo club chipriota ao East Bengal de Calcuta. Co club calcutense, adestrado polo asturiano Alejandro Menéndez, rematou subcampión da I-League, só por detrás do Chennai City.

En 2019 sumou un novo país á súa traxectoria, asinando co Navy FC da segunda división de Tailandia. O equipo de Chonburi, que viña de descender dende a máxima categoría, realizou unha mala tempada, e acabou no antepenúltimo posto.

Despois de rematar a tempada co club tailandés, regresou a Galiza, onde o sorprendeu a pandemia de COVID-19. Coa carreira de Farmacia rematada dende había uns anos, aproveitou para facer as prácticas na farmacia da súa familia na Coruña.[7][8] Uns meses despois comezou a adestrar co Racing de Ferrol, e en xaneiro de 2021 asinou co CD El Ejido, co que disputou o que restaba da tempada 2020/21 da Segunda División B.[9]

Eastern SC

[editar | editar a fonte]

En setembro de 2021 volveu facer as maletas, esta vez con destino a Hong Kong, onde fichou polo Eastern SC, club da Primeira División dirixido por un adestrador galego, o Chino Losada.[10] Debutou na máxima categoría hongkonesa nun partido contra o Kitchee no estadio Mong Kok.[11]

Estatísticas

[editar | editar a fonte]
Club Tempada Liga Copa Continental Outros[N 1] Total
Partidos Goles Partidos Goles Partidos Goles Partidos Goles Partidos Goles
Celta de Vigo B 2007–08 5 0 0 0 - - - - 5 0
2008–09 1 0 0 0 - - - - 1 0
2009–10 20 6 0 0 - - - - 20 6
Total club 26 6 0 0 0 0 0 0 26 6
Celta de Vigo 2009–10 12 2 4 0 - - - - 16 2
2010–11 0 0 1 0 - - - - 1 0
Huesca 2010–11 16 1 0 0 - - - - 16 1
Celta de Vigo 2011–12 30 2 4 1 - - - - 34 3
2012–13 14 0 2 0 - - - - 16 0
2013–14 12 0 1 0 - - - - 13 0
Total club 68 4 12 1 0 0 0 0 80 5
Sporting Kansas City 2014 19 1 - - 4 3 - - 23 4
Lugo 2014–15 20 3 0 0 - - - - 20 3
Leganés 2015–16 14 1 4 0 - - - - 18 1
2016–17 0 0 1 0 - - - - 1 0
Total club 14 1 5 0 0 0 0 0 19 1
Rayo Vallecano 2016–17 2 0 0 0 - - - - 2 0
Bengaluru FC 2017–18 12 0 4 0 6 3 - - 22 3
Nea Salamis 2018–19 0 0 0 0 - - - - 0 0
East Bengal 2018–19 11 0 0 0 - - - - 11 0
Navy FC 2019 8 2 0 0 - - - - 8 2
El Ejido 2020–21 18 0 0 0 - - - - 18 0
Eastern SC 2021–22 4 0 1 1 0 0 6 1 11 2
Total carreira 218 18 22 2 10 6 6 1 256 27
  1. Inclúe partidos da Sapling Cup.
  1. "La efectividad del Numancia azota el perdón vigués" [A efectividade do Numancia azouta o perdón vigués] (en castelán). Marca. 29 de agosto de 2009. 
  2. "Toni se desvincula del Celta y ficha por el Kansas City". Marca (en castelán). 11 de marzo de 2014. Consultado o 12 de xaneiro de 2022. 
  3. "Toni: 'Mr. Concachampions'". Marca (en castelán). 6 de febreiro de 2018. Consultado o 12 de xaneiro de 2022. 
  4. "Toni Dovale, zurdo de clase para el ataque" (en castelán). 10 de xullo de 2015. Consultado o 1 de marzo de 2023. 
  5. Castro, Xosé Ramón (12 de marzo de 2018). "Toni Dovale, futbolista en tres continentes" (en castelán). Consultado o 12 de xaneiro de 2022. 
  6. "Toni Dovale hace historia en el Bengalaru indio". La Voz de Galicia (en castelán). 21 de febreiro de 2018. Consultado o 12 de xaneiro de 2022. 
  7. Núñez, Alfonso (26 de marzo de 2020). "Toni Dovale: el coruñés que cambió el fútbol por la farmacia por el coronavirus" (en castelán). Consultado o 12 de xaneiro de 2022. 
  8. Polo, Edu (20 de marzo de 2020). "Un futbolista en la farmacia". Mundo Deportivo (en castelán). Consultado o 12 de xaneiro de 2022. 
  9. "El coruñés Toni Dovale firma por El Ejido". La Voz de Galicia (en castelán). 5 de xaneiro de 2021. Consultado o 12 de xaneiro de 2022. 
  10. "El excéltico Toni Dovale jugará en la Premier League de Hong Kong" (en castelán). 15 de setembro de 2021. Consultado o 12 de xaneiro de 2022. 
  11. "Kitchee - Eastern". Transfermarkt (en inglés). Consultado o 12 de xaneiro de 2022. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]