iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.
iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.



Link to original content: http://gl.wikipedia.org/wiki/Antonio_Fernández_Bordas
Antonio Fernández Bordas - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Antonio Fernández Bordas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAntonio Fernández Bordas

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento12 de xaneiro de 1870 Editar o valor en Wikidata
Ourense, España Editar o valor en Wikidata
Morte18 de febreiro de 1950 Editar o valor en Wikidata (80 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónReal Conservatorio Superior de Música de Madrid Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónprofesor de música Editar o valor en Wikidata
Membro de
InstrumentoViolín Editar o valor en Wikidata
Premios

BNE: XX1223149 BUSC: fernandez-bordas-antonio-1870-1950

Antonio Fernández Bordas, nado en Ourense o 12 de xaneiro de 1870 e finado en Madrid o 18 de febreiro de 1950, foi un violinista e profesor de música galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Discípulo de Pablo Sarasate e de Jesús de Monasterio, accedeu á cátedra de virtuosismo de violín no Real Conservatorio Superior de Música de Madrid, institución da que foi director a partir de 1921.

Durante o seu mandato o Conservatorio foi desaloxado do Teatro Real pola Real Orde do Ministerio de Instrución Pública do 14 de novembro de 1925, que declaraba o edificio en ruínas e ordenaba a suspensión urxente das clases, comezando así unha prolongada peregrinación do centro por diferentes edificios e locais de Madrid.

Bordas foi un home prodixioso na acomodación a diferentes situacións políticas: foi director co réxime constitucional, coa ditadura de Primo de Rivera, coa monarquía agonizante, con case toda a República e durante os primeiros meses do franquismo ata a súa xubilación en 1940. O seu mandato caracterizouse pola resistencia a calquera innovación e polo illamento do Conservatorio da vida musical do país. De importancia para o centro baixo o seu mandato foron os nomeamentos de Oscar Esplá como profesor de "Folklore na Composición" e de Eduardo Martínez Torner como profesor de "Prácticas de Folklore". Ó pouco tempo de comezar a guerra civil, foi destituído Fernández Bordas, recuperando o cargo en 1939, ano no que o Conservatorio se trasladou a uns locais do Teatro Alcázar, totalmente insuficientes.

Foi un dos principais representantes da escola violinística española. O seu traballo como concertista foi moi amplo, participando na Sociedad de Cuartetos de Madrid, a Sociedad de Conciertos e a Orquesta Sinfónica de Madrid. Destas dúas últimas foi violín solista e concertino, e logo director. Esporadicamente tamén formou diversos grupos de cámara, nos que participaron, entre outros, Conrado del Campo, Víctor Mirecki, Manuel de Falla ou Juan Ruiz Casaux.

Foi académico de número da Real Academia de Belas Artes de San Fernando.