Anne Geiser
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1952 |
País de nacionalidade | Suíza |
Educación | Universidade de Lausana. |
Q89547790 | Directora do Museo Monetario Cantonal de Lausana. |
Actividade | |
Campo de traballo | Numismática e arqueoloxía. |
Premios | |
1980: Premio Dr. Nessler (UNIL). 1996: Jeton de Vermeil (SFN). |
Anne Geiser, nada en 1952,[1] é unha numismática, historiadora e arqueóloga suíza, especialista na moeda céltica gala e galo-romana.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Anne Geiser cursou a súa formación superior na Universidade de Lausana, onde acadou o doutoramento en Arqueoloxía e Historia en 2004, cunha tese sobre a circulación monetaria na actual Suíza occidental.[2][3]
En 1978 ingresou como conservadora no daquela chamado Gabinete de Medallas do Cantón de Vaud e creou a Asociación Amigos do Gabinete de Medallas, para lles dar visibilidade ás súas coleccións. Posteriormente foi nomeada directora do Gabinete, transformado xa en Museo Monetario Cantonal, posto no que se mantivo ata 2017.[2][3]
Tamén exerceu como privatdozent na Universidade de Lausana, impartindo cursos e seminarios, e dirixiu diversas memorias de licenciatura e traballos de investigación e en Numismática nesta institución académica e na Universidade de Neuchâtel.[2][3]
En 1985 contribuíu decisivamente na fundación do Grupo Suízo para o Estudo dos Achados Monetarios (GSETM), e foi a súa directora durante dous anos. Un dos resultados deste grupo de traballo foi a creación, en 1991, do Inventario de Achados Monetarios Suízos (ITMS), do que foi a súa vicepresidenta entre 1993 e 2016.[3]
O seu interese como investigadora céntrase na numismática antiga, sinaladamente a moeda céltica gala e galo-rromana, e tamén na medieval, aspectos sobre os que realizou máis de 200 publicacións científicas, entre artigos, colaboracións e monografías.[3][4]
Entre outras entidades académicas e asociativas, Geiser é membro da Sociedade Suíza de Numismática.[3] Así mesmo, é correspondente estranxeira de organizacións científicas doutros países, como o CNRS e a École Normale Supérieure de París. [2]
Anne Geiser xubilouse o 30 de xuño de 2017, logo de 39 anos na dirección do Museo Monetario Cantonal, posto no que foi substituída por Julia Genechesi.[5]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- (1980): Premio Dr. Nessler, da Universidade de Lausana.[2]
- (1996): Jeton de Vermeil, da Siociedade Francesa de Numismática, de París.[4][6]
Publicacións
[editar | editar a fonte]Esta é unha escolma dalgúns dos artigos e dos traballos monográficos publicados por Anne Geiser ao longo da súa traxectoria:[1][7][8][9][10]
Monografías
[editar | editar a fonte]- (2002). Collections monétaires. Exposition permanente du Cabinet des médailles cantonal, Lausanne Palais de Rumine (con C. el Sherbiny). Cabinet des médailles cantonal, Lausana. ISBN 9782940094714
- (2010). Alexandre le Grand et les royaumes hellénistiques. L'histoire racontée par les monnaies (con N. Beuret). Musée monétaire cantonal, Lausana. ISBN 9782940094721
- (2017). Les Celtes et la monnaie. Des Grecs aux surréalistes (con M. Amandry et al). Infolio, Gollion. ISBN 9782884743976
- (2017): Par ici la monnaie! Une exposition du Musée monétaire cantonal... (con N. Consiglio). Musée monétaire cantonal, Lausana. ISBN 9782940094837
Artigos
[editar | editar a fonte]- (1984). "Un monnayage celtique en Valais: les monnaies des Véragres". En Schweizerische numismatische Rundschau, 63. Páxinas 55-107.
- (1995). "Faciès des potins, particulièrement du type dit ‘à la grosse tête’, découverts en Suisse occidentale". En Gallia, 52. Páxinas 87-93.
- (1995). "Tentative d'identification des productions métalliques des bronzes coulés dits à la grosse tête" (conJ-N.Barrandon). En Gallia, 52. Páxinas 21-26.
- (2009). "Les potins 'à la grosse tête': une nouvelle évaluation typologique". En Schweizer Münzblätter, 235. Páxinas 77-89.
- (2010). "Monnaies antiques (ibériques, massaliètes, celtiques) de la collection Cavalier de la Médiathèque Centrale d'Agglomération-Emile Zola de Montpellier". En Archéologie en Hérault-Languedoc, 1. Páxinas 1-44.
- (2012). "Monnaie et écriture au second âge du fer autour de l’arc alpin: nne nouvelle approche des statères épigraphes attribués naguère aux Salasses". En Études Celtiques, 38. Páxinas 77-129.
- (2017). "Musée monétaire cantonal". En Devanthéry, A.. et al. (ed). Objets archéologiques: une richesse partagée. Lausana. Páxinas 32-39.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Geiser, Anne 1952-". En BHS/ BSG. Bibliographie der Schweizergeschichte Datenbank (1975-)
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 "Geiser, Anne, numismate". Réseau vaudois des bibliothèques. patrium.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 MMC (2017). "Éditorial: Pour Anne, afin de te rendre la monnaie de ta pièce!". Páxinas 30-32.
- ↑ 4,0 4,1 Zäch, B. (1996).
- ↑ MMC (2017). "Collaborateurs: Anne Geiser". Páxina 53.
- ↑ "Médaille et jeton de vermeil". Société Française de Numismatique (SFN).
- ↑ "Geiser-Margarot, Anne Arquivado 08 de decembro de 2021 en Wayback Machine.". Digital Library Numis.
- ↑ "Geiser, Anne". WorldCat Identities.
- ↑ "Anne Geiser". BnF Data.
- ↑ "Geiser, Anne". Persee.fr
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- MMC (2017). Bulletin, 30. Association des amis du Musée monétaire cantonal.
- Zäch, B. (1996). "París: Jeton de vermeil für Anne Geiser". En Schweizer Münzblätter. Vol. 46. Nº 164 novembro. Páxina 141.