Andrew J. Feustel
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 25 de agosto de 1965 (59 anos) Lancaster, Estados Unidos de América (pt) |
Educación | Universidade de Purdue (pt) Lake Orion High School (en) Queen's University (pt) Oakland Community College (en) |
Actividade | |
Ocupación | astronauta, físico, xeofísico |
Empregador | NASA, astronauta |
Membro de | |
Tempo no espazo | 225 días, 9 horas e 15 minutos |
Misión do astronauta | |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Andrew Jay "Drew" Feustel, nado en Lancaster (Pensilvania) o 25 de agosto de 1965, é un astronauta estadounidense que formou parte das misións STS-125, STS-134 e Soiuz MS-08 e como membro da Expedición 55 e da Expedición 56 á Estación Espacial Internacional.[1][2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Feustel graduouse en ciencias da terra e xeofísica pola Universidade Purdue. Ten un doutoramento en ciencias xeolóxicas, con especialización en sismoloxía, pola Universidade Queen en Kingston, Ontario, Canadá, en 1995.[1][2]
Foi seleccionado pola NASA como astronauta en xullo de 2000, participando nas misións STS-125, STS-134 e Soiuz MS-08 e como membro da Expedición 5 e da Expedición 56 á Estación Espacial Internacional. Pasou un total de 225,39 días no espazo.[1][2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Mark Wade (2019). "Feustel, Andrew Jay 'Drew'" (en inglés). Consultado o 5 de abril de 2020.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 NASA, ed. (outubro de 2018). "Andrew J. Feustel(Ph.D.) NASA Astronaut" (PDF) (en inglés). Consultado o 5 de abril de 2020.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Andrew J. Feustel |