iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.
iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.



Link to original content: http://gl.wikipedia.org/wiki/Andújar
Andújar - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Andújar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaAndújar
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 38°02′21″N 4°03′02″O / 38.0392, -4.0506
EstadoEspaña
Comunidade autónomaAndalucía
ProvinciaProvincia de Xaén Editar o valor en Wikidata
Capital de
CapitalAndújar Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación35.788 (2023) Editar o valor en Wikidata (37,41 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie956,7 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porRío Guadalquivir Editar o valor en Wikidata
Altitude212 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataFrancisco Manuel Huertas Delgado (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal23740 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE23005 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio webandujar.es Editar o valor en Wikidata
BNE: XX451918

Andújar é unha cidade e un concello da provincia de Xaén, en Andalucía (España). Cabeza da comarca da Campiña de Xaén. A poboación do municipio en 2016 era de 37.975 habitantes, sobre un extenso municipio de 957 km², o maior da provincia.

Situación xeográfica

[editar | editar a fonte]

Andújar está situada ao noroeste da provincia de Xaén, aínda que a capital está na campiña e ás beiras do río Guadalquivir, o territorio municipal setentrional está accidentado pola Serra Morena, que en parte conforma o Parque Natural da Serra de Andújar. O Guadalquivir divide o concello en dúas partes diferentes.

Os restos máis antigos pertencen ao Paleolítico acheulense. En época prerromana localizábase aquí a cidade ibérica de Isturgis, aínda que é un erro repetido identificar Andújar coa antiga Illiturgis, que corresponde a actual Mengíbar (o erro consérvase no xentilicio iliturxitano que se adxudica aínda aos andujareños). Foi o Municipium Isturgi Trumphale dos romanos. A denominación Sturgis perduraba aínda en época visigoda.

A partir de 711, a comarca pasou a formar parte do Al-Ándalus. En 853 reaparece o topónimo coa forma Anduyar, precedente do vixente hoxe. Os almohades, no século XII, fortificaron a cidade. Foi reconquistada por Fernando III de Castela de forma pacífica en 1225. Henrique IV de Castela concedeulle o título de cidade en 1467. Foi ocupada en 1808 polos franceses. En 1823, en ocasión da invasión dos Cen Mil Fillos de San Luís, o duque de Angulema emitiu desde aquí unha orde con obxectivo de que cesasen os movementos liberais. En 1873 declarouse cantón federal.

Lugares de interese

[editar | editar a fonte]
  • Igrexa de Santa María, do século XV, gótica, con torre que talvez proceda da antiga mesquita sobre a que se levantou o templo cristián. Posúe obra do Greco e de Francisco Pacheco, mestre de Velázquez.
  • Igrexa de San Miguel, de estilo gótico.
  • Casa do Concello.
  • Casa de Don Gómez, palacio urbano de estilo barroco.
  • Ponte do Guadalquivir, que se cre que posúe baseamentos romanos.
  • Murallas almohades.
  • San Eufrasio;
  • Romaría da Virxe da Cabeza.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]