iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.
iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.



Link to original content: http://gl.wikipedia.org/wiki/Alex_English
Alex English - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Alex English

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAlex English

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento5 de xaneiro de 1954 Editar o valor en Wikidata (70 anos)
Columbia, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
ResidenciaCarolina do Sur
Columbia Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Carolina do Sur
Dreher High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura201 cm Editar o valor en Wikidata
Peso86 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista, adestrador, adestrador de baloncesto, actor Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1976 Editar o valor en Wikidata - 1992 Editar o valor en Wikidata
Membro de
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata
LigaBaloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoAla Editar o valor en Wikidata
Convocado porMilwaukee Bucks Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
Dallas Mavericks
Indiana Pacers
S.S. Basket Napoli
1972–1976 South Carolina Gamecocks men's basketball
1980–1990 Denver Nuggets (Ala)
Premios

IMDB: nm0257580 Editar o valor en Wikidata

Alexander English, nado o 5 de xaneiro de 1954 en Columbia, Carolina do Sur, é un ex xogador profesional de baloncesto estadounidense da década dos oitenta e o actual adestrador asistente dos Toronto Raptors da National Basketball Association (NBA). Foi o máximo anotador da década de 1980 con 19.682 puntos.

Xogaba na posición de aleiro, e destacou sobre todo no aspecto anotador. Toda a súa carreira profesional transcorreu na NBA, salvo o último ano, que o fixo na LEGA italiana. Oito veces All-Star, o seu dorsal 2 foi retirado polos Denver Nuggets, e foi eleixido para formar parte do Basketball Hall of Fame.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Universidade

[editar | editar a fonte]

A súa vida universitaria transcorreu na súa terra natal, na Universidade de Carolina do Sur, onde fixo en catro anos 17,8 puntos e 9,6 rebortes por partido. Foi titular do seu equipo en todos e cada un dos 111 partidos que disputou como colexial, e converteuse no máximo anotador de toda a historia da súa universidade. A súa camiseta co número 22 foi retirada en homenaxe á súa traxectoria.

Profesional

[editar | editar a fonte]

Foi elixido na sexta posición da segunda rolda (23º total) do Draft da NBA de 1976 polos Milwaukee Bucks, onde apenas dispuxo de minutos de xogo, e non puido demostrar a súa valía. Foi traspasdo aos Indiana Pacers, onde en apenas tempada e media fíxose un nome na liga, e comezou a despuntar, terminando de facelo nos Denver Nuggets, onde ao longo de dez tempadas liderou sempre ao seu equipo en anotación, e conseguiu ser o máximo anotador da NBA na tempada 1982-83. Acabou a súa carreira en Italia, no Depi Napoli, onde xogou 18 partidos, promediando, aos seus 38 anos, 13,9 puntos e 4,8 rebotes por partido. As súas estatísticas tras 15 tempadas na NBA foron de 21,5 puntos e 5,5 rebotes.

Logros persoais

[editar | editar a fonte]
  • Elixido no segundo mellor quinteto da NBA en tres ocasións.
  • Elixido para o All-Star Game en 8 ocasións.
  • Máximo anotador da NBA en 1983.
  • Máximo anotador da década dos 80, con 19 682 puntos.
  • Primeiro xogador da historia en anotar máis de 2 000 puntos en oito tempadas consecutivas.
  • A súa camiseta co número 2 foi retirada por Denver como homenaxe.
  • Membro do Basketball Hall of Fame dende 1997.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]