Akseli Gallen-Kallela
Akseli Gallen-Kallela (coñecido ata aproximadamente 1907 como Axel Waldemar Gallén), nado o 26 de abril de 1865 en Pori (Gran Ducado de Finlandia) e finado o 7 de marzo de 1931 en Estocolmo (Suecia), foi un dos pintores máis destacados de Finlandia. Comezou a súa carreira con representacións populares realistas, e posteriormente pasou a temas románticos do Kalevala e Carelia. Na década de 1890 creou obras destacadas dentro do simbolismo e o realismo. Contra a década de 1900, especialmente en conexión coa viaxe a África, as obras de Gallen-Kallela comezaron a encarnar o expresionismo.
As obras máis coñecidas de Gallen-Kallela son, entre outras, Sammon taonta, Ad Astra, Sammon puolustus, Kullervon kirous, Symposion e Lemminkäisen äiti. Ademais de pinturas, creou tamén frescos, artes gráficas e deseños para téxtiles e mobiliario. Despois da guerra civil finlandesa, Gallen-Kallela exerceu como adxunto de Mannerheimin e deseñou os uniformes e insignias do exército finlandés independente. Os momentos máis destacados da carreira internacional de Gallen-Kallelan foron o seu papel prominente na pavillón de Finlandia durante a Exposición Universal de París de 1900 e o seu propio posto na Bienal de Venecia de 1914.
En 1907, cando tiña xa 41 annos, Axel Gallén afinlandesou o seu nome a Gallen-Kallela, mais a seguiu a asinar a súa obra ao xeito antigo.[1][2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Orixes e xuventude
[editar | editar a fonte]Axel Gallén naceu nunha familia noble de fala sueca. Tiña seis irmáns e irmás dun matrimonio anterior de seu pai Peter Wilhelm Gallén con Sofia Gallén, finada en 1855 (un dos cales morrera pouco despois de nacer). Axel Gallén foi o terceiro fillo do segundo matrimonio de seu pai con Anna Mathilda Wahlroos. En total, había 14 fillos e fillas na familia, mais durante a infancia do pintor só houbo uns poucos na casa.[3]
Seu pai, Peter Wilhelm Gallén (1817–1879), era caixeiro do Banco de Finlandia en Pori e propietario da granxa de cabalos de Vänni, en Tyrvää, e outro par de granxas, que xuntas sumaban unhas 150 hectáreas. Gallén pasou a súa infancia na granxa de Jaats.
Entre outras cousas, o pai traballou en Tyrvää como xefe de policía rural e avogado, e na década de 1850 fundou unha biblioteca de empréstito, a Caixa de Aforros de Tyrvää, e vinte anos despois a primeira escola pública.[4] Aos once anos foi enviado a Helsinqui a estudar nunha escola de gramática, xa que seu pai era contrario á súa ambición de converterse en pintor.[5] O pai de Gallén morreu aos 62 anos durante unha viaxe no outono de 1879, cando o neno tiña 14 anos.[6] Logo da morte de seu pai, Axel asistiu a clases de debuxo na Sociedade Artística Finlandesa (1881–1884) e estudou de xeito privado con Adolf von Becker.[5] A nai viúva, Anna Mathilda Gallén (finada en 1922), sendo pobre tan só podía pagar os estudos artísticos de Axeli, polo que os estudos de violín do seu irmán maior Uno interrompéronse.[7] Mathilda Gallén viviu ata os 90 anos e gozou de boa saúde ata o final, a pesar de que enfermara na mediana idade.[8]
Estudos na escola de debuxo e anos na escola
[editar | editar a fonte]Akseli Gallen-Kallela estudou na escola de debuxo da Asociación de Arte de Finlandia entre 1881 e 1884, así como en París na Académie Julian e no taller de Fernand Cormon na década de 1880. Realizou viaxes de estudos a, entre outros lugares, Londres e Berlín en 1895, e a África en 1909–1911.[9]
Inicialmente Axel Gallén asistiu ao liceo normal ademais de ir polas tardes á escola de debuxo da Asociación de Arte de Finlandia a partir de 1878.[10] Así mesmo, recibiu clases privadas de S. A. Keinänen e Adolf von Becker.[11]
No verán de 1881 abandonou o liceo sen completar o seu diploma na escola secundaria. O mesmo ano inscribiuse na escola de debuxo da Asociación de Arte de Finlandia, onde recibiu leccións de, entre outros, Fredrik Ahlstedt. As ensinanzas e consellos de Adolf von Becker foron as que máis lle influíron.[12]
Estudos e traballos en París
[editar | editar a fonte]Logo de graduarse na Escola de Debuxo en 1884 Akseli Gallén trasladouse a París, onde viviu como compañeiro de habitación de Emil Wikström a principios de 1886 na Rue Menessinin.[13] Nesa época o círculo de artistas nórdicos novos incluía a pintores e escritores como August Strindberg e Ernst Josephson, Anders Zorn e Edvard Munch. O mellor amigo de Gallen era o francés Henri de Vallombreuse, que era ceramista e multitalentoso. Os cafés de Montmartre fixéronse familiares, e os artistas encontrábanse no "Eremitage" de Montmartre e nas reunións da irmandade de Xesús ben Sirá fundada por Josephson nunha adega da rue Jacob do barrio latino.[14][13]
No verán de 1885 Gallén chegou de novo a Finlandia e traballou, entre outras cousas, pintando a obra naturalista Akka ja kissa en Salo.[15] Na primavera de 1886 estaba de novo en Finlandia, e traballou durante o ano seguinte en Korpilahti e Keuruu, aínda que recibira de novo unha bolsa de viaxe. No inverno de 1887–1888 marchou de novo a París. Antes de marchar se propuxera a Mary Slööriä, mais ao parecer debido á oposición de seus pais a situación permaneceu aberta. Gallén permaneceu en París ata a primavera de 1889 xa non interesado nos estudos artísticos. O interese polo Kalevala aumentou no outono de 1888, e finalizou os seus estudos, alugou o seu propio estudio na chamada zona dos artistas de Montmartre e comezou a pintar, entre outras cousas, tema de Aino.[16]
Carelianismo e proxectos de construción
[editar | editar a fonte]Mentres estudaba en París, Gallen-Kallela pintaba a vida bohemia, mais pouco a pouco a natureza finlandesa, as paisaxes con corvos e as persoas das terras ermas comezaron a atraelo. Tamén os mitos do Kalevala comezaron a fascinalo. Gallen-Kallela foi tamén un dos fundadores da Sociedade Kalevala en 1911.[17]
Xa na súa época escolar, Gallén opuxérase ás teorías raciais desenvolvidas por, entre outros, August Sohlman e P. A. Munchin, que sinalaban unha orixe asiática do pobo finlandés, ao que os suecos achegaran cultura. Nalgún momento na década de 1870 Axel comezou a ler o Kalevala, o que non foi tolerado especialmente pola súa nai, que compartía a ideoloxía escandinavista prosueca e consideraba o pobo finlandés como basto e campesiño.[6]
Logo de casar en 1890, Axel Gallén foi de lúa de mel a Kuhmo e a Carelia do Mar Branco.[18] Con eles foi tamén Louis Sparre.[19] Era a época de ”Nuori Suomi”, o inicio do carelianismo, o romanticismo kalevala-carelio, que ao seu xeito correspondíase coa fuxida de Paul Gauguin ao primitivismo. Como tendencia estilística, o nacionalismo romántico impregnou todas as áreas da arte.[20]
Gallen-Kallela recompilou unha colección de alfombras tradicionais antigas denominadas ryijy, gardounas no seu estudio e empregounas detrás dos modelos dos seus cadros. Na Exposición Universal de París de 1900 presentouse a súa Liekki-ryijy, que é considerada a primeira representación de arte moderna destas alfombras tradicionais.[21]
Entre 1911 e 1913 Gallen-Kallela deseñou e construíu unha casa estudio en Tarvaspää, Espoo. En 1961 abriuse ao público baixo o nome "Gallen-Kallelan Museo". Gallen-Kallela tiña tamén un estudio na natureza chamado Kalela e situado en Ruovesi, que construíra entre 1894 e 1895 de acordo co seu propio deseño. Gallen-Kallela viviu coa súa familia en Kalela en varios períodos durante varios anos. Kalela ten funcionado como casa museo, mais permanece pechada ao público.[22][23]
Gallen-Kallela estaba en contra da rusificación. Nese momento os círculos artísticos estaban formados en gran parte por militantes do Partido Novo Finlandés. Gallen-Kallela tamén pintou unha reunión do seu propio círculo de novos finlandeses no Hotel Kämp, no seu cadro Symposion. O círculo iincluía, entre outros, a Jean Sibelius, Oskar Merikanto e Robert Kajanus.[24] No inverno de 1905 a 1906 o escritor e revolucionario ruso Maksim Gorki escondeuse no estudio Pirtti que Gallen-Kallela tiña en Erottaja, Helsinqui, onde o artista pintou o seu retrato.[25]
Viaxes
[editar | editar a fonte]Logo da etapa carelianista, Gallen-Kallela orientouse de novo cara a Europa. Viaxou a Berlín en 1895 e uniuse á redacción da revista paneuropea Pan. Gallen-Kallela pertenecía a unha comunidade informal de escritores e artistas, denominada círculo Ferkel, e que se reunía no restaurante Zum schwarzen Ferkel de Berlín.[26] Tres anos despois viaxou a Italia. Na Exposición Universal de París de 1900 Gallen-Kalella tivo tamén un papel importante:[11] pintou os teitos do pavillón de Finlandia con frescos con temática do Kalevala, e deseñou os mobles. Durante a súa estadía en Italia estudara a pintura ao fresco.[27]
Gallen-Kallela estivo tamén en Hungría nos anos 1907-1908. En Budapest realizouse unha exposición de arte súa, na que había case 500 obras. Na capital húngara pode verse un monumento a Gallen-Kallela erixido nun parque próximo á beira do Danubio no lado de Buda.[28]
En 1914 Gallen-Kallela foi invitad para expoñer na Bienal de Venecia, e o goberno italiano encargoulle o seu autorretrato para a Galería Uffizi de Florencia. Co estalido da guerra as pinturas do artista permaneceron en Italia, de onde foron solicitadas para a exposión Panama-Pacific de San Francisco en 1915. Obtiveron o primeiro premio e a medalla de ouro.[29]
Gallen-Kallela fixo tamén outras longas viaxes ao estranxeiro, como a África Oriental en 1909–1911 e América do Norte en 1923–1926. En Kenya pintou acuarelas e máis de 150 óleos expresionistas. En América estudou cultura e a arte dos pobos indíxenas e comezou os preparativos para as ilustracións do Suur-Kalevala.[11][30]
Familia
[editar | editar a fonte]Gallen-Kallela casou con Mary Helena Slöör (1868–1947) no ano 1890. O pai de Slöör era o conselleiro da corte Kaarlo Slöör, e a súa nai (casada en 1863) Aina Emilia Ehrnström (finada en 1929). Akseli e Mary tiveron tres fillos: Impi Marjatta (1891–1895), Aino Kirsti e Kaius Jorma. Kirsti e Jorma tiñan talento artístico como seus pais. Kirsti ademais tiña talento musical, como a súa nai, que tocaba o piano.[33][34] Mary implementou tamén as artes visuais de Akseli como artesanía.[35]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Okkonen 1961, p. 659.
- ↑ Okkonen 1961, p. 5.
- ↑ Okkonen 1961, p. 16.
- ↑ Gallen-Kallela-Sirén, Janne (2001). Minä palaan jalanjäljilleni: Akseli Gallen-Kallelan elämä ja taide (en finés). Helsinqui: Otava. pp. 14–20. ISBN 951-1-17649-8.
- ↑ 5,0 5,1 Reitala 1997.
- ↑ 6,0 6,1 Gallen-Kallela-Sirén, Janne (2001). Minä palaan jalanjäljilleni: Akseli Gallen-Kallelan elämä ja taide (en finés). Helsinqui: Otava. pp. 20–21, 24. ISBN 951-1-17649-8.
- ↑ Ruuska, Helena (14 de abril de 2020). "Gallénien laimea veljesrakkaus". Helsingin Sanomat (en finés). p. B3.
- ↑ Okkonen 1961, p. 22.
- ↑ Mir iskusstva – Taiteen maailma, s 318 Ateneum, Helsinki, Venäläinen museo, Pietari 1998, (Ateneumin julkaisut no 8), ISBN 951-53-1818-1
- ↑ Okkonen 1961, p. 46.
- ↑ 11,0 11,1 11,2 CD-Facta. Gallen-Kallela, Akseli. Helsiqui: WSOY. 1998. ISBN 951-0-23152-5.
- ↑ Okkonen 1961, p. 62.
- ↑ 13,0 13,1 Okkonen 1961, pp. 104–105.
- ↑ Olavinen, Anja (2003). Ville Vallgren 1855–1940 (en finés). Helsinqui: Ateneumin taidemuseo / Valtion taidemuseo. p. 3. ISBN 951-53-2542-0.
- ↑ Gallen-Kallela, Akseli (1955). Kallela-kirja (en finés). Porvoo: WSOY. p. 215.
- ↑ Okkonen 1961, p. 160.
- ↑ "Tieteen ja taiteen Kalevalaseura" (en finés). Kalevalaseura. Consultado o 6 de decembro de 2022.
- ↑ Okkonen 1961, p. 187.
- ↑ Okkonen 1961, p. 200.
- ↑ Okkonen 1961, p. 188–189.
- ↑ "Ryijykuume" (en finés). Museo Finlandés da Artesanía. Arquivado dende o orixinal o 26 de agosto de 2018. Consultado o 9 de xaneiro de 2023.
- ↑ "Ruoveden Kalela taas auki yleisölle". Kaleva (en finés). 8 de maio de 2001. Consultado o 9 de xaneiro de 2023.
- ↑ "Kalela" (en finés). Ruovesi.fi. Consultado o 9 de xaneiro de 2023.
- ↑ "Juhlavuoden sankarit" (en finés). Sibelius Halonen Gallen 150 vuotta. Arquivado dende o orixinal o 22 de novembro de 2015. Consultado o 9 de xaneiro de 2023.
- ↑ "Maksim Gorki" (en finés). Haloo Akseli. Arquivado dende o orixinal o 22 de novembro de 2015. Consultado o 9 de xaneiro de 2023.
- ↑ Wülfing, Wulf; Bruns, Karin; Parr, Rolf (1998). "Das schwarze Ferkel (Berlin)". Handbuch literarisch-kultureller Vereine, Gruppen und Bünde 1825–1933 (en alemán). pp. 406–416. ISBN 3-476-01336-7.
- ↑ "Akselin aikajana" (en finés). Gallen-Kallela Museo. Arquivado dende o orixinal o 14 de xaneiro de 2023. Consultado o 14 de xaneiro de 2023.
- ↑ "Suurlähettiläs Pasi Tuomisen puhe Akseli Gallen-Kallelan 150-vuotisjuhlan seppeleenlaskutilaisuudessa" (en finés). Embaixada de Finlandia en Budapest. Arquivado dende o orixinal o 22 de setembro de 2015. Consultado o 14 de xaneiro de 2023.
- ↑ Aimo Reitala (3/05/2008). Publicación en línea de biografía nacional, ed. "Gallen-Kallela, Akseli". Sociedad de Literatura Finlandesa. Consultado o 23/02/2015.
- ↑ "Akseli Gallen-Kallelan suurnäyttely Groningenissa" (en finés). Suomen suurlähetystö, Haag. 23 de xaneiro de 2007. Arquivado dende o orixinal o 24 de novembro de 2015. Consultado o 13 de febreiro de 2023.
- ↑ "Akseli Gallen-Kallela luutnantin univormussaan" (en finés). finna.fi. Consultado o 9 de xaneiro de 2023.
- ↑ "Akseli Gallen-Kallela ja Kansallismuseon fresko "Sammon puolustus"" (en finés). finna.fi. Consultado o 13 de febreiro de 2023.
- ↑ Pelin, Anne (2004). "II". Akseli Gallen-Kallela (en finés). Espoo: Gallen-Kallelan Museo. p. 34. ISBN 952-9739-18-4.
- ↑ Gallén, Walter (1940). Släktregister för släkten Gallen (en sueco). Vammala.
- ↑ Eerola, Elina (2008). "Taiteilijakodit taiteilijakuvan peileinä. Emil Wikströmin, Pekka Halosen ja Axel Gallénin ihanteiden toteutuminen rakentamiensa taiteilijakotien välityksellä 1892-1902." (en finés).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Akseli Gallen-Kallela |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Okkonen, Onni (1961). A. Gallen-Kallela – Elämä ja taide (en finés). WSOY.
- VVAA (2011). Ota sielusi täyteen! Tutkimuksellisia polkuja Akseli Gallen-Kallelan taiteeseen (en finés). Espoo: Gallen-Kallelan Museo. ISBN 978-952-9739-27-1.
- Gallen-Kallela-Sirén, Janne (2001). Minä palaan jalanjäljilleni: Akseli Gallen-Kallelan elämä ja taide (en finés). Helsinqui: Otava. ISBN 951-1-17649-8.
- Kalevala (en finés). Kuvittanut ja painatustyön suunnitellut Akseli Gallen-Kallela. 22ª edición (1ª edición, 1922). Porvoo, Helsinqui: WSOY. 2004. ISBN 978-951-0-24270-4.
- Kämäräinen, Eija (1994). Akseli Gallen-Kallela: Katsoin outoja unia (en finés). Helsinqui, Porvoo, Juva: WSOY. ISBN 951-0-19217-1.