Ar (atmosférico)
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2019.) |
Ar ou aire son os nomes que recibe a combinación de gas que forma a atmosfera da Terra, que permanece dentro do planeta por acción da forza da gravidade.
O ar é esencial para a vida no planeta, é particularmente delicado e é transparente a simple vista. Está composto en proporcións lixeiramente variábeis por substancias tales como o nitróxeno (78%), osíxeno (21%), vapor de auga (variábel entre 0-7%), ozono, dióxido de carbono, hidróxeno e algúns gases nobres como o cripton ou o argon.
A atmosfera divídese en capas de acordo á altitude, temperatura e composición do aire. A presión do aire diminúe coa altitude.
O aire é unha mestura de gases e vapor de Aire, suxeitos pola forza de gravidade ó redor da Terra, formando unha capa chamada atmosfera. Ela sostén e protexe a vida neste planeta.
A atmosfera terrestre divídese en catro capas: a troposfera, a estratosfera, a mesosfera e a termosfera. As capas máis importantes para a nosa análise da contaminación atmosférica son as dúas capas máis próximas á Terra: a troposfera e a estratosfera. O aire da troposfera é o que respiramos e está composto por un 78,08% de nitróxeno (N2),un 20,95% de osíxeno (O2), un 0,035% de dióxido de carbono (CO2) e un 0,94% de gases inertes como o argon e o neon. Nesta capa atópanse as nubes e case todo o vapor de aire. Nela prodúcense tódolos fenómenos atmosféricos que orixinan o noso clima.
Por encima da troposfera, aproximadamente a 25 quilómetros de altura, na estratosfera, encontramos a importante capa de ozono que protexe á Terra dos raios ultravioletas (UV) (cando o ozono se encontra no aire que respiramos, é dicir, baixo os 25 quilómetros de altura habituais, é un contaminante que ten un efecto daniño para a saúde; cando está na estratosfera, forma a capa que protexe dos raios ultravioletas do sol a tódalas formas de vida na Terra).
ppmv: partes por millón por volume (nota: a fracción volumétrica soamente é igual á fracción molar para gases ideais) | |
Gas | Volume |
---|---|
Nitróxeno (N2) | 780.840 ppmv (78,084%) |
Osíxeno (O2) | 209.460 ppmv (20,946%) |
Argon (Ar) | 9.340 ppmv (0,9340%) |
Dióxido de carbono (CO2) | 380 ppmv (0,0380%) |
Neon (Ne) | 18,18 ppmv (0,001818%) |
Helio (He) | 5,24 ppmv (0,000524%) |
Metano (CH4) | 1,79 ppmv (0,000179%) |
Kripton (Kr) | 1,14 ppmv (0,000114%) |
Hidróxeno (H2) | 0,55 ppmv (0,000055%) |
Óxido Nitroso (N2O) | 0,3 ppmv (0,00003%) |
Xenon (Xe) | 0,09 ppmv (9×10−6%) |
Ozono (O3) | 0,0 a 0,07 ppmv (0% a 7×10−6%) |
Dióxido de nitróxeno (NO2) | 0,02 ppmv (2×10−6%) |
Iodo (I) | 0,01 ppmv (1×10−6%) |
Monóxido de carbono (CO) | 0,1 ppmv (0,00001%) |
Amoníaco (NH3) | trazas |
Vapor de auga (H2O) | ~0,40% na atmosfera toda, tipicamente 1%-4% na superficie |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ar |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Cristina Santolaria De Castro: Síndrome do Edificio Enfermo Muface (en castelán).