A peste
A peste | |
---|---|
Cuberta da primeira edición. | |
Título orixinal | La peste |
Autor/a | Albert Camus |
Orixe | Francia |
Lingua | Francés |
Tema(s) | peste e epidemia |
Xénero(s) | Novela |
Editorial | Éditions Gallimard Editorial Hugin e Munin |
Data de pub. | 1947 2018 |
Formato | Tapas duras e brandas |
Páxinas | 332 |
ISBN | ISBN 978-84-949713-0-3 |
Tradución | Isabel Soto e Xavier Senín |
[ editar datos en Wikidata ] |
A peste (en francés: La peste) é unha novela en lingua francesa do escritor Albert Camus publicada por vez primeira no ano 1947. A obra permitiulle ó seu autor gañar o Premio da Crítica (Prix des Critiques) dese ano.[1] É unha novela humanista cunha gran carga alegórica e de pensamento[2] Está considerada unha das obras máis importantes da literatura francesa do século XX e un clásico do existencialismo.[3] A historia narra as consecuencias do illamento de toda unha cidade a causa da epidemia que a asolaga.
Foi traducida ó galego por Isabel Soto e Xavier Senín[4] e foi publicada pola Editorial Hugin e Munin no ano 2018.
Historia e características
[editar | editar a fonte]A historia discorre na cidade de Orán, unha prefectura francesa na costa de Alxeria durante un ano da década de 1940. A obra desenvólvese en torno a un tema principal: a peste. Esta vai facer que desde a súa aparición ata a súa desaparición forme parte da vida dos oraneses condicionándoa completamente, é dicir, a peste vai ser a súa vida, inundarao todo e fará que a xente deixe de soñar e viva angustiada pola ameaza que supón a epidemia (como cita o libro textualmente: “Todos cegaron a vivir a lei da peste, máis eficaz canto máis mediocre” e “A peste quitáralle a todos a posibilidade de amor e incluso de amizade, xa que o amor esixe un pouco de porvir e para nós xa non había máis ca instantes”.
A obra describe con detalle a atmosfera da cidade, persoas que arriscan a súa vida na loita contra a epidemia e o comportamento dos cidadáns ante esta difícil situación. O feito máis importante é a gran cantidade de persoas que morren debido á peste e o impacto social que isto causa.
Partes
[editar | editar a fonte]A novela consta de cinco partes, as cales narran os feitos e a evolución da peste. Esta é contada por un narrador obxecto, que ao final descóbrese que era un dos personaxes principais da novela: O doutor Rieux. Segundo este, a obra non é máis cá testemuña do que foi necesario facer e deberían seguir facendo contra o terror, a súa arma infatigable, todas as persoas e especialmente os médicos.
1ª parte: Comezan a aparecer unha gran cantidade de ratas na cidade, que nun principio pasan desapercibidas para a poboación pero que despois desatan a histeria ao ir morrer á superficie. Tras un tempo, esta situación cesa completamente pero xorden casos de persoas que morren a causa dunha enfermidade que ao principio se descoñece cal é, pero máis tarde co alto número de infectados e a constatación dos seus síntomas afírmase que é a peste e cerran a cidade. Nesta parte preséntanse os principais personaxes: O doutor Rieux, o periodista Raymond Rambert, Grand, o señor Cottard, o padre Paneloux e Jean Tarrou.
2ª parte: O peche da cidade produce un sentimento de exilio, individualidade, medo, sufrimento, inquietude, sorpresa... A peste pasa a ser o tema principal da vida dos cidadáns xa que están illados do mundo exterior e o único medio que teñen para comunicarse é o telégrafo. Ademais teñen lugar separacións familiares para as cales a xente non estaba preparada. Rambert, un dos personaxes principais, idea un plan para escapar da cidade e reunirse coa súa amada en París, aínda que mentres non atopa o medio para marchar decide axudar nos equipos sanitarios. Outro coma o padre Paneloux, dá un sermón no que afirma que a peste é un acto de Deus como castigo pola actitude pecaminosa dos crentes. Ademais están o señor Cottard (que é o único que está contento coa peste, xa que así a xustiza non se pode ocupar del por un feito delitivo no que estaba implicado) e Rieux, Tarrou e Grand os cales loitan cada un á súa maneira contra a epidemia, a cal está a causar un número moi elevado de mortes.
3ª parte: Saqueos e violencia por algunhas persoas, mala situación debido a que as mortes seguen aumentando, establécese un toque de queda e os funerais realízanse con moita velocidade. A poboación encóntrase abatida tanto física coma emocionalmente (sentimento de exilio e separación) e abandónase á praga. Non hai lugar para o amor e entre todo este caos a xente agarda a paz.
4ª parte: A cidade atópase dobregada á peste (sociedade indiferente e membros dos equipos sanitarios cansados). Rambert non se marcha e decide quedar para axudar. Paneloux dá un novo sermón instando os fieis a loitar contra a praga poñendo varios exemplos. Ademais aborda o tema de que os nenos sufran esa situación e di que chegou o momento de negar ou afirmar todo. Finalmente, a peste comeza a retroceder e descenden as mortes. Un exemplo disto é o de Grand que tivo a peste e recuperouse, ao contrario de Paneloux que morre.
5ª parte: A peste que comezara en abril chega ó seu fin en febreiro. A peste vaise debilitando e a xente comeza a ser feliz e a ter esperanzas. Ábrense as portas da cidade e reúnense os separados (os cales triunfan ante a peste e empeza a ser felices, mentres que para as persoas que perderan a un ser querido continuaría por sempre a peste). Ademais descóbrese que Rieux é o narrador de tipo obxecto, xa que o seu propósito era o de contar a historia coa máxima discreción posible. Rambert reúnese coa súa amada, Cottard é apresado, Tarrou morre da peste, Grand segue escribindo a súa historia e a Rieux mórrelle a muller dunha vella enfermidade nun sanatorio lonxe de Orán. Finalmente a alegría volve outra vez á cidade, aínda que esta alegría está sempre ameazada, xa que dun momento a outro pode volver a peste ou calquera outra desgraza.
Adaptacións
[editar | editar a fonte]Foi levada ao cinema en 1992 polo arxentino Luis Puenzo, co título en castelán de La Peste.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "La Peste - Collection Blanche". www.gallimard.fr (en francés). Consultado o 24-2-2018.
- ↑ La Peste. Un roman allégorique, Etudier.com (en francés).
- ↑ Camus, absurdity, and revolt, 17 de maio de 2010 (en inglés)
- ↑ Editorial Hugin e Munin (ed.). "Catálogo da Editorial Hugin e Munin (actualizado o 1 de xaneiro de 2019)" (PDF). p. 60. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 03 de abril de 2019. Consultado o 26 de marzo de 2019.