iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.
iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.



Link to original content: http://gl.wikipedia.org/wiki/AC-556
AC-556 - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

AC-556

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
AC-556
Variante de Ribeira
Mapa
Estrada AC-556
Identificador
TipoloxíaEstrada da Rede Primaria Básica
RedeRede de estradas de Galicia
Titular da vía
Xunta de Galicia

Dimensións
Lonxitude0,23 (en servizo) km
Formato1 carril por sentido
Localización
Inicio DP-7301  Ribeira (norte)
Fin Avenida das Airos  Ribeira (sur)

A AC-556[1][2] (na provincia da Coruña), coñecida como a Variante de Ribeira, é unha estrada da Rede Primaria Básica da Xunta de Galicia que está na localidade de Ribeira desde o norte ata o sur desta mesma localidade; situada no concello de Ribeira. Ten unha lonxitude de 3,19 quilómetros (en proxecto) dos cales 233 metros esta en servizo actualmente, e iníciase nun cruzamento coa DP-7301 no norte de Ribeira e finaliza no sur de Ribeira.

Historia e proxecto

[editar | editar a fonte]

En maio de 2023,[3] iniciaron as primeiras obras da Variante de Ribeira, co subtreito do treito III duns 233 metros (desde a rotonda da DP-7305 ata a Aldea de Fafián) e púxose en servizo, o 31 de outubro de 2024.[4][5]

O resto dos treitos esta en fase de proxecto ou proxecto aprobado de forma definitivamente (pendente de proxecto de construción por falta de información), polo que aprobaron en novembro de 2021,[6] a DIA da Variante de Ribeira e aprobaron o proxecto de trazado e o estudo de impacto ambiental, en agosto de 2022.[7]

Na actualidade segue pendente da licitación de obras dos restos dos treitos para completar toda a variante, dependendo dos orzamentos da Xunta de Galicia.