25 de novembro
Aparencia
<< | Novembro | >> | ||||
Lu | Ma | Mé | Xo | Ve | Sá | Do |
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 | |
2024 Todos os días |
O 25 de novembro é o 329º día do ano do calendario gregoriano e o 330º nos anos bisestos. Quedan 36 días para acabar o ano. Foi declarado pola ONU como Día Internacional da Non Violencia Contra a Muller.
Acontecementos
[editar | editar a fonte]- 1034 - Morte de Malcolm II de Escocia. Duncan, fillo da súa segunda filla, herda o trono por diante de Macbeth, fillo da súa irmá máis vella.
- 1120 – O Barco Branco afúndese no Canal da Mancha, afogando con el Guillerme Adelin, fillo e herdeiro de Henrique I de Inglaterra.[1]
- 1177 - Balduíno IV de Xerusalén e Raynald de Chatillon vencen a Saladino na Batalla de Montgisard.
- 1491 - Establécese o sitio de Granada, último reduto mourisco na Península Ibérica.
- 1615 - Filipe IV de España casa con Isabel de Borbón.
- 1758 - Inglaterra apodérase do Senegal.
- 1857 - Créase o Banco de La Coruña.
- 1867 - Alfred Nobel inventa a dinamita.
- 1897 - Decreto do goberno español que concede a autonomía a Cuba.
- 1911 - Os revolucionarios chineses bombardean Nankin.
- 1915 - Albert Einstein presenta a Teoría Xeral da Relatividade
- 1916 - O goberno provisorio grego decláralles a guerra á Alemaña e a Bulgaria.
- 1913 - En Irlanda créase a milicia dos Óglaigh na hÉireann para aplicar a autonomía.
- 1922 - En Italia, Benito Mussolini recibe os poderes plenos por un ano.
- 1936 - En Berlín, a Alemaña nazi e o Xapón asinan o Pacto Anti-Comintern, polo que acordan a defensa mutua en caso de seren atacadas pola Unión Soviética.
- 1943 - Bosnia e Hercegovina recobran a independencia.
- 1960- Son asasinadas as irmás Mirabal na República Dominicana, sendo por esta razón escollida posteriormente esta data como o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller.
- 1963 - Funeral de estado do presidente americano John Fitzgerald Kennedy.
- 1965 - No Congo belga, o xeneral Joseph Mobutu destitúe o presidente Joseph Kasavubu.
- 1970 - No Xapón, o escritor Yukio Mishima e dous compatriotas cometen suicidio ritual após tentar un de golpe de estado.
- 1973 - O presidente grego George Papadopoulos é deposto após un golpe de estado liderado polo tenente xeneral Phaidon Gizikis.
- 1975 - Tentativa de golpe de estado en Portugal por parte das forzas de esquerda. O país fica á beira da guerra civil. Emerxe a figura do xeneral Ramalho Eanes.
- 1975: Suriname tórnase independente da Coroa holandesa.
- 1989 - Estréase o filme Sempre Xonxa, fito da cinematografía en galego, dirixido por Chano Piñeiro.
- 1999 - A Asemblea Xeral das Nacións Unidas declara o 25 de novembro Día Internacional para a Eliminación da Violencia Contra as Mulleres.
Nacementos
[editar | editar a fonte]- 1562 - Lope de Vega, dramaturgo e poeta español (m. 1635)
- 1778 - Joseph Lancaster, educador e pedagogo inglés (m. 1838).
- 1844 - Karl Benz, enxeñeiro alemán, inventor do automóbil (m. 1929).
- 1845 - José Maria Eça de Queirós, escritor portugués (m. 1900).
- 1881 - Papa Xoán XXIII (m. 1963).
- 1908 - Jenaro Marinhas del Valle, escritor galego (m. 1999).
- 1914 - Joe DiMaggio, xogador de béisbol norteamericano (m. 1999).
- 1915 - Eugenio Rueda Perosanz, guerrilleiro antifranquista 8m. 1948).
- 1926 - Poul Anderson, escritor estadounidense (m. 2001).
- 1964 - Mark Lanegan, músico estadounidense.
Mortes
[editar | editar a fonte]- 311 - Pedro, Patriarca de Alexandría martirizado (~ 260).
- 1034 - Rei Malcolm II de Escocia asasinado.
- 1120 - Guillerme Adelin, herdeiro de Henrique I de Inglaterra (n. 1103).
- 1185 - Lucio III, papa.
- 1560 - Andrea Doria - almirante xenovés (n. 1466).
- 1749 - Fernando de Casas Novoa, arquitecto galego (n. ca. 1670).
- 1885 - Rei Afonso XII de España (n. 1857).
- 1967 - Ossip Zadkine, pintor ruso (n. 1890).
- 1968 - Upton Sinclair, escritor estadounidense (n. 1878).
- 1970 - Yukio Mishima, novelista e dramaturgo xaponés (n. 1925).
- 1989 - Armand Salacrou, dramaturgo francés (n. 1899).
- 1993 - Anthony Burgess, novelista británico.
- 2016 - Fidel Castro, político cubano (n. 1926).
- 2020 - Diego Armando Maradona, futbolista arxentino (n. 1960).
Festas e Celebracións
[editar | editar a fonte]- Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller (ONU).
- Día da Revolución das Rosas
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Hai sete relatos do desastre: Orderic Vitalis, Historia ecclesiastica 12.26 (ed. and trans. Chibnall, 1978, pp. 294–307); Guillerme de Malmesbury, Gesta regum Anglorum 5.419 (ed. and trans. Mynors, Thomson, and Winterbottom, 1998, pp. 758–763); Simeón de Durham, Historia regum 100.199 (ed. T. Arnold, 1885, vol. 2, pp. 258–9); Eadmer, Historia nouorum in Anglia (ed. M. Rule, 1884, pp. 288–9), Henrique de Huntingdon, Historia Anglorum 7.32 (ed. and trans. Greenway, 1996, pp. 466–7), Hugo, o Chantre, History of the Church at York (ed. and trans. Johnson, 1990, pp. 164–5), Roberto de Torigni , Gesta Normannorum ducum (ed. and trans. E. van Houts, 1995, vol. 2, pp. 216–19, 246–51, 274–7), and Wace, Roman de Rou, pt. iii, lines 10173–262 (ed. A. Holden, 1973, vol. 2, pp. 262–6).
Outros
[editar | editar a fonte]- Santoral. Santo Audencio de Milán; Santa Catarina de Alexandría, virxe e mártir; San Mercurio de Cesarea de Cappadocia, mártir.