iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.
iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.



Link to original content: http://gl.wikipedia.org/wiki/1808
1808 - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

1808

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
1808
Calendario gregoriano1808
MDCCCVIII
Ab urbe condita2561
Calendario armenio1257
Calendario chinés4504 – 4505
Calendario hebreo5568 – 5569
Calendario hindú
 ·  Vikram Samvat1863 – 1864
 ·  Shaka Samvat1730 – 1731
 ·  Kali Yuga4909 – 4910
Calendario persa1186 – 1187
Calendario musulmán1223 – 1224
Calendario rúnico2058
Década de 1800
1804 1805 1806 1807 1808 1809 1810 1811 1812

1808 (MDCCCVIII) foi un ano bisesto comezado en venres segundo o calendario gregoriano.

Acontecementos

[editar | editar a fonte]
  • O escritor alemán Johann Wolfgang von Goethe publica a primeira parte do seu drama "Fausto", onde narra a historia de Fausto, que entrega a súa alma ao diaño a cambio de satisface-las súas ansias de saber e a súa sede de praceres.
  • O 2 de febreiro o emperador francés Napoleón I ocupa novamente os Estados Pontificios, xunto coa cidade de Roma.
  • O reino de Etruria é incorporado ó imperio francés por Napoleón.
  • O 10 de febreiro o tsar ruso Alexandre I declara rotas as relacións entre o seu país (Rusia) e Suecia, e as súas tropas ocupan Finlandia, ata entón en poder de Suecia. A ocupación do país polas tropas rusas completarase o 21 de febreiro en que Suecia cede completa e formalmente o país ao invasor estranxeiro.
  • O 30 de agosto as tropas do xeneral Junot (en territorio de Portugal) teñen que capitular ante as do británico Wellington, que desembarcara na baía de Mondego.
  • O 22 de decembro, o compositor alemán Ludwig van Beethoven estrea en Viena as súas dúas derradeiras obras: as sinfonías Quinta e Sexta (Pastoral).
  • En Cataluña o impresor Antonio Brusi prosegue dende Tarragona a publicación do "Diario de Barcelona" que, incautado polos franceses, se converte no "Diari de Barcelona e do Govern de Catalunya" e se publica en francés, castelán e catalán.
  • O 25 de xaneiro conclúe o proceso do Escorial, emprendido contra os cómplices do príncipe Fernando, acusados de complot para derrocar ao rei Carlos IV.
  • Entre o 17 e o 18 de marzo organízase, na localidade de Aranjuez, un motín no que se atopan xuntos os soldados, campesiños e servidores do palacio real, que obriga a Carlos IV a destituír a Godoy. O día 19 de marzo, Godoy foi deposto dos seus cargos, e Carlos IV foi obrigado a abdicar no seu fillo polo motín popular desatado en Madrid e pola presenza das tropas napoleónicas.
  • 19 de marzo - En España iníciase o primeiro reinado con Fernando VII no trono.
  • O 23 de marzo o mariscal Joachim Murat chega a Madrid, co cargo de xeneral en xefe das tropas francesas estacionadas en España e négase a recoñecer a Fernando VII como rei.
  • O 20 de abril reúnense en Baiona Fernando VII e Napoleón I.
  • O 30 de abril, Carlos IV e a súa dona, María Luisa, chegan a Baiona, onde se xuntan co "Príncipe da Paz" (Manuel Godoy).
Os fusilamentos do 3 de maio de 1808; pintura de Francisco de Goya.
  • O 2 de maio estala unha sublevación que se converte rapidamente nunha auténtica guerra de independencia española contra os franceses. Tan só tres oficiais do exército español, Daoíz, Velarde e Ruíz, se uniron á rebelión popular, que quedou sufocada esa mesma tarde.
  • O 5 de maio, Carlos IV abdica na persoa de Napoleón I. O día 6, Napoleón consegue a renuncia de todos os seus dereitos do resto da familia real española e o 10 a de Fernando VII no seu favor.
  • 6 de maio - En España volve reinar de novo Carlos IV.
  • O 24 de maio fórmase a Xunta Suprema Provincial de Oviedo, a primeira que se organiza para asumir o goberno contra a ocupación francesa. A esta iranse sumando outras.
  • O 5 de xullo, Napoleón I fai entrega oficial ao seu irmán José José Bonaparte (ó que popularmente chamaban "Pepe Botella") da coroa española.
  • O 8 de xullo unha comisión de 150 homes reunidos en Baiona formou a "Xunta Nacional" e emite un informe sobre unha constitución para España (que podería ser a primeira do país).
  • O 15 de xullo en Nápoles. Joachim Murat é proclamado rei das Dúas Sicilias.
  • Entre o 19 de xullo e o 22 as tropas españolas, mal armadas, instruídas, e compostas de garrochistas andaluces, logran vencer en Bailén (Xaén), ao mando do xeneral Castaños, ao exército francés do xeneral Dupont, considerado como o mellor de Europa.
  • O 25 de setembro créase unha Xunta Central en Aranjuez, tamén chamada Suprema e Gobernativa, como supremo órgano de goberno de España durante a ausencia do rei Fernando VII, co fin de dirixi-la loita contra os franceses.
  • O 3 de novembro, Napoleón I entra en España ao mando dun exército de 240 000 homes, para restablecer ao seu irmán José I no trono.
  • O 23 de decembro, José I Bonaparte volve poñerse a coroa de España, e faise cargo do goberno do reino, despois de que o seu irmán Napoleón deixe a Península Ibérica.

Reino Unido

[editar | editar a fonte]
  • En Francia o físico francés Étienne Louis Malus, descobre o fenómeno da polarización da luz.
  • O doutor alemán Franz Joseph Gall, publica o seu libro "Funciones del cerebro", onde describe os fundamentos dunha nova ciencia, a cranioscopia (nomeada posteriormente frenoloxía).
  • Louis Joseph Gay Lussac establece que os diferentes gases que estuda (aire, nitróxeno, osíxeno), "a iguais temperaturas, dilátanse uniformemente".
  • O 1 de marzo a política seguida por Napoleón co outorgamento de novos títulos nobiliarios, establece unha nova aristocracia en Francia. Para regulala, o Senado vese na obriga de facer un sistema xerarquizado que rigorosamente outorga e controla os diversos títulos de duque, conde, barón e cabaleiro.
  • Nos Estados Unidos, os derradeiros estados que practican aínda a trata de negros son obrigados a cesar neste comercio, o que non impide que o sistema escravista siga imperando en amplas zonas do país.
  • 22 de xaneiro - A familia real portuguesa chega ao Brasil grazas ó transporte ofrecido polos buques británicos.
  • 18 de febreiro - No Brasil fundase a Facultade de Medicina da Baía, acto ao que asiste o príncipe Xoán que exerce coma rexente do país.
  • Dende maio, a intervención do emperador francés Napoleón I en España ten coma consecuencia a aparición e o fortalecemento de movementos autonomistas en case todas as colonias españolas, como a Arxentina, Bolivia, Chile, México e o Perú.

Nacementos

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]