Xosé Quiroga Suárez
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde outubro de 2019.) |
Xosé Quiroga Suárez, nado en Petín o 4 de xullo de 1920 e finado na Rúa o 18 de outubro de 2006, foi un médico e político valdeorrés e o segundo presidente da preautonomía Xunta de Galicia antes da aprobación do estatuto de autonomía de 1981, o segundo estatuto de autonomía da historia de Galiza.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 4 de xullo de 1920 Petín, España |
Morte | 18 de outubro de 2006 (86 anos) A Rúa, España |
Presidencia da Xunta de Galicia | |
1979 – 1982 ← Antonio Rosón – Xerardo Fernández Albor → | |
Senador de España | |
15 de xuño de 1977 – 23 de abril de 1986 Circunscrición electoral: Ourense | |
Alcalde de Petín | |
1953 – 1956 | |
Deputado do Parlamento de Galicia | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid A Rúa |
Ocupación | médico, político |
Traxectoria
editarMutilado na Guerra Civil foi membro do somatén valdeorrés [1].
Política
editarXosé Quiroga foi alcalde de Petín durante o franquismo, entre 1953 e 1956.
Nos primeiros días da recuperación da democracia en Galiza, e dende o ámbito do cooperativismo agrario, fundou o partido Acción Política Orensana, a canda Vitorino Núñez. Foi membro de UCD desde a creación do partido por Adolfo Suárez, e resultou elixido senador nas constituíntes de 1977. Neses comicios foi o político máis votado de toda Galiza.
O primeiro goberno da Xunta
editarEn 1979 foi nomeado presidente da Xunta pola UCD, cargo no que tomou posesión o 9 de xuño de 1979.
O seu goberno formárono Ramón Félix Blanco Gómez, Daniel Casalderrey Castro (agricultura, gandería e montes), Luís Cordeiro Rodríguez, Alejandrino Fernández Barreiro (educación e cultura), Baldomero Fernández Calviño (pesca), Segundo Fernández Covelo, Alfonso Javier García Ascaso (industria, comercio e turismo), José Gómez García, José Luis Nogueira Rodríguez, Vitorino Núñez, José María Pardo Montero (ordenación do territorio, urbanismo e transportes), José Regal Vázquez, Julio Riera Nieves, Miguel Sanmartín Losada (administración local), Jaime Tejada Lorenzo, Indalecio Tizón Covelo, José Antonio Trillo Torres e Víctor Manuel Vázquez Portomeñe.
Tralas eleccións ao Parlamento de Galicia de 1981, nas que gañou Alianza Popular, deixou o seu cargo o 21 de xaneiro de 1982, pasando a ocupar o posto Xerardo Fernández Albor.
Conselleiro e senador
editarDurante todos eses anos compaxinou o seu cargo de presidente da Xunta co de senador, onde foi elixido en representación da UCD por tres veces (1977-1986).
Posteriormente, abandonou a UCD trala descomposición da formación centrista e sumouse a Coalición Galega, o Partido Reformista de Miquel Roca, Alianza Popular e posteriormente o Partido Popular[2]. Coa dereita foi senador en tres lexislaturas máis, foi tamén deputado autonómico e conselleiro de Sanidade e tamén de Traballo nos gobernos de Fernández Albor.
Vida persoal
editarXosé Quiroga estudou o bacharelato en Monforte de Lemos e despois Medicina na Universidade de Santiago, onde se licenciou en 1944. Nos anos setenta (1971-1975) foi presidente da cooperativa vinícola Nuestra Señora de las Viñas.
Xa retirado da vida política, Xosé Quiroga volveu á súa terra natal e mantivo aberto o consultorio médico na Rúa ata a súa xubilación, logo de medio século de exercicio da profesión. Do seu matrimonio con Julia Gayoso tivo nove fillos.
Foi condecorado coa medalla de Cabaleiro da Orde da Constitución e coa Cruz de Venezuela de Fernández Miranda. Era tamén fillo predilecto de Petín.
Notas
editar- ↑ García Yáñez, Félix (2005). O Barco e a Terra de Valdeorras durante a II República e o Franquismo (1931-1977). Ed. A Nosa Terra. ISBN 84-96403-13-0.
- ↑ Fallece el ex presidente de la Xunta José Quiroga Suárez Arquivado 13 de febreiro de 2018 en Wayback Machine., El Correo Gallego, 19 de outubro de 2006 (en castelán).
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xosé Quiroga Suárez |
Bibliografía
editar- "Quiroga Suárez, José". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.