iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.
iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.



Link to original content: http://gl.m.wikipedia.org/wiki/Vello_Mundo
Vello Mundo - Wikipedia, a enciclopedia libre

Denomínase Vello Mundo a aquelas partes da Terra coñecida polos europeos antes das viaxes de Cristovo Colón: Europa, Asia, África e as illas circundantes.

Mapa do Vello Mundo dividido en ecozonas:      Paleártico      Paleotropical
Mapamundi de Frei Mauro (1459).

O termo é o oposto a Novo Mundo, que dá a entender a América.

Ámbito

editar

Aínda que o interior de Asia e África non foran completamente explorados polos europeos daquel entón, sabíase da súa existencia até Xapón (Cipango), a China (Catai) e Suráfrica. Deste xeito estes rerritorios tamén son considerados como Vello Mundo.

Australia e a Antártida non son nin Vello nin Novo Mundo, xa que estes termos son anteriores ao seu descubrimento polos europeos (porén, algúns chaman a Australia Novísimo Mundo).[1]

Na súa acepción biolóxica, os organismos do Vello Mundo son aqueles que se encontran en Eurasia e África, e os organismos do Novo Mundo son aqueles encontrados en América.

Os viños do Vello e o Novo Mundo

editar

A distinción entre Vello e Novo Mundo tamén se aplica aos viños,[2] na que se identifica co primeiro as rexións tradicionais (conca mediterránea e centro-sur de Europa) que cultivan videiras e aos viños producidos alí.

Os viños do Vello Mundo prodúcense a partir de videiras moi coidadas e con estándares de produción elevados. Aplícaselles denominacións de orixe segundo o país (como Porto, Champaña ou Ribeira Sacra).

As técnicas de cultivo do Novo Mundo foron introducidas polos inmigrantes a finais do século XIX e principios do XX. Utilizan marcas emblemáticas para cada país como o Tannat no Uruguai.[3]

  1. Ausralia, el pequeño continente del Novísimo Mundo. Biblioteca Virtual Universal. El Tesoro de la Juventud. (en castelán).
  2. Vinos Reserva, un concepto relativo Arquivado 18 de decembro de 2014 en Wayback Machine.. René García Valdés. Excelencias Magazine. Consultado o 18 de decembro de 2014.
  3. Hoy: Viejo Mundo, Nuevo Mundo. René García Valdés. Excelencias Magazine. Clarín.com. 22 de febreiro de 2012. Consultado el 18 de outubro de 2014.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar