Superlúa
En astronomía, unha superlúa representa unha ocasión na cal unha lúa chea se atopa a non máis dun 10% do seu punto máis próximo á terra no percorrido da súa órbita (o perixeo). Isto dáse debido a que a órbita lunar é elíptica e o seu centro non concorda co centro da terra. Nos devanditos casos, apréciase máis grande e máis brillante do normal.
Superlúa chea de 2011
editarA superlúa chea do 19 de marzo de 2011 estivo a só unha hora do perixeo, a unha distancia de 356.577 quilómetros.[1] Por iso viuse un 14% máis grande e até un 30% máis brillante.[2]
O 28 de marzo de 1993 foi a anterior vez que ocorreu devandito evento. Unha coincidencia tan próxima á perfección só se produce cada 18 anos.[2]
Mitos
editarNa cultura xeral, ás veces asóciase este evento con desastres naturais, como terremotos e volcáns, ou mesmo tormentas. Nada disto ocorreu coas anteriores superlúas cheas como a de 1993 ou a case superlúa chea de 2008.
Notas
editar- ↑ A Lúa 'aumenta' o seu tamaño (en castelán)
- ↑ 2,0 2,1 Superlúa chea. Arquivado 22 de marzo de 2011 en Wayback Machine. CIENCIA@NASA (en castelán)
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Explicación do fenómeno pola NASA (en inglés)
- Super lúa chea. Arquivado 22 de marzo de 2011 en Wayback Machine. Tony Phillips. Ciencia@nasa. (en castelán)
- ScienceCasts: Super Full Moon. Vídeo en Youtube. (en inglés)