Sociedade Deportiva O Páramo
A Sociedade Deportiva O Páramo é un equipo galego de fútbol que se fundou en 2002 no concello do Páramo. Xoga no grupo norte da Preferente Autonómica e disputa os seus partidos como local no "Campo Municipal de As Rapadas".
O Páramo | |||
---|---|---|---|
Nome | Sociedade Deportiva O Páramo | ||
Fundación | 2002 | ||
Estadio | As Rapadas O Páramo | ||
Capacidade | 2000 persoas aprox. | ||
Presidente | Benjamín García. | ||
Adestrador | Alberto Engroba. | ||
Liga | Preferente Autonómica | ||
2012–13 | 18º (Preferente Autonómica) | ||
| |||
A cor da equipaxe é camiseta e medias brancas e calzón negro.
Historia
editarFundouse no ano 2002 e comezou a competir na Terceira Autonómica. A medida que se ascendía a Segunda Autonómica e posteriormente a Primeira, os xogadores do concello mudábanse por outros máis competitivos procedentes doutros clubs que competían a nivel autonómico, e, normalmente, provincial.
Trala disolución da antiga Sarriana, algúns dos seus xogadores chegaron á Sociedade Deportiva O Páramo. Con esta chegada a SD O Páramo ascendeu a preferente.
O maior logro foi na tempada 2009/10, tralo primeiro posto no grupo II da primeira autonómica galega, conseguíase o ascenso á preferente autonómica. Unha categoría por debaixo da terceira división nacional.
Na tempada seguinte (2010/11) descendía de novo a primeira autonómica na derradeira xornada. Nesta tempada, O Páramo xogou contra a SD Compostela (1-2 nas Rapadas e 0-0 en San Lázaro).
Na 2011/12, O Páramo regresaba ao grupo II da primeira autonómica e conseguía de novo o ascenso directo a preferente tras rematar a tempada en segunda posición.
Para a tempada 2014/15 O Páramo convertíase en filial da refundada S.D.Sarriana, de preferente.
Na actualidade,o club milita na 1º Autonómica Galega.
Tempadas
editarTempada | Categoría | Posto |
---|---|---|
2002/03 | 3º Autonómica | |
2003/04 | 3º Autonómica | |
2004/05 | ???????????? | |
2005/06 | 2ª Autonómica | |
2006/07 | 2ª Autonómica | |
2007/08 | 1ª Autonómica | 4º |
2008/09 | 1ª Autonómica | 13º |
2009/10 | 1ª Autonómica | 1º |
2010/11 | Preferente | 18º |
2011/12 | 1ª Autonómica | 2º |
2012/13 | Preferente | 18º |
2013/14 | 1ª Autonómica | 12º |
Estadio
editarO Páramo xoga os partidos como local no "Campo Municipal de As Rapadas", con capacidade para 2000 espectadores, tanto sentados nas bancadas (só nun lateral), como de pé no mesmo lateral onde se encontran as mesmas.
As dimensións do campo son de 95 metros de largo por 48 metros de ancho, de herba natural.
A xestión e propiedade do campo é por parte do concello.