iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.
iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.



Link to original content: http://gl.m.wikipedia.org/wiki/Saxofón
Saxofón - Wikipedia, a enciclopedia libre

Saxofón

instrumento de vento-madeira con corpo de metal

O saxofón é un instrumento de vento madeira (aínda que o corpo sexa de metal). A súa clasificación débese a que o son se produce ao vibrar a palleta cando pasa o aire por ela e que provén dun instrumento fabricado con madeira (o clarinete). Tamén é chamado saxo ou saxófono. A familia de saxofóns consta de sete instrumentos, con idéntico duaté[1].

Saxofón alto.

Características

editar
 
Céline Bonacina.

Divídese en tres partes fundamentais:

  • Corpo: feito de cobre, que á súa vez se divide en tres partes:
    • Corpo, cóbado e campá.
  • Tudel: feito de cobre. Serve de unión entre o corpo e a boquilla.
  • Boquilla: feito de ebonita. Nela, mediante unha abrazadeira únese a palleta (cana).

Foi inventado cara 1840 por Adolphe Sax (1814-1894). O saxofón combina na súa construción a embocadura de palleta simple do clarinete, un corpo metálico unha versión ensanchada do tubo cónico do óboe.

Tipos de saxofón

editar

Os saxos deseñados por Adolphe Sax incluíron 14 tamaños, 7 deles úsanse na actualidade:

Os saxofóns máis coñecidos son o soprano, o alto, o tenor e o barítono cunha extensión de dúas oitavas e media, agás o barítono, que posúe un semitón máis. A calidade de timbre vai dende o suave e doce até o rouco e metálico, dependendo da embocadura, da emisión e do saxo que se estea a tocar.

Na táboa seguinte, os membros consecutivos de cada familia están separados nunha oitava.

# Familia B Familia E
1 Sopranino
2 Soprano
3 Alto
4 Tenor
5 Barítono
6 Baixo
7 Contrabaixo

Historia

editar

Os saxofóns apareceron por primeira vez na orquestra sinfónica en 1844. Algúns compositores escribiron partes orquestais para eles, como os franceses Hector Berlioz e Georges Bizet. O alemán Richard Strauss usa un cuarteto de saxofóns na súa Sinfonía doméstica (1903). Entre as obras para saxofón solista destaca a Rapsodia (1903) para saxofón orquestra de Claude Debussy e a Fantasía para saxofón e orquestra (1948) de Heitor Villa-Lobos. Na segunda metade do século XX usouno Luciano Berio, Luigi Nono e Pierre Boulez, entre outros.

Nas bandas militares os saxofóns teñen o mesmo papel que os clarinetes. O saxofón fíxose especialmente popular en Estados Unidos por estar moi ligado ao desenvolvemento do jazz.

Instrumentistas modernos

editar

Entre os instrumentistas de clásica destaca o francés Marcel Mule. Entre os instrumentistas de jazz destacan Sidney Bechet (soprano), Charlie Parker (contralto), Lester Young, John Coltrane, Coleman Hawkins (tenor) e Gerry Mulligan.

  1. Palabra derivada do francés "doigté" (dixitación). Ver fr:Doigté

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar