Ron Howard
Ronald William "Ron" Howard, nado en Duncan (Oklahoma) o 1 de marzo de 1954, é un actor, director e produtor de cine estadounidense. É pai da tamén actriz Bryce Dallas Howard.
Traxectoria
editarFíxose famoso como actor na súa infancia, ao dar vida a Opie Taylor na sitcom The Andy Griffith Show durante oito anos, e posteriormente ao adolescente Richie Cunningham en Happy Days durante seis anos. Ron apareceu nos filmes American Graffiti en 1973 e The Shootist en 1976, a última
durante o seu traballo en Happy Days. Realizou a súa estrea como director coa comedia de 1977 Grand Theft Auto e deixou Happy Days en 1980 para centrarse na dirección. Entre as súas películas están as gañadoras dun Oscar Cocoon, Apollo 13 e A Beautiful Mind. No ano 2003 foi galardoado coa Medalla Nacional das Artes. O asteroide 12561 Howard foi nomeado así por el.
Filmografía
editarAno | Título | Notas |
---|---|---|
1969 | Old Paint | curtametraxe |
Deed of Daring-Do | curtametraxe | |
Cards, Cads, Guns, Gore and Death | curtametraxe | |
1977 | Grand Theft Auto | tamén guionista |
1982 | Night Shift | |
1984 | Splash | |
1985 | Cocoon | |
1986 | Gung Ho | tamén produtor executivo |
1988 | Willow | |
1989 | Parenthood | tamén guionista |
1991 | Backdraft | |
1992 | Far and Away | tamén guionista e produtor |
1994 | The Paper | |
1995 | Apollo 13 | |
1996 | Rescate | |
1999 | EDtv | tamén produtor |
2000 | How the Grinch Stole Christmas | tamén produtor |
2001 | A Beautiful Mind | Oscar ao mellor director
tamén produtor |
2003 | Desaparicións | tamén produtor |
2005 | Cinderella Man | tamén produtor |
2006 | The Da Vinci Code | tamén produtor |
2008 | Frost/Nixon | nomeado ao Oscar a mellor director
tamén produtor |
2009 | Angels & Demons | tamén produtor |
2011 | The Dilemma | tamén produtor |
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ron Howard |