Robert Curl
Robert Floyd Curl, nado en Alice, Texas o 23 de agosto de 1933 e finado en Houston o 3 de xullo de 2022,[1] foi un químico e profesor universitario estadounidense galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1996.
(2009) | |
Nome orixinal | (en) Robert Floyd Curl Jr. |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 23 de agosto de 1933 Alice, Estados Unidos de América (pt) |
Morte | 3 de xullo de 2022 (88 anos) Houston, Estados Unidos de América |
Educación | Universidade Rice (pt) William Adams High School (pt) Universidade de California, Berkeley Thomas Jefferson High School (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Química |
Ocupación | químico, profesor universitario |
Empregador | Universidade Rice (pt) Universidade Harvard |
Membro de | |
Premios | |
Traxectoria
editarEstudou química na Universidade de Rice de Houston, onde se graduou en 1954, e posteriormente realizou o doutoramento en 1957 na Universidade de Berkeley en California. A partir de 1960 foi profesor de química na Universidade de Rice, onde foi profesor emérito.
Investigacións científicas
editarInteresado na química inorgánica no laboratorio de química da Universidade de Rice, e á beira de Richard Errett Smalley, realizou investigacións acerca dos átomos de carbono, conseguindo en 1988 a síntese química do fulereno. Esta é unha estrutura esférica formada por dous átomos de carbono e é a terceira forma máis estable do carbono despois do diamante e o grafito.
En 1996 foi galardoado, xunto a Richard Errett Smalley e o británico Harold Walter Kroto, co Premio Nobel de Química polo descubrimento dos fulerenos.
Curl investigou tamén os procesos sobre fisicoquímica sobre o ADN do xenoma así como a súa secuenciación, desenvolvendo instrumentos de raios infravermellos para seguir o rastro cuántico na secuenciación.
Notas
editar- ↑ Boyd, Jade (4 de xullo de 2022). "Nobel laureate, beloved Rice professor Robert Curl dead at 88". Rice University. Consultado o 5 de xullo de 2022.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Páxina do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 1996 (en inglés)
- Autobiografía na páxina do Instituto Nobel 1996 (en inglés)
- Robert Curl en Biografías y vidas(en castelán)
- Perfil de Robert Curl en NNDB (en inglés)