iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.
iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.



Link to original content: http://gl.m.wikipedia.org/wiki/Rated_R
Rated R - Wikipedia, a enciclopedia libre

Rated R é o segundo álbum da banda estadounidense de stoner rock Queens of the Stone Age, editado o 6 de xuño do 2000 a través do selo Interscope Records. Sacáronse tres sinxelos do álbum: "The Lost Art of Keeping a Secret", "Feel Good Hit of the Summer" e "Monsters in the Parasol", facendo o primeiro deles que Queens of the Stone Age acadase a popularidade entre o grande público.

Rated R
Álbum de Queens of the Stone Age
Publicado6 de xuño do 2000
Gravacióndecembro de 1999 - febreiro do 2000
Estudio(s)Sound City, Van Nuys, California
Duración42:10
Xénero(s)stoner rock
Selo(s)Interscope Records
ProdutorChris Goss e Josh Homme
Cronoloxía
The Split CD Rated R Songs for the Deaf
Na rede
Spotify: 05tJhGl52X4zGe0ySlcBk6 Discogs: 3269 Allmusic: mw0000063796 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Como en todos os traballos da banda non faltan as colaboracións de músicos amigos. Neste podemos atoparnos, entre outros, ao produtor Chris Goss tocando o piano, baixo, percusión e facendo coros; a Mark Lanegan cantando e facendo coros ou a Rob Halford de Judas Priest colaborando tamén con coros.

Listaxe de cancións

editar
  1. "Feel Good Hit of the Summer" (Homme/Oliveri) - 2:43
  2. "The Lost Art of Keeping a Secret" (Homme/Oliveri) – 3:36
  3. "Leg of Lamb" (Homme/Oliveri) – 2:48
  4. "Auto Pilot" (Homme/Oliveri) – 4:01
  5. "Better Living Through Chemistry" (Homme/Oliveri) – 5:49
  6. "Monsters in the Parasol" (Homme/Lalli) – 3:27
  7. "Quick and to the Pointless" (Homme/Oliveri) – 1:42
  8. "In the Fade" (Homme/Oliveri) – 4:25
  9. "Tension Head" (Homme/Oliveri) – 2:52
  10. "Lightning Song" (Catching) – 2:07
  11. "I Think I Lost My Headache" (Homme/Oliveri) – 8:40

Na meirande parte das edicións europeas "In the Fade" e o repise de "Feel Good Hit of the Summer" están separadas en dúas pistas, unha cunha duración de 3:51 e a outra de 0:34. Porén, a listaxe que aparece no libreto é a mesma en todas as edicións normais.

Edición especial

editar

Só a edición especial británica ven cun disco extra, titulado Rated U, que tamén apareceu por separado co sinxelo "Feel Good Hit of the Summer". Xunto con "Feel Good Hit of the Summer" e o seu vídeo, conta con tres novas cancións.

  1. "Feel Good Hit of the Summer" (Homme/Oliveri) – 2:43
  2. "Never Say Never" (versión de Romeo Void) - 4:22
  3. "You're So Vague" (Homme/Oliveri) – 3:40
  4. "Who'll Be the Next in Line" (versión dos Kinks) - 2:29
  5. "Feel Good Hit of the Summer" (Vídeo) - 2:43