Río Amur
O Amur (Амур en ruso ; 黑龙江 ("río do dragón negro") en chinés, pronunciado Heilongjiang), ou Sahalyan ula en manchú "río negro", é un río de Asia cuxa conca hidrográfica se estende por partes de Mongolia, Rusia e China ao longo de 4.444 km, a contar desde a fonte do río Argun, lonxitude que o converte no primeiro de Siberia — aínda que é máis curto que o sistema formado polo Obi e máis o seu afluente o Irtich — e o cuarto de Asia pola lonxitude do seu percurso; considérase que é o oitavo da Terra.
(zh-hans) 黑龙江 (ru) Амур (mnc) ᠰᠠᡥᠠᠯᡳᠶᠠᠨ ᡠᠯᠠ | ||||
Tipo | rio internacional (pt) | |||
---|---|---|---|---|
Inicio | ||||
Continente | Asia | |||
País da cunca | Rusia | |||
División administrativa | Krai de Zabaykalsky, Rusia (pt) , Amur Oblast (en) , Oblast Autónomo Hebreo, Rusia, Krai de Khabarovsk, Rusia e Heilongjiang, República Popular da China | |||
Localización | Rio Onon (pt) | |||
Final | ||||
Localización | Mar de Ojotsk | |||
| ||||
Afluentes | 25 | |||
Conca hidrográfica | conca do río Amur | |||
Características | ||||
Dimensións | 2.824 () km | |||
Superficie da cunca hidrográfica | 1.855.000 km² | |||
Medicións | ||||
Caudal | 12.800 m³/s | |||
Dende o punto de vista administrativo, percorre o óblast de Amur, o óblast Autónomo Hebreo, o krai de Khabarovsk, en Rusia, e a provincia chinesa de Heilongjiang, drenando unha conca de 1 885 000 km², que é a 12ª máis extensa do planeta.
Xeografía
editarO río está formado pola unión do Chilka e do Argun. Na actualidade conforma a fronteira natural entre Rusia e a China, sobre preto de 1.600 km, antes de recibir o río Songhua Jiang e o Ussuri, e entrar definitivamente en Rusia, onde desemboca no estreito da Tartaria, no mar de Okhotsk (ao norte do océano Pacífico), fronte da illa de Sakhalin.
Economía
editarNo seu curso inferior, logo da confluencia do Chilka e o Argun, é navegábel en territorio ruso completamente, mais por causa dos xeos está pechado para a navegación durante uns seis meses.
O equipamento hidroeléctrico, que consta de 14 encoros de máis de 15 m de alto, permite a industrialización da rexión.
Hidroloxía
editarO Amur ten os máximos de caudal no verán, entre fins de xullo e comezos de agosto, por efecto do monzón, mentres a estiaxe é invernal. Na desembocadura o caudal medio é de 11.000 m³ por segundo e a súa conca ocupa 1.850.000 km².
Cidades
editarÁs beiras do Amur fican as seguintes cidades:
China
editarRusia
editarVéxase tamén
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Río Amur |