Quique Setién
Enrique "Quique" Setién Solar, nado en Santander o 27 de setembro de 1958, é un exfutbolista e actual adestrador profesional de fútbol español. Xogaba de centrocampista e foi internacional coa selección española. Dende outubro de 2022 adestra o Villarreal, na Primeira División.
(2010) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | (es) Enrique Setién Solar 27 de setembro de 1958 (66 anos) Santander, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 185 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista, adestrador de fútbol, xadrecista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol xadrez | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Centrocampista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Puntos ELO (màx.) | 2.055 (2017)< | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Identificador FIDE | 2217627 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
1986 | Mundial de Fútbol México 1986 (7º) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Traxectoria
editarNado en Santander en 1958, debutou co equipo da súa cidade, o Racing de Santander, en Primeira División en 1977 con tan só 19 anos. No club cántabro xogou oito tempadas consecutivas, nas que pasou de ser un xogador non indiscutible até ser o capitán do equipo co número 10 nas costas. Porén, durante as súas primeiras tempadas no Racing, perdeuse por completo a tempada 1982-1983 por mor dunha grave lesión. A súa gran tempada 1984-85, onde conseguiría sete goles, chama a atención do Atlético de Madrid, onde xa no seu primeiro ano no club colchoneiro sería un dos xogadores importante do club, chegando ser internacional absoluto con España.
Coa selección debutaría o 20 de novembro de 1985 no estadio de La Romareda, en Zaragoza, como titular ante Austria (0-0). Posteriormente xogaría no Luis Casanova de Valencia o 18 de decembro de 1985 ante Bulgaria (2-0), formando parte do once inicial, e o 22 de xaneiro de 1986 no Estadio Insular das Palmas de Gran Canaria contra a desaparecida Unión Soviética (2-0). Formaría parte tamén do combinado español no Mundial de México de 1986, aínda que non chegou xogar. Anteriormente fora tamén internacional sub-21 e olímpico, así como despois da súa retirada do fútbol profesional do combinado de fútbol praia entre 1996 e 2003.
No seu terceiro ano no Atlético de Madrid, o seu problema co daquela presidente do club madrileño Jesús Gil y Gil, levárono ao banco, xogando tan só 11 partidos nos que anotou un gol. En total no aTlético xogaría 73 partidos marcando 7 goles. Tras ese mal ano recalaría no CD Logroñés tamén da Primeira División, onde tras un mal inicio acabaría converténdose nun dos piares do equipo durante catro tempadas, nas que xogou 114 partidos anotando 20 goles. Nos seus últimos anos como xogador profesional volvería ao club da súa terra, o Rácing de Santander, onde xogaría catro tempadas máis a un alto nivel. Despois da súa retirada, fichou polo Levante como reforzo de luxo para xogar a fase de ascenso á Segunda División, obxectivo que se cumpriu.
Adestrador
editarComo adestrador ascendeu ao Racing de Santander á Primeira División en 2002 e ao Club Deportivo Lugo á Segunda División en 2012, equipo ao que adestrou dende 2009 ata 2015. É o adestrador con máis partidos dirixidos na historia do club lucense.
O 19 de outubro de 2015 firmou polo UD Las Palmas, en substitución de Paco Herrera, cun contrato até xuño de 2016 prorrogable por un ano máis.[1]
Equipos
editarXogador
editarAno | Club | División | Partidos | Goles |
---|---|---|---|---|
1977-1978 | Racing de Santander | Primeira | 21 | 2 |
1978-1979 | Racing de Santander | Primeira | 24 | 3 |
1979-1980 | Racing de Santander | Segunda | 33 | 5 |
1980-1981 | Racing de Santander | Segunda | 35 | 10 |
1981-1982 | Racing de Santander | Primeira | 22 | 5 |
1982-1983 | Racing de Santander | Primeira | 0 | 0 |
1983-1984 | Racing de Santander | Segunda | 36 | 11 |
1984-1985 | Racing de Santander | Primeira | 33 | 7 |
1985-1986 | Atlético de Madrid | Primeira | 30 | 5 |
1986-1987 | Atlético de Madrid | Primeira | 32 | 1 |
1987-1988 | Atlético de Madrid | Primeira | 11 | 1 |
1988-1989 | Logroñés | Primeira | 13 | 2 |
1989-1990 | Logroñés | Primeira | 32 | 9 |
1990-1991 | Logroñés | Primeira | 36 | 7 |
1991-1992 | Logroñés | Primeira | 33 | 2 |
1992-1993 | Racing de Santander | Segunda | 37 | 11 |
1993-1994 | Racing de Santander | Primeira | 38 | 8 |
1994-1995 | Racing de Santander | Primeira | 37 | 6 |
1995-1996 | Racing de Santander | Primeira | 12 | 0 |
1996 | Levante | Segunda B | 4 |
Adestrador
editarA columna de posto refírese á posición que ocupaba o equipo no momento en que Quique Setién abandona o club. Se está en cursiva quere dicir que deixou de traballar nese club antes de chegar á fin da tempada.
Ano | Club | División | Part. | Posto |
---|---|---|---|---|
2001-2002 | Racing de Santander | Segunda | 35 | 2º |
2003 | Poli Ejido | Segunda | 12 | 19º |
2006 | Guinea Ecuatorial | Internacional | 1 | |
2007-2008 | CD Logroñés | Segunda B | 20 | 18º |
2009-2010 | CD Lugo | Segunda B | 38 | 7º |
2010-2011 | CD Lugo | Segunda B | 44 | 1º |
2011-2012 | CD Lugo | Segunda B | 44 | 3º |
2012-2013 | CD Lugo | Segunda | 42 | 11º |
2013-2014 | CD Lugo | Segunda | 42 | 12º |
2014-2015 | CD Lugo | Segunda | 42 | 15º |
Palmarés
editar- Atlético de Madrid
- Supercopa de España: 1985
Notas
editar- ↑ "Quique Setién, nuevo entrenador de la Unión Deportiva". udlaspalmas.net. 19 de outubro de 2015. (en castelán)