Pineda de Mar
Pineda de Mar é un municipio catalán, pertencente á provincia de Barcelona, localizado na comarca do Maresme. Pineda de Mar está situado entre os municipios de Calella e Tordera ao oeste, Santa Susanna ao nordés e o mar Mediterráneo ao sur. O 10% do termo municipal forma parte do Parque Natural do Montnegre e o Corredor.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Cataluña | ||||
Provincia | provincia de Barcelona | ||||
Ámbito funcional territorial | Ámbito metropolitano de Barcelona | ||||
Comarca | Maresme | ||||
Capital | Pineda de Mar (en) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 28.751 (2023) (2.687,01 hab./km²) | ||||
Número de fogares | 119 (1553) | ||||
Lingua oficial | lingua catalá | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 10,7 km² | ||||
Bañado por | Mar Mediterráneo | ||||
Altitude | 10 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcaldesa | Sílvia Biosca (pt) (2024–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 08397 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 08163 | ||||
Código territorial IDESCAT | 081635 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | pinedademar.cat | ||||
Situación
editarPineda ábrese camiño cando termina Calella e despídese nunha zona de hortas onde comeza Santa Susanna. O seu paseo do Mar, paralelo á vía do tren, é moi coñecido. Antes, Pineda tamén se recoñecía moi facilmente debido ao bosque denso e frondoso de aciñeiras e sobreiras que tiña. Hoxe, a fonte do Boter, mantén a riqueza nun espazo natural especialmente creado para iso, pero a virginidad dos campos e dos bosques de antes, perdeuse entre a multitude de residencias que agora hai e as ganas de converter o municipio de pasada para algúns e de estancia para moitos outros.
Demografía
editar1900 | 1930 | 1950 | 1970 | 1981 | 2000 | 2010 |
---|---|---|---|---|---|---|
1.807 | 3.275 | 3.188 | 7.776 | 11.739 | 20.057 | 25.893 |
Economía
editarDurante a idade media as árbores foron desaparecendo e os cultivos foron gañando espazo. Isto fixo que antigamente a agricultura e a pesca desenvolvésense moito. Antes a agricultura e a pesca e agora o sector turístico foron a base económica de Pineda de Mar.
Normalmente como sede de segundas residencias e ás veces como cidade dormitorio. Pineda sitúase entre os municipios máis solicitados para ter unha propiedade. As praias son atractivas e a gran cantidade de piñeiros, sobreiras e maleza tamén colaboran á hora de adozar a paisaxe.
Pineda, é a cidade mais grande do Alt Maresme e a terceira en todo o Maresme.
Transporte
editarA estrada N-II e a liña ferroviaria do Maresme (liña 1 de Rodalies Renfe) cruzan a poboación.
Cidades irmandadas
editarVéxase tamén
editarLigazóns externas
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Pineda de Mar |