iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.
iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.



Link to original content: http://gl.m.wikipedia.org/wiki/Persas
Persia - Wikipedia, a enciclopedia libre

Persia

(Redirección desde «Persas»)

Persia ou Imperio persa (en persa: شاهنشاهی ایران, transliterado Šâhanšâhiye Irân, literalmente: Irán imperial, en grego clásico Περσίς, romanizado Persís) é o nome dado ao territorio ocupado polo Imperio Persa que se desenvolveu no Medio Oriente (na rexión dos Montes Zagros), entre os séculos VII e IV a.C.. Tamén é o nome dado á rexión actual do Irán; a cultura e o pobo iraniano tamén son descritos co adxectivo persa.

Modelo:Xeografía políticaPersia
Imaxe

Localización
Mapa
 33°N 53°L / 33, 53
CapitalTeherán Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Comparte fronteira con
Datos históricos
FundadorCiro II Editar o valor en Wikidata
Sucedido porIrán Editar o valor en Wikidata

Imperio persa no ano 490 a. C.
Imperio persa no ano 490 a. C.

O nome, usado no Occidente, foi unha herdanza do nome grego para o Irán, Persis, centro do imperio, aínda que o mesmo teña se estendido a lugares actuais como Turquía, noroeste da India e Exipto. No século III, baixo o Imperio sasánida, aparece a palabra Ērān (Irán) ou Ērānšahr ("País dos arios" ou "País dos iranianos"). No século VII, despois da caída dos sasánidas, o país é chamado de novo "Persia" polos estranxeiros. Esta denominación empregaríase até 1934, cando Mohammad Reza Pahlavi, por decreto asinado o 31 de decembro dese ano, substitúe o nome de "Persia" por Irán.[1]

De feito, o país sempre fora chamado "Irán" polo seu pobo, pero durante séculos, tiña sido referido polos europeos como "Persia" (de Pars ou Fars, provincia no sur do Irán), por influencia dos escritos dos historiadores gregos. Máis tarde, en 1959, ambos os nomes pasaron a ser admitidos oficialmente polo goberno iraniano[2][3] aínda que a denominación "Irán" se tornou a máis usual en Occidente a partir de 1935.

Hoxe, o termo Persia acostuma ser reservado ao Imperio Persa, fundado por un grupo étnico (os persas) a partir da cidade de Anshan, situada na actual província iraniana de Fars. O imperio foi gobernado por dinastías sucessivas (persas ou non), que controlaban o altiplano iraniano e os territorios adxacentes.

"Persa" pode, polo tanto, significar:

Etimoloxía

editar

Polo menos desde 600 a. C., o termo Persis era usado polos gregos para referirse a Persia/Irán. Persis provén do persa Pars ou Parsa – o nome do clan principal de Ciro e que tamén deu o nome á rexión onde habitaban os persas. O latín emprestou o termo do grego, transformándoo en Persia, forma adoptada polas diversas linguas europeas. En lingua aramea, o nome Persia, significa división, desdobramento, acto de repartir.

O pobo iraniano, para se referir ao propio país, usaba, desde o período sasánida, o termo "Iran", que significa “terra dos arianos”, derivado de Aryanam, forma encontrada en textos persas antigos. No período aqueménida, os persas usaban o termo Parsa. En 1935, o xa solicitou formalmente que a comunidade internacional pasase a empregar o nome nativo do país, Iran e en 1959 anunciou que tanto Persia como Irán eran formas correctas de referirse ao seu país.[4]

Etnia e lingua

editar

Persa é tamén unha etnia; os persas descenden dos arios, un pobo indoeuropeo que migrou para a rexión da Persia a partir da Asia Central, no inicio do primeiro milenio a.C. A súa lingua chámase persa, ou farsi. Nos vedas e nos textos zoroastrianos a palabra aryan designa nobreza ou xentileza, pero nunca referido a unha suposta raza ariana.

De acordo con fontes do goberno estadounidense, o 51% da poboación actual de Irán é da etnia persa. Outras estimativas chegan a colocar esa parcela en 70%. Existen minorías persas tamén en Afganistán, Taxiquistán e Uzbekistán. Moitas outras etnias existen en Irán, incluíndo grupos arios non-persas, como os g; as etnias de ascendencia turca, como os acerbaixanos, kurdos, e turcománs; árabes e algunhas outras minorías. Vexa Demografía de Irán para máis detalles.

Para informacións sobre a moderna historia de Irán, vexa Historia de Irán.

O antigo país de Persia foi ocupado sucesivamente por unha serie de pobos e imperios:

Personaxes históricos

editar

Cidades importantes

editar
 
Ruínas de Persépole.
  1. Pironet, Olivier (2007-06-01). "Iran : chronologie historique". Le Monde diplomatique (en francés). Consultado o 2022-03-08. 
  2. "Iransaga - Persia or Iran, a brief history". www.art-arena.com. Arquivado dende o orixinal o 23 de maio de 2013. Consultado o 2022-03-08. 
  3. Iranian.ws Arquivado 26 de decembro de 2008 en Wayback Machine., Iranian & Persian Art.
  4. Pejman Akbarzadeh (2005-09-20). "A Note on the terms "Iran" and "Persia"". Payvand's Iran News. NetNativ. Arquivado dende o orixinal o 20 de novembro de 2015. Consultado o 2007-05-03. 

 
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.