O Gatopardo (filme)
O Gatopardo (en italiano: Il Gattopardo) é un filme italiano de 1963 de xénero histórico épico dirixido por Luchino Visconti e baseado na novela homónima de Giuseppe Tomasi di Lampedusa.
O Gatopardo | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Il Gattopardo |
Director | Luchino Visconti |
Produtor | Goffredo Lombardo Pietro Notarianni |
Guión | Pasquale Festa Campanile Enrico Medioli Massimo Franciosa Luchino Visconti Suso Cecchi d'Amico |
Baseado en | O gatopardo, de Giuseppe Tomasi di Lampedusa |
Intérpretes | Burt Lancaster Claudia Cardinale Alain Delon Serge Reggiani Mario Girotti Pierre Clementi |
Música | Nino Rota |
Fotografía | Giuseppe Rotunno |
Montaxe | Mario Serandrei |
Distribuidora | Titanus |
Estrea | 27 de marzo de 1963 |
Duración | 161 min (estrea estadounidense) 185 min (versión estadounidense sen corte) 195 min (versión francesa) 205 min (versión completa) |
Orixe | Italia |
Na rede | |
O filme inclúe un elenco internacional que inclúe o estadounidense Burt Lancaster, o francés Alain Delon, e os italianos Claudia Cardinale (que foi dobrada na versión italiana por Solvejg D'Assunta porque as súas linguas maternas eran o siciliano e o francés) e Terence Hill (Mario Girotti).
Foi estreado en galego pola Televisión de Galicia o 23 de abril de 1999.[1]
Argumento
editarA longametraxe mostra a vida de Don Fabrizio, príncipe de Salina, e da súa familia, que se ve alterada ao ser Sicilia invadida polas tropas de Garibaldi. Como consecuencia disto, todos van refuxiarse á casa de campo que a familia ten en Donnafugatta.
Personaxes
editar- Burt Lancaster como Don Fabrizio Corbera, Príncipe de Salina
- Claudia Cardinale como Angelica Sedara / Bertiana
- Alain Delon como Príncipe Tancredi Falconeri, sobriño de Don Fabrizio
- Paolo Stoppa como Don Calogero Sedara, alcalde de Donnafugata
- Rina Morelli como Princesa Maria Stella de Salina, esposa de Don Fabrizio
- Romolo Valli como Father Pirrone
- Terence Hill (acreditado como Mario Girotti) como Conde Cavriaghi
- Pierre Clémenti como Francesco Paolo
- Lucilla Morlacchi como Concetta
- Giuliano Gemma como Xeneral de Garibaldi
- Ida Galli como Carolina
- Ottavia Piccolo como Caterina
- Carlo Valenzano como Paolo
- Brook Fuller como Príncipe pequeno
- Anna Maria Bottini como Mademoiselle Dombreuil
- Olimpia Cavalli como Mariannina
- Rina De Liguoro como Princesa de Presicce
- Ivo Garrani como Colonel Pallavicino
- Leslie French como Cavalier Chevalley
- Serge Reggiani como Don Francisco "Ciccio" Tumeo
- Lou Castel como convidado
- Tina Lattanzi
- Marcella Rovena
- Maurizio Merli
Versións
editarO Gatopardo circulou en polo menos catro versións diferentes. A primeira montaxe de Visconti duraba 205 minutos, mais pareceu excesiva para o director e para o produtor, e acurtouse a 195 minutos para a estrea en Cannes. Despois, Visconti cortou o filme a 185 minutos para a súa estrea oficial, e considerou esta versión como a súa preferida.
A versión dobrada ao inglés, en que os actores italianos e franceses foron dobrados (a voz que se oe de Burt Lancaster é o seu traballo orixinal), foi editada ata os 161 minutos pola distribuidora 20th Century Fox. Isto fíxose sen a participación de Visconti, que estaba descontento pola edición e pola dobraxe.[2]
Visconti ameazou con demandar a Fox, que ameazou cunha contrademanda contra o director, indicando que Lancaster supervisara a montaxe estadounidense.[3]
"Non sinto que sexa o meu filme en absoluto", dixo Visconti da montaxe estadounidense.[4]
Estrea
editarO filme estreouse no Festival Internacional de Cinema de Cannes en maio de 1963. Gañou a Palma de Ouro ao mellor filme.[5]
Recepción
editarPúblico
editarO filme foi o sexto máis popular do ano en Francia, con 3 688 024 entradas vendidas.[6][7]
Crítica
editarNo momento da súa estrea no verán de 1963, a maioría dos críticos estadounidenses reprobaron o filme. Segundo Newsweek, Lancaster parecía "como se estives interpretando a Clarence Day de Life with Father nunha xira de verán".[8] Jonathan Miller de The New Yorker ridiculizou a Lancaster como "amordazado polos bigotes e claramente estupefacto pola importancia do seu papel".[8] Porén, a revista Time eloxiou a caracterización como sólida e convincente.[8]
Notas
editar- ↑ La Voz de Galicia, 23 de abril de 1999. Páxina 87
- ↑ Can the Leopard...? Davies, Brenda. Sight and Sound; Londres Vol. 33, Iss. 2, (Spring 1964): 99.
- ↑ Backers of Film May Site to Stop Director's Attack. Chicago Tribune 20 de decembro de 1963: b19.
- ↑ ARTFUL ODYSSEY OF AN ARISTOCRAT, Eugene Archer. The New York Times 18 de agosto de 1963: 107
- ↑ The Leopard Is Winner of Cannes Film Award. Ress, Paul. Chicago Tribune 24 de maio de 1963: a4.
- ↑ Box office information for The Leopard at Box Office Story
- ↑ "French Box Office in 1963". Box Office Story.
- ↑ 8,0 8,1 8,2 Buford, Kate (2000). Burt Lancaster: An American Life. Londres: Aurum. p. 232. ISBN 1-85410-740-2.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: O Gatopardo |
Outros artigos
editar- I figli del leopardo, de Sergio Corbucci, parodia do filme
Ligazóns externas
editar- Remembrance of Things Past: The Leopard an essay by Michael Wood at the Criterion Collection