iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.
iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.



Link to original content: http://gl.m.wikipedia.org/wiki/Mundo_árabe
Mundo árabe - Wikipedia, a enciclopedia libre

Chámaselle Mundo árabe (en árabe: العالم العربي al-ʿālam al-ʿarabī ) ou países árabes (árabe, البلدان العربية, al-buldān al-`arabiyya) os estados nos que a maiora da poboación son falantes árabes así como as poboacións de África do Norte, Oriente Medio e outros lugares.

Un mapa do Mundo árabe. Baseado na definición estándar do mundo árabe, que comprende os estados da Liga Árabe, máis do Sáhara Occidental.

A definición estándar do mundo árabe comprende os 22 estados e territorios da Liga Árabe que se estenden dende o océano Atlántico ao oeste, co Mar Arábigo ao leste, e o Mediterráneo ao norte do Corno de África e do océano Índico no sueste. Ten unha poboación de preto de 400 millóns de persoas, dos cales máis da metade son menores de 25 anos de idade[1].

O sentimento nacionalista árabe xurdiu na segunda metade do século XIX, xunto con outros movementos nacionalistas dentro do Imperio Otomán. A Liga Árabe formouse en 1945 para representar os intereses dos árabes e, especialmente, para o exercicio da unificación política dos países árabes, un proxecto coñecido como Panarabismo[2][3]. As protestas populares no mundo árabe a partir de 2010 están dirixidas contra os gobernos e a corrupción asociada a estes, xunto coa demanda de máis oportunidades económicas.

O termo "mundo árabe" rexeitano normalmente aqueles que viven nesa rexión, xa que non se consideran árabes, como non semitas, berberes e kurdos, xa que implica toda a rexión árabe na súa identidade, poboación, e orixe, mentres que a patria orixinal dos árabes é a Península Arábiga. O termo tamén o rexeitan algunhas minorías indíxenas semitas como os Ashkenazim, sefaradim, Mizrahim, caldeos, asirios e siríacos, xa que son anteriores aos árabes en lugares como Iraq, Palestina e Siria. Coptos e outros exipcios tamén se definen como exipcios e non árabes.

Definición

editar

A denotación lingüística e política propia do termo árabe xeralmente predomina sobre consideracións xenealóxicas. Polo tanto, os individuos con pouca ou ningunha ascendencia da Península Arábiga poderían identificarse ou considerarse árabrs, en parte debido á súa lingua materna. Porén, esta identidade discútena moitos pobos. Por exemplo, os expcios poden ou non identificarse como árabes.

Definición territorial estándar

editar
 
Mapa dos estados membros da Liga Árabe. Baixo a definición territorial estándar do mundo árabe, os estados e territorios da Liga árabe constitúen o mundo árabe.

Aínda que non existe unha definición globalmente aceptada no mundo árabe, todos os países que son membros da liga árabe son xeralmente recoñecidos como parte do mundo árabe.[4]

A Liga árabe é unha organización rexional, cuxo fin é (entre outras cousas) considerar de maneira xeral os asuntos e intereses dos países árabes:

Un árabe é unha persoa cuxa lingua é o árabe, que vive nun país de fala árabe e que está en sintonía coas aspiracións dos pobos de fala árabe.[5]

Esta definición terrirorial estándar considérase considérase ás veces apropiada[6] ou problemática,[7] e debe complementarse con algúns elementos adicionais.

Estados membros da Liga Árabe

editar
  •   Alxeria (en árabe: الجزائر al-Jazāʾir)
  •   Bahrain (en árabe: البحرين al-Baḥrayn)
  •   Comores (en árabe: جزر القمر Juzur al-Qamar) (O comorense e o francés son as outras linguas oficiais)
  •   Djibuti (en árabe: جيبوتي Djībūtī ) (O francés é a outra lingua oficial)
  •   Exipto (en árabe: مصر}} Miṣr)
  •   Iraq (en árabe: العراق al-ʿIrāq) (O Kurdo é a outra lingua oficial (minoritaria))
  •   Xordania (en árabe: الأردن al-ʾUrdun)
  •   Kuwait (en árabe: الكويت al-Kuwayt)
  •   Líbano (en árabe: لبنان Lubnān)
  •   Libia (en árabe: ليبيا Lībyā)
  •   Mauritania (en árabe: موريتانيا Mōrītānyā)
  •   Marrocos (en árabe: المغرب al-Maġrib) (O berber é a outra lingua oficial)
  •   Omán (en árabe: عمان ʿUmān)
  •   Palestina (en árabe: فلسطين Filasṭīn) (Membro de pleno dereito da Líga Árabe e recoñecido pola maioría dos estados, excepto por Israel e outros estados occidentais)
  •   Qatar (en árabe: قطر Qaṭar)
  •   Arabia Saudita (en árabe: المملكة العربية السعودية al-Mamlakah al-ʿArabiyyah as-Saʿūdiyyah)
  •   Somalia (en árabe: الصومال aṣ-Ṣūmāl) (O Somalí é a outra lingua oficial)
  •   Sudán (en árabe: السودان as-Sūdān) (O inglés é a outra lingua oficial (minoritaria))
  •   Siria (en árabeسوريا Sūryā)
  •   Tunisia (en árabe: تونس Tūnis)
  •   Emiratos Árabes Unidos (en árabe: الإمارات العربيّة المتّحدة al-ʾImārāt al-ʿArabiyyah al-Muttaḥidah)
  •   Iemen (en árabe: اليمن al-Yaman)

Poboación

editar
Posto País Poboación
[cando?]
Clasificación
mundial
1   Exipto 91.425.854[8] 16
2   Alxeria 37.100.000 34
3   Sudán 34.848.000 35
4   Iraq 33.425.000 39
5   Marrocos 32.666.179 40
6   Arabia Saudita 28.660.000 45
7   Iemen 25.502.000 49
8   Siria 21.740.340 55
9   Tunisia 10.673.800 77
10   Somalia 9.656.000 85
11   Emiratos Árabes Unidos 8.089.000 93
12   Libia 6.449.000 103
13   Xordania 6.345.023 106
14   Palestina 4.293.313 125
15   Líbano 4.268.000 126
16   Mauritania 3.378.254 134
17   Kuwait 2.889.000 138
18   Omán 2.883.000 139
19   Qatar 1.921.000 149
20   Bahrain 1.341.000 155
21   Djibuti 923.000 158
22   Comores 767.000 163
Total   Liga Árabe 400.652.486
Pos País Área (km2) % do Total Aclaracións
1   Alxeria 2,381,741 18.1% País máis grande de África e do mundo árabe.
2   Arabia Saudita 2,149,690 16.4% País máis grande en Oriente medio.
3   Sudán 1.861.482 14.2% Anteriormente o país máis grande de África, antes da independencia do Sudán do Sur.
4   Libia 1.759.540 11.4%
5   Mauritania 1.025.520 7.8%
6   Exipto 1.002.000 7.6% Non inclúe o Triángulo de Hala'ib (20,580 km²).
7   Somalia 637.657 4.9%
8   Iemen 527.968 4.0%
9   Marrocos 446.550 3.4% Non inclúe Sáhara Occidental (266,000 km²).
10   Iraq 435.244 3.3%
11   Omán 309.500 2.4%
12   Siria 185.180 1.4% Incluíndo a parte de Altos do Golán (1,200 km²) administrada actualmente por Israel.
13   Tunisia 163.610 1.2%
14   Xordania 89.342 0.7%
15   Emiratos Árabes Unidos 83.600 0.6%
16   Djibuti 23.200 0.1%
17   Kuwait 17.818 0.1%
18   Qatar 11.586 0.08%
19   Líbano 10.452 0.08%
20   Palestina 6.020 0.05%
21   Comores 2.235 0.01%
22   Bahrain 758 0.005%
Total 13.333.296 5.148.048
  1. Arab World Ministries
  2. "Arab League Sends Delegation to Iraq". Encyclopedia.com. 8 October 2005. Consultado o 13 February 2011. 
  3. "Arab League Warns of Civil War in Iraq". Encyclopedia.com. 8 October 2005. Consultado o 13 February 2011. 
  4. Benjamin Hätinger, The League of Arab States, (GRIN Verlag: 2009), p.2.
  5. Dwight Fletcher Reynolds, Arab folklore: a handbook, (Greenwood Press: 2007), p.1.
  6. Baumann: 8
  7. Deng: 405
  8. "CAPMAS homepage". Arquivado dende o orixinal o 23 de xullo de 2011. Consultado o 15 August 2011.