iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.
iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.



Link to original content: http://gl.m.wikipedia.org/wiki/Landulfo_I_de_Benevento
Landulfo I de Benevento - Wikipedia, a enciclopedia libre

Landulfo I de Benevento

Landulfo I, finado o 10 de abril de 943, ás veces chamado Antipater, (Antipater parece derivar do seu título grego anthypatos) foi príncipe de Capua (como Landulfo III) e príncipe de Benevento desde o 12 de xaneiro de 901, cando o seu pai, Atenulfo I, príncipe de Capua e conquistador de Benevento, o asociou no goberno. A súa nai foi Sichelgaita de Gaeta.

Modelo:BiografíaLandulfo I de Benevento
Biografía
Nacemento875 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Morte10 de abril de 943 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata (67/68 anos)
Outro
TítuloPrince of Capua (en) Traducir (910–943)
Prince of Benevento (en) Traducir (910–943) Editar o valor en Wikidata
FamiliaLandulfids (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxeGemma di Napoli Editar o valor en Wikidata
FillosLandulfo II de Benevento, Atenulfo III de Benevento Editar o valor en Wikidata
PaisAtenulfo I de Capua Editar o valor en Wikidata  e Sigelgaita of Gaeta Editar o valor en Wikidata

WikiTree: Capua-24

Traxectoria

editar

En 909, foi a Constantinopla recibir os títulos antipatos e patrikios. O seu irmán Atenulfo II ficou en Italia e recibiu unha investidura semellante. En xuño de 910 o seu pai morreu e converteuse en príncipe en solitario. Inmediatamente, investiu ao seu irmán como copríncipe.

O 2 de xullo de 911, Landulfo asinou un tratado co duque Gregorio IV de Nápoles, parte da política de alianzas e amizade cos líderes cristiáns do Mezzogiorno. Tamén continuou unha política de alianzas con Bizancio, pero nunca servidume. Nunca xurou fidelidade ao emperador de Constantinopla. En 914, deu transferido a grande abadía de Monte Cassino de Teano a Capua e el e máis Atenulfo designaron un abade Xoán. O ano seguinte (915), enviaron a Xoán como embaixador a Constantinopla para renovar os vínculos de alianza. Ese verán, as forzas do novo strategos bizantino de Bari, Nicolaus Picingli, uniu as doutros príncipes italianos meridionais: Xoán I e Docibilis II de Gaeta, Gregorio IV e Xoán II de Nápoles, e Guaimaro II de Salerno. A través de matrimonios diplomáticos, Landulfo logrou aliarse con estes gobernantes: casara con Gemma, filla de Atanasio de Nápoles, e a filla de Atenulfo Gaitelgrima casou con Guaimaro II. o seu propio fillo, Atenulfo III, casou con Rotilda, filla de Guaimaro. Xunto ao exército greco-longobardo puxéronse as forzas norteñas do papa Xoán X e Alberico I de Spoleto e venceu aos Sarracenos na Batalla de Garigliano.

En 921, apoiou unha rebelión antigrega en Apulia, chegando nos seus ataques ata Ascoli. Foi obrigado, con todo, a enviar ao seu segundo fillo, Landulfo II, a Constantinopla como refén. En 923 ou 926, de acordo con Guaimaro, atacarían posesións bizantinas: Landulfo tomaría Apulia e Guaimaro Campania. Landulfo fracasou, cousa que non fixo Guaimaro. En 929, con Atenulfo II, Guaimaro II, e Teobaldo de Spoleto, invadiu Apulia e Calabria outra vez. Desta vez, fracasaron todos e Teobaldo botou a perder a vella alianza.

En 933 Landulfo asociou ao seu fillo Atenulfo con el e o seu irmán no goberno. En 934, o axente bizantino Cosmas de Tesalónica convenceu a Guaimaro de que abandonase alianza. En 935, o rei Hugo de Italia deu o seu apoio aos gregos. Nuns poucos anos, a exitosa política antibizantina de Landulfo fora invertida e obrigárono a asinar a paz, pero continuabas as hostilidades: en Siponto en 936 e en Matera en 940. En 939 morreu Atenulfo o irmán de Landulfo e asociou ao trono ao seu segundo fillo, Landulfo. Morreu catro anos despois, o 10 de abril.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Caravale, Mario (ed). Dizionario Biografico degli Italiani: LXIII Labroca – Laterza. Roma, 2004.
Principado de Capua

Segue a:
Atenulfo I de Capua
Landulfo I de Benevento
Precede a:
Landulfo II de Benevento
Principado de Benevento

Segue a:
Atenulfo I de Capua
Landulfo I de Benevento
Precede a:
Landulfo II de Benevento