iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.
iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.



Link to original content: http://gl.m.wikipedia.org/wiki/Kepler-20
Kepler-20 - Wikipedia, a enciclopedia libre

Kepler-20

Estrela da constelación de Lyra.

Kepler-20 é unha estrela situada a 950 anos luz[1] na constelación de Lyra. O 20 de decembro de 2011, o equipo da nave Kepler anunciou o descubrimento dos primeiros exoplanetas de tamaño terrestre, denominados Kepler-20e e Kepler-20f, orbitando unha estrela semellante ó Sol.[1][2] Os planetas descubertos non están na zona de habitabilidade, segundo o informe da NASA,[2] e suponse que teñen temperaturas superficiais de entre 427 °C e 760 °C. Ámbolos dous planetas teñen órbitas máis pequenas que a de Mercurio.[3]

  1. 1,0 1,1 Johnson, Michele (20 de decembro de 2011). NASA, ed. "NASA Discovers First Earth-size Planets Beyond Our Solar System" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 16 de maio de 2020. 
  2. 2,0 2,1 Hand, Eric (20 de decembro de 2011). Nature, ed. "Kepler discovers first Earth-sized exoplanets" (en inglés). 
  3. Moskowitz, Clara (20 de decembro de 2011). Fox News, ed. "First Ever 'Earth-Sized' Alien Planets Discovered" (en inglés). Consultado o 21 de decembro de 2011.