iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.
iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.



Link to original content: http://gl.m.wikipedia.org/wiki/Josip_Broz_Tito
Tito (Josip Broz) - Wikipedia, a enciclopedia libre

Tito (Josip Broz)

(Redirección desde «Josip Broz Tito»)

Josip Broz "Tito", nado en Kumrovec (Austria-Hungría, na actualidade Croacia) o 7 de maio de 1892 e finado en Ljubljana (Iugoslavia, hoxe Eslovenia) o 4 de maio de 1980, foi un político iugoslavo. Foi presidente do país durante 27 anos.

Modelo:BiografíaTito

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(sh) Јосип Броз Тито
(sh) Josip Broz Tito Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(hr) Josip Broz Editar o valor en Wikidata
7 de maio de 1892 Editar o valor en Wikidata
Kumrovec (Imperio Austrohúngaro) Editar o valor en Wikidata
Morte4 de maio de 1980 Editar o valor en Wikidata (87 anos)
Liubliana (República Federal Socialista de Iugoslavia) Editar o valor en Wikidata
Causa da morteinsuficiencia cardíaca Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCasa das Flores 44°47′12″N 20°27′06″L / 44.7867, 20.4517 Editar o valor en Wikidata
Secretario Xeral do Movemento de Países Non Aliñados
1 de setembro de 1961 – 5 de outubro de 1964
← sen valor – Gamal Abdel Nasser →
Presidente da Iugoslávia (pt) Traducir
14 de xaneiro de 1953 – 4 de maio de 1980
← Ivan Ribar (pt) TraducirLazar Koliševski (pt) Traducir →
President of the Federal Executive Council of Yugoslavia (en) Traducir
2 de novembro de 1944 – 29 de xuño de 1963
← Ivan Šubašić (pt) TraducirPetar Stambolić → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
Outros nomesTito Editar o valor en Wikidata
Ideoloxía políticaTitoísmo (pt) Traducir e Iugoslavismo (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
RelixiónAteísmo e católico non practicante Editar o valor en Wikidata
EducaciónEscola Lenin (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Moscova (1935–1936)
Liubliana (1934–1935)
Zagreb (1934–1934)
Zagreb (1927–1928)
Smederevska Palanka (pt) Traducir (1926–)
Kraljevica (pt) Traducir (1925–)
Veliko Trojstvo (en) Traducir (1921–)
Viena (1912–)
Zagreb (1910–1911)
Plzeň
Alemaña
Kamnik (pt) Traducir
Čenkov (en) Traducir
Wiener Neustadt Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico, esperantista, revolucionario, membro da resistencia, Torneiro mecânico (pt) Traducir, estadista, chaveiro (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1913 Editar o valor en Wikidata -
Partido políticoLiga de Comunistas de Iugoslavia (1920–1980)
Social Democratic Party of Croatia and Slavonia (en) Traducir (1910–1916) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Carreira militar
Rama militarPartisans Iugoslavos (pt) Traducir e Exército Popular Iugoslavo (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Rango militarMarechal da Iugoslávia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
ConflitoPrimeira guerra mundial
Xornadas de Xullo
Guerra Civil Rusa
guerra civil española
Segunda Guerra Mundial na Iugoslávia (pt) Traducir
segunda guerra mundial Editar o valor en Wikidata
Familia
FamiliaBroz (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxeJovanka Broz (1952–1980), morte da persoa
Herta Haas (1940–1943), divorcio
Lucija Bauer (1936–1937), morte do cónxuxe
Pelageya Belousova (1919–1936), divorcio Editar o valor en Wikidata
ParellaDavorjanka Paunović Editar o valor en Wikidata
FillosŽarko Broz
 () Pelageya Belousova
Mišo Broz
 () Herta Haas Editar o valor en Wikidata
NaiMarija Broz Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih,
Lista de Ditadores de SourceWatch
History of Everyday Life Database (en) Traducir >>>:Tito, Josip Broz, 1892-1980, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0864482 Allocine: 36958
BNE: XX1137105 Musicbrainz: 01e894c6-7a97-476f-969b-333274685c6b Discogs: 1074460 WikiTree: Broz-10 Find a Grave: 8062 Editar o valor en Wikidata

Tomou o alcume Tito en 1934, cando se fixo membro do Politburo do Partido Comunista de Iugoslavia e pasou á clandestinidade. Dirixiu os partisanos comunistas durante a segunda guerra mundial na súa loita contra os ocupantes alemáns e italianos. Despois da guerra foi primeiro ministro e despois presidente da República Iugoslava, cargo que ocupou ata a morte en 1980. Aínda que comunista seguiu unha política independente da da Unión Soviética e desde os anos 50 foi un dos líderes do Movemento de Países Non Aliñados.

Xuventude e primeira guerra mundial

editar

Josip Broz procedía dunha familia labrega croata da área de Zagorie. Croacia era entón parte do Imperio austro-húngaro. Seu pai, Franjo, era un croata de familia procedente do actual Trentino italiano. A mai, María, era eslovena. Foi o sétimo fillo da parella. Pasou parte da súa infancia co avó materno en Podsreda. Entrou na escola primaria, que deixou en 1905, en Kumrovec.

No ano 1907 comezou a traballar como aprendiz de zarralleiro en Sisak. En 1910 entrou na unión de traballadores da metalurxia e no Partido Socialdemócrata de Croacia e Bosnia. Entre 1911 e 1913 traballou como metalúrxico en Kamnik Eslovenia, Cenkovo Bohemia, Múnic e Mannheim (Alemaña). Traballou para a empresa automobilística Daimler en Viena como condutor de probas.

En 1913 foi chamado a filas polo exército austro-húngaro. Cando empezou a primeira guerra mundial foi enviado á fronte contra Serbia como suboficial. Foi arrestado por facer propaganda antibélica e recluído na fortaleza de Petrovaradin. En xaneiro de 1915 foi enviado á fronte de Galitsia. Despois de ser proposto para unha condecoración, foi ferido en Bukovina en marzo de 1915 e feito prisioneiro polos rusos.

Ferido de gravidade, Josip Broz, pasou trece meses no hospital e despois foi enviado a un campo de traballo nos montes Urais. En febreiro de 1917 foi liberado por un grupo de traballadores revolucionarios e volto a arrestar. Escapou definitivamente e, en xullo de 1917, participou nas manifestacións prerrevolucionarías en Petrogrado. Foi detido cando se dirixía a Polonia, recluído en Petropavlovsk e enviado despois a Kungur. Escapou do tren durante a viaxe e agachouse cunha familiar rusa. Coñeceu a Pelegeia Belousova coa que casou. Entrou na Garda Vermella en Omsk e, en 1918, pediu ser admitido no Partido Comunista Ruso. Traballou de mecánico e participou na guerra civil rusa do lado bolxevique. Finalmente, en 1920 volveu coa súa muller ó recentemente fundado estado iugoslavo.

Regreso a Iugoslavia

editar

Broz chegou ó novo país en setembro e uniuse inmediatamente o Partido Comunista de Iugoslavia, de influencia cada vez máis importante en Iugoslavia. Nas eleccións de 1920 os comunistas foron a terceira forza no parlamento e foi declarado ilegal polo rei. Broz seguiu traballando para o partido na clandestinidade. Traballou na metalurxia en Veliko Trojstvo e despois nun estaleiro en Kralievica. Foi despedido por dirixir unha folga un ano despois e marchou a Belgrado onde traballou nunha fábrica de vagóns de tren. Dela foi tamén despedido ó descubrirse a súa militancia comunista, o que provocou a súa mudanza a Zagreb, onde foi escollido secretario da unión de traballadores do metal de Croacia.

Nos anos vinte, Broz utilizou a súa experiencia como zarralleiro para fabricar copias de chaves e ganzúas, foi condenado por roubos en casas e perdoado pola amnistía de 1928. As actas da policía iugoslava implícano nun roubo no que morreu un xendarme en 1935. Foi acusado tamén de ser o xefe dunha banda de falsificadores de moeda.

A ilegalización do partido Comunista, provocou que fora encarcerado en diversas ocasións entre 1928 e 1934. Despois de ser liberado en 1934 dun deses arrestos marchou a París, pero regresou no mesmo ano ó ser escollido membro do comité central do Partido Comunista Iugoslavo, que daquela se reunía en Viena. Foi entón cando adoptou o alcume "Tito".

Os anos do Komintern

editar

En 1935 Tito viaxou a Unión Soviética, onde traballou durante un ano na sección balcánica do Komintern. Foi membro do PCUS. En 1936, o Komintern enviouno a Iugoslavia, para dirixir as purgas no Partido Comunista Iugoslavo.

Entre os anos 1936 e 1938 estivo implicado na guerra civil española como organizador dunha brigada de 11.000 iugoslavos qua apoiaban ás forzas republicanas. Só uns 1.000 soldados iugoslavos puideron regresar ó seu país . Tito tomou parte co comunista francés André Marty en Albacete, España, no adestramento dos comunistas das Brigadas Internacionais. En 1937 foi escollido secretario xeral do Partido Comunista Iugoslavo.

En 1937 foi escollido secretario xeral do partido Comunista Iugoslavo e enviado a Iugoslavia para reorganizar o partido, (o antigo secretario xeral do Partido comunista Iugoslavo fora asasinado en Moscova). Nesa época Tito seguía as políticas do Comintern e apoiaba a Stalin. Os comunistas iugoslavos eran, porén, sospeitosos de apoiar a Trotski e o mesmo Tito estivo, segundo algunhas fontes, a piques de ser arrestado por orde de Stalin.

A segunda guerra mundial

editar

En marzo de 1941 o goberno iugoslavo de Cvetkovic firmou o pacto co Eixo formado por Alemaña, Italia e o Xapón. Ós dous días produciuse en Belgrado un golpe de estado dirixido polo xeneral Simovic. O 6 de abril forzas de Alemaña, Italia, Bulgaria e Hungría atacaron Iugoslavia. Despois dos bombardeos de Belgrado e outras cidades pola aviación nazi o 17 de abril representantes iugoslavos firmaron o armisticio con Alemaña. Os alemáns estableceron un estado croata independente dirixido pola Ustaša, un partido colaboracionista de ideoloxía fascista. Bosnia, Herzegovina e partes de Eslovenia e Serbia foron ocupadas por soldados alemáns e o resto do país por tropas dos outros países atacantes. O pacto xermano-soviético puido estar na base da lenta reacción dos comunistas. Despois da invasión alemá da URSS o 22 de xuño de 1941 Tito reuniu o comité central do Partido Comunista Iugoslavo, foi nomeado comandante militar e dirixiu unha chamada a toma-las armas e a revolución socialista.

A guerra partisana comezou o 7 de xullo en Bela Crkva. Os triunfos iniciais dos guerrilleiros foron respondidos polos alemáns con asasinatos en masa de civís. Nos territorios liberados os partisanos organizaron comités populares para actuaren coma goberno civil. Tito foi o líder máximo do Consello Antifascista de Liberación de Iugoslavia (AVNOJ), que se reuniu en Bihac en novembro de 1942 e en Jajce en novembro de 1943 e estableceu as bases da futura organización da Federación Iugoslava. En decembro de 1943, coa maior parte do país aínda ocupada, Tito proclamou un goberno provisional.

Xefe de estado

editar

Ratificación do poder de Tito

editar

O “Consello Antifascista” tiña o poder en Iugoslavia dende finais de 1944, situación aceptada polos aliados e apoiada expresamente polo primeiro ministro británico Winston Churchill. Tito tentara xa nos anos da guerra mante-lo equilibrio nas relacións cos aliados occidentais e coa Unión Soviética, dun lado para acadar a axuda de ámbalas dúas partes durante o conflito, da outra para asegurarse a independencia de actuación cando acabara.

Despois do acordo Tito-Šubašic a finais de 1944 o goberno provisional da República Federal Iugoslava dirixido por Tito reuniuse o 7 de marzo de 1945 en Belgrado. Despois das eleccións de novembro de 1945, Tito foi nomeado primeiro ministro e ministro de exteriores. En novembro dese mesmo ano proclamouse unha nova constitución e organizouse o exército. Ata 1953 organizou o cambio de Iugoslavia nun estado socialista.

En xuño de 1950 a Asemblea Nacional apoiou unha proposta de Tito e Milovan Ðilas sobre a autoxestión, un sistema que experimentou coa repartición de beneficios entre as empresas controladas polo estado e os traballadores. En xaneiro de 1953 estableceuse a autoxestión como lei fundamental da orde social do país.

Os primeiros anos producíronse represións de inimigos políticos, entre eles moitos estalinistas, que foron encarcerados ou mesmo executados. Tito era primeiro ministro cando se produciron sucesos como o masacre de Bleiburg. Un dos condenados ó cárcere foi o arcebispo católico Aloysius Stepinac, convicto de colaborar cos Nazis e de forzar a conversión ó catolicismo de serbios ortodoxos. Esta condena provocou a rección irada do Vaticano.

Conflito coa Unión Soviética

editar

O feito de ser o único pais socialista sen forzas ocupantes rusas permitiu a Tito manter a equidistancia na súa política exterior e unhas relacións fluídas cos países occidentais. O camiño iugoslavo cara ao socialismo, provocou axiña conflitos con Stalin, que levaron á romper as relacións entre eles en 1948. Stalin tentou sen éxito move-los fíos no partido comunista iugoslavo para provoca-la caída de Tito e no diario Pravda publicáronse artigos ameazantes contra el. Tito rexeitou unha invitación de Stalin para visita-lo en Moscova por medo a ser asasinado (chegou a pedir a Stalin que deixara de enviar homes para mata-lo e ameazouno con face-lo mesmo) e a situación estivo a punto de causar un conflito armado. Os comunistas iugoslavos foron expulsados da Internacional Comunista e as relacións entre os dous partidos comunistas non se restableceron ata a chegada ó poder na URSS de Nikita Khrushchev. O novo líder soviético visitou a Tito en Belgrado en 1955, visita que foi devolta polo gobernante iugoslavo en 1956. As relacións volverían a empeorar a finais dos anos 60 do século XX, despois da invasión de Checoslovaquia polas tropas do pacto de Varsovia.

Presidente da República Federal de Iugoslavia

editar

En 1953, despois de ser aprobada unha nova constitución, Tito tomou o título de presidente do estado, sucedendo a Ivan Ribar título que sería vitalicio a partir de maio do ano 1974. Iniciou unha política que procuraba o equilibrio entre estados e entre bloques políticos. Cos líderes de Exipto e a India Gamal Abdel Nasser e Jawaharlal Nehru, o indonesio Sukarno e o ghanés Kwame Nkrumah fundou o Movemento de Países non Aliñados. O seu carisma e a súa política exterior permitíronlle acadar un gran recoñecemento fóra de Iugoslavia.

O 7 de abril de 1963 o país cambiou o seu nome polo de República Federal de Iugoslavia. As reformas levadas a cabo permitían a iniciativa privada e máis liberdade relixiosa, o que facilitou un acordo co Vaticano para asegura-la liberade da Igrexa católica iugoslava para ensinar o catecismo e abrir seminarios. A revolta interna contra estas medidas acabou coa destitución do xefe da “Axencia de Seguridade Estatal” (UDBA) Aleksandar Rankovic en 1966. Os poderes da “UDBA” foron limitados e o seu persoal reducido. O autoritarismo de Tito moderouse o que supuxo unha clara liberalización da sociedade iugoslava, que se amosou na liberdade relativa da que dispoñían artistas e xente da cultura en xeral. En xaneiro de 1967, Iugoslavia abriu as súas fronteiras a tódolos visitantes estranxeiros.

En política exterior, tentou mediar no conflito árabe-israelí e criticou con forza á entrada das tropas do Pacto de Varsovia en Checoslovaquia en 1968.

Reforma do estado

editar

En 1971 Tito reaccionou contra as manifestacións, de ton nacionalista, da Primavera Croata con arrestos en masa, considerando que ameazaban a lei fundamental do socialismo iugoslavo de “Irmandade e Unidade”. Estes acontecementos provocaron, porén, a promulgación dunha nova constitución máis federalista en 1974. Estableceuse unha presidencia colectiva de 22 membros representativos das seis repúblicas e as dúas provincias autónomas, cun presidente de carácter rotativo entre as seis repúblicas. O poder e a independencia do consello de ministros foron reforzados. As repúblicas dispuñan de máis autonomía controlando a educación, a sanidade e a política de vivenda.

Últimos anos

editar

Despois dos cambios constitucionais o papel de Tito foise reducindo pouco a pouco. En xaneiro de 1980 foi hospitalizado en Liubliana por unha trombose na perna dereita, que lle foi amputada pouco despois. Faleceu o 4 de maio de 1980. Millóns de persoas acompañaron o traslado do féretro a través do país. Foi enterrado no mausoleo “Casa das flores” (Kuca cveca) en Belgrado.

Vida privada

editar

A vida persoal de Tito estivo marcada polo cambio constante de parella sentimental. Tivo varios fillos, nados dentro e fóra do matrimonio. Hans Studer, un dos seus fillos ilexítimos, morreu combatendo como soldado do exército alemán, contra os partisanos dirixidos por seu pai.

A primeira muller de Tito foi Pelageia Belousova, unha rusa coa que tivo un fillo, Žarko. Foi levada a Moscova polos comunistas durante a estancia na cadea de Tito en 1928.

Tivo tamén un fillo, Mišo Broz, en 1941 con Hertha Haas, unha muller de orixe hebrea, á que coñeceu en París en 1937. A relación durou ata 1943. Tito mantivera durante estes anos varias outras relacións amorosas, entre elas unha con Davorjanka Paunovic, alcumada ‘‘Zdenka’’, á súa secretaria persoal. Zdenka morreu de tuberculose en 1946, e Tito quixo que fora enterrada na súa residencia de Beli Dvor, en Belgrado.

A súa muller máis coñecida foi Jovanka Budisavljevic, coa que casou en 1952, despois de que Tito rompera coa cantante de ópera Zinka Kunc. A relación foi difícil e atravesou por diversas infidelidades. Jovanka morreu en 2013, sen ter fillos.

Véxase tamén

editar