Josh Homme
Joshua Michael Homme, nado en Joshua Tree (California) o 17 de maio de 1973 , é un músico e produtor estadounidense.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Joshua Michael Homme 17 de maio de 1973 (51 anos) Palm Springs, Estados Unidos de América |
Educación | Marywood-Palm Valley school (en) Palm Desert High School (en) |
Actividade | |
Ocupación | guitarrista, compositor, produtor musical, cantautor, cantante, director de cinema |
Período de tempo | Século XXI |
Período de actividade | 1985 - |
Membro de | |
Xénero artístico | Música rock e heavy metal |
Tesitura | Tenor |
Instrumento | Guitarra e voz |
Selo discográfico | Elektra Records |
Outro | |
Cónxuxe | Brody Dalle (2007–) |
Condenado por | asalto |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Foi un dos membros fundadores da banda de stoner rock Kyuss, e tamén de Queens of the Stone Age, onde canta e toca a guitarra. Porén Homme é un multi-instrumentista e tamén toca o baixo, a batería e os teclados. Co-fundou e ocasionalmente toca con Eagles of Death Metal como batería, e continúa producindo e editando series de improvisación musical con outros músicos, a maioría da escena de Palm Desert, coñecidas como The Desert Sessions. No ano 2009 apareceu nun novo proxecto chamado Them Crooked Vultures, ao carón de Dave Grohl e John Paul Jones.
Traxectoria
editarHomme naceu en Joshua Tree e medrou en Palm Desert. Comezou a tocar a guitarra cando tiña nove anos. Aos 15 anos foi un dos fundadores da banda de desert rock Kyuss xunto cos seus compañeiros de escola John Garcia e Brant Bjork, onde era guitarrista e principal compositor, e que se separou no ano 1997. É fundador e único membro permanente da banda de rock Queens of the Stone Age. Tamén é cofundador e toca a batería en Eagles of Death Metal e continúa producindo e editando material nun proxecto musical con outros músicos baixo o nome de The Desert Sessions (no seu propio estudio en Palm Desert).
Homme tamén tocou a guitarra con Screaming Trees e Mark Lanegan (que posteriormente se uniu a Queens of the Stone Age). Outras bandas ou proxectos nos que colaborou son: Mondo Generator, Foo Fighters, PJ Harvey, Fatso Jetson, Like Hell, Mark Lanegan Band, Masters of Reality, The Aquitted Felons, Millionaire, Wellwater Conspiracy, U.N.K.L.E., Melissa Auf der Maur, Paz Lenchantin, A Perfect Circle, Death from Above 1979, Martina-Topley Bird, Earthlings?, Mastodon, Peaches, ou Local H.