iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.
iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.



Link to original content: http://gl.m.wikipedia.org/wiki/Izquierda_Republicana
Izquierda Republicana - Wikipedia, a enciclopedia libre

Izquierda Republicana

partido político español (1934-1959)

Izquierda Republicana (IR) é un partido político español republicano de esquerdas formado o 3 de abril de 1934 pola unión da Acción Republicana, Acción Socialista, o sector esquerdista do Partido Republicano Radical Socialista e a Organización Republicana Gallega Autónoma.

Izquierda Republicana
Logo
AcrónimoIR
Tipopartido político
IdeoloxíaRepublicanismo, reformismo e Anticlericalismo
Data de fundación1934
Data de disolución1959
Presidente/aManuel Azaña (-) Editar o valor en Wikidata
SedeMadrid
PaísSegunda República Española
Na rede
BNE: XX123314
editar datos en Wikidata ]
Sede do partido en León.

Historia e características

editar

Entre os seus dirixentes encontrábanse José Giral, Álvaro de Albornoz, Victoria Kent, Luis Bello, Santiago Casares Quiroga, Marcelino Domingo e Manuel Azaña, quen foi o presidente do primeiro Consello Nacional do partido. En Cataluña a organización denominouse Partit Republicà d'Esquerra.

Nas eleccións do 16 de febreiro de 1936 conseguiu 87 deputados dentro da Fronte Popular, e formou parte de todos os gobernos ata o final da Guerra civil e despois no goberno da República no exilio. Azaña foi presidente da República entre 1936 e 1939. No exilio mantivo a súa infraestrutura e foi o principal apoio ó goberno da República no exilio ata a súa disolución en 1977 tras a fin da ditadura franquista.

Foi legalizado o 10 de novembro de 1977 e participou na creación de Izquierda Unida. No ano 2002, saíu da coalición, aínda que se presentou coaligado con ela nas eleccións europeas de 2004.

En Galicia a organización denomínase Esquerda Republicana Galega.

Eleccións

editar
  • Xerais 1979: 55.545 votos (0.31%)
  • Xerais 1982: 610 votos (0.00%)
  • Xerais 2000: 1.541 votos (0.01%)
  • Xerais 2004: 16.993 votos (0.07%).

Izquierda Republicana en Galicia

editar

Izquierda Republicana estaba constituído en Galicia ao se formar en abril de 1934 basicamente polos militantes procedentes do Partido Republicano Gallego, xa que o Partido Republicano Radical Socialista Independiente estaba formado polo sector minoritario do antigo Partido Republicano Radical Socialista e a Acción Republicana apenas tiña representación no país fóra de Pontevedra ao se pasar a AR a maior parte da agrupación local do PRG en 1933.

Ao longo do ano 1934 realizouse unha campaña de afiliación que conduciu ao establecemento de numerosas agrupacións locais en contraposición ao resto dos partidos republicanos que eran partidos de notables e non de masas. En 1935 IR e o Partido Galeguista asinaron unha serie de acordos de colaboración, IR foi partido máis favorable o Estatuto de Autonomía despois do propio PG, que aumentaron ao establecerse a Fronte Popular, no cal IR constituíu a principal forza en Galicia, conseguindo 11 escanos nas eleccións de 1936.

Véxase tamén

editar