Epónimo
Un epónimo é un nome derivado dunha persoa que designa un pobo, lugar, concepto ou obxecto de calquera clase.
A eponimia é un costume xa presente en épocas arcaicas, en que non era infrecuente chamar a un período polo gobernante que ocupase o cargo; así, na Atenas clásica os anos levaban o nome do arconte epónimo, e na antiga Roma republicana os anos nomeábanse polos cónsules elixidos para o mesmo.
No Xapón o tempo mídese por eras, que son coincidentes coa duración do reinado dos seus emperadores; así, 2012 equivale ao ano 23 da era Heisei, do emperador Akihito.
Ao longo da historia, designouse o nome de unidades militares polo nome do seu comandante. E hoxe en día é frecuente nas ciencias; aínda que se trascenda do purismo etimolóxico, no presente é frecuente que se use cientificamente a palabra epónimo para designar xa non só a un personaxe, senón a un obxecto ou unha entidade da cal algo, por metonimia, o nome dun científico.[1] En anatomía humana eran frecuentes os epónimos, pero na normativa terminolóxica actual non se recomenda o uso de epónimos (por exemplo, en vez de trompa de Falopio diríase tuba uterina).
Epónimos famosos
editarLugares
editar- Américo Vespucio - mariño - América.
- Atenea - deusa grega - Atenas.
- Simón Bolívar - político e militar - Bolivia, Repúblia Bolivariana de Venezuela, Repúblicas Bolivarianas.
- Cristovo Colón - navegante - Colombia, Columbia Británica, Distrito de Columbia.
- Filipe II de España - rei de España - Filipinas.
- Ho Chi Minh - dirixente vietnamita - Cidade Ho Chi Minh
Epónimos famosos
editar- Alois Alzheimer – médico alemán - enfermidade de Alzhéimer.
- Aquiles - guerreiro mitolóxico grego - tendón de Aquiles, talón de Aquiles.
- Charles Cunningham Boycott - administrador inglés - boicot.
- Louis Braille - pedagogo e inventor - braille.
- Nicolas Chauvin, personaxe histórico da época napoleónica, chovinismo.
- Louis Daguerre - químico - daguerrotipo.
- Rudolf Diesel - enxeñeiro alemán - motor diésel.
- John Down - médico británico - síndrome de Down
- Joseph Ignace Guillotin - médico francés - guillotina.
- Gonzalo Rodríguez Lafora - médico español - enfermidade de Lafora
- Charles Lynch - xuíz estadounidense - linchamento.
- Miakhil Kaláshnikov - deseñador de armas de fogo ruso - fusil de asalto AK-47, máis coñecido como Kaláshnikov.
- Leopold von Sacher-Masoch - escritor - masoquismo.
- Samuel Finley Breese Morse - inventor - código morse.
- Viacheslav Mólotov - político soviético - cóctel molotov.
- Louis Pasteur - químico e microbiólogo - pasteurización.
- Donatien Alphonse François de Sade - escritor - sadismo.
- John Montagu IV - conde británico - sándwich.
- Adolphe Sax - músico - saxofón.
- Etienne de Silhouette - político francés - silueta.
- Ferdinand von Zeppelin - inventor alemán – cepelín ou dirixible.
Ámbitos especializados
editarAs seguintes persoas e os seus respectivos epónimos son coñecidos en ámbitos especializados.
Ciencia e técnica
editar- Joel Asaph Allen - biólogo que estableceu a regra ecolóxica que leva o seu nome - regra de Allen.
- Carl Bergmann - anatomista, fisiólogo e biólogo alemán - regra de Bergmann.
- Karl Wilhelm von Kupffer - anatomista alemán - célula de Kupffer.
- George Boole - matemático irlandés - álxebra de Boole.
- Robert Brown - botánico escocés - movemento browniano.
- Clarence L. Farrar - entomólogo e apicultor estadounidense - regra de Farrar.
- Guillaume de l'Hôpital - matemático francés - regra de l'Hôpital
- Pierre de Fermat - matemático francés - último teorema de Fermat- Wiles
- Constantin Wilhelm Lambert Gloger - biólogo alemán - regra de Gloger.
- Edward A. Murphy Jr. - enxeñeiro estadounidense - lei de Murphy.
- Blaise Pascal - filósofo e matemático francés - pascal, unidade de presión no Sistema Internacional, linguaxe Pascal (unha linguaxe de programación en informática).
- Pitágoras- matemático e filósofo da Grecia antiga - teorema de Pitágoras
- Víctor López Seoane - naturalista galego - víbora de Seoane.
- Alan Turing - matemático británico - máquina de Turing.
Política
editar- Iosif Stalin - político soviético - stalinismo
- Francisco Franco - militar e político español - franquismo
- Vladimir Ilyich Lenin - político bolxevique - leninismo
- Mao Zedong - político chinés - maoísmo
- Josip Broz Tito - militar e político iugoslavo - titoísmo
Notas
editar- ↑ Por exemplo, en Vipera seoanei, e nome específico seoanei é un epónimo de Seoane (o naturalista ferrolán Víctor López Seoane).