iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.
iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.



Link to original content: http://gl.m.wikipedia.org/wiki/EgyptAir
EgyptAir - Wikipedia, a enciclopedia libre

EgyptAir (árabe: مصر للطيران, Miṣr liṭ-Ṭayarān) é a aeroliña nacional de Exipto. Está baseada no Aeroporto Internacional do Cairo, o seu principl centro de conexións, operando voos regulares de pasaxeiros e carga a máis de 75 destinos de Oriente Medio, Europa, Asia, África e América. Ademais a compañía centra no Cairo unha extensa rede de servizos domésticos. A aeroliña é membro da Star Alliance, á que se uniu o 11 de xullo de 2008.

EgyptAir
IATA
MS
OACI
MSR
Indicativo
EGYPTAIR
Fundación7 de xuño de 1932 (como Misr Airlines)
Inicio das operaciónsxullo de 1933
Plan de voo frecuenteEgyptAir Plus
AlianzaStar Alliance
HoldingEgyptAir Holding Company
Eslogan da compañíaEnjoy The Sky
SedeO Cairo, Exipto
Páxina web: http://www.egyptair.com/

A compañía ten a súa sede no Complexo Administrativo de EgyptAir situado nos sotos do aeroporto do Cairo. O logo da aeroliña é Horus, a deidade celeste na mitoloxía exipcia, que adoita a representarse como un falcón ou un home coa cabeza de falcón. A aeroliña tomou Horus como logo debido ao seu antigo simbolismo como un "deus alado do sol".

Cara xuño de 2015, a frota de EgyptAir está formada polos seguintes avións:[1]

Frota de EgyptAir
Frota de pasaxeiros
Avión En servizo Pedidos Pasaxeiros Notas
F C Y Total
Airbus A320-200 11 16 129 145
Airbus A321-200 4 22 139 161
Airbus A330-200 7 24 244 268
Airbus A330-300 4 36 265 301
Airbus A340-200 1 12 24 224 260
Boeing 737-500 5 8 96 104
Boeing 737-800 20 24 120 144
Boeing 777-200ER 4 12 21 286 319 Dous alugados a
Biman Bangladesh Airlines
Boeing 777-300ER 6 49 297 346
  1. "Frota de EgyptAir". Planespotters. 5 May 2015. Arquivado dende o orixinal o 24 de marzo de 2012. Consultado o 5 de xullo de 2015. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar