Copa do Rei de baloncesto
- Para outras competicións co mesmo nome, véxase Copa do Rei.
A Copa do Rei de baloncesto (en castelán: Copa del Rey de Baloncesto) é unha competición de baloncesto que se disputa anualmente en España. Organizada nos seus inicios pola Federación Española de Baloncesto (FEB), desde 1983 a competición é organizada pola Asociación de Clubs de Baloncesto (ACB). O torneo comezou a xogarse co nome de Campionato de España, disputándose a súa primeira edición en 1933. Esta competición foi a primeira que enfrontaba a clubs de todo estados, xa que a Liga Nacional non foi creada até 1957, vinte e catro anos despois.
Nome na lingua orixinal | (es) Copa del Rey de baloncesto |
---|---|
Tipo | competición deportiva |
Deporte | baloncesto |
Organizador | Asociación de Clubs de Baloncesto |
Localización e Datas | |
País | España |
Vixencia | 1933 – |
Calendario da tempada | febreiro – |
Período de ocorrencia | 1 ano |
Competición | |
Primeiro posto | Real Madrid Baloncesto (29º) (2024) |
Datos estatísticos | |
Máis títulos | Real Madrid Baloncesto (29) |
Outro | |
Páxina web oficial | acb.com |
Actualmente disputan a competición oito equipos, sendo estes os sete mellores clasificados na Liga ACB ao final da primeira volta da competición xunto cun conxunto da cidade organizadora do torneo. O formato de competición é un sistema de final a oito a partido único. Tradicionalmente, o equipo gañador lograba ademais o dereito a inscribirse na seguinte edición da Recopa de Europa. Porén, actualmente a Copa non dá acceso a ningunha competición de carácter continental.
Historia
editarA primeira edición da Copa do Rei, naquela altura Campionato de España de baloncesto, botou a andar o 15 de outubro de 1933, algo máis dunha década despois da chegada a España do baloncesto, grazas ao pai escolapio Eusebio Millán.[1] Nun principio, a súa primeira edición estaba aberta a todos os campións rexionais, porén, por diversos motivos económicos e profesionais, a competición quedou circunscrita aos campións e subcampións de Cataluña e Castela. Como o resto de competicións deportivas en España, a competición suspendeuse en 1936 debido á Guerra Civil, para renovarse novamente baixo unha nova denominación ao final da mesma, a Copa do Xeneralísimo.
Após o mudanza de denominación, o número de equipos participantes aumentou a oito tras a incorporación de Aragón. Así a copa pasou a ser disputada desde os cuartos de final. Este sistema mantívose até 1942, cando os participantes aumentaron até 16 coa incorporación de clubs de Murcia, Estremadura, Asturias, País Vasco, Illas Baleares e Galiza, chegando a un tope máximo de vinte e catro participantes na seguinte edición. Neste época, o principal equipo dominador foi o Real Madrid, que conseguiu 15 títulos entre os anos 1956 e 1977. Co fin da ditadura e a creación da Liga ACB en 1983, a Copa foi tamén obxecto de remodelacións que a levaron a ser unha competición de referencia no mundo do baloncesto, exportándose o modelo de competición exportouse a outros países e deportes.
Denominacións
editarO torneo naceu co nome de Campionato de España, porén, o nome oficial da competición mudou ao longo dos anos en función do Xefe de Estado, xa que é quen outorga o trofeo desde a primeira edición. Así, o torneo ten contado coas seguintes denominacións:
- Campionato de España de Copa (1933−1936)
- Campionato de España–Copa da Súa Excelencia o Xeneralísimo (1940−1976)
- Campionato de España–Copa da Súa Maxestade o Rei (1976−1983)
- Copa da Súa Maxestade o Rei–ACB (1983−presente).
Historial
editarCopa de España (1933−1936)
editarAno | Campión | Resultado | Subcampión | Pavillón | Cidade | Máximo anotador |
---|---|---|---|---|---|---|
1933 | Rayo Club Madrid | 21–11 | Madrid CF | Jardines del Cine Goya | Madrid | Juan Castellví |
1935 | Societé Patrie | 23–19 | Rayo Club Madrid | Parc Municipal de Montjuïc | Barcelona | Fernando Font |
1936 | Rayo Club Madrid | 23–20 | Societé Patrie | Frontón de Recoletos | Madrid | Raoul Arnaud |
Copa do Xeneralísimo (1940-1976)
editarCopa do Rei (1977−presente)
editarDesde a edición de 1990 a ACB entrega o trofeo MVP ao mellor xogador da Copa do Rei
Palmarés
editar- 1933 - Rayo Madrid
- 1935 - Societé Patrie
- 1936 - Rayo Madrid
- 1940 - L'Hospitalet
- 1941 - Espanyol
- 1942 - Laietà
- 1943 - FC Barcelona
- 1944 - Laietà
- 1945 - FC Barcelona
- 1946 - FC Barcelona
- 1947 - FC Barcelona
- 1948 - Joventut
- 1949 - FC Barcelona
- 1950 - FC Barcelona
- 1951 - Real Madrid
- 1952 - Real Madrid
- 1953 - Joventut
- 1954 - Real Madrid
- 1955 - Joventut
- 1956 - Real Madrid
- 1957 - Real Madrid
- 1958 - Joventut
- 1959 - FC Barcelona
- 1960 - Real Madrid
- 1961 - Real Madrid
- 1962 - Real Madrid
- 1963 - Estudiantes
- 1964 - Picadero
- 1965 - Real Madrid
- 1966 - Real Madrid
- 1967 - Real Madrid
- 1968 - Picadero
- 1969 - Joventut
- 1970 - Real Madrid
- 1971 - Real Madrid
- 1972 - Real Madrid
- 1973 - Real Madrid
- 1974 - Real Madrid
- 1975 - Real Madrid
- 1976 - Joventut
- 1977 - Real Madrid
- 1978 - FC Barcelona
- 1979 - FC Barcelona
- 1980 - FC Barcelona
- 1981 - FC Barcelona
- 1982 - FC Barcelona
- 1983 - FC Barcelona
- 1984 - Zaragoza
- 1985 - Real Madrid
- 1986 - Real Madrid
- 1987 - FC Barcelona
- 1988 - FC Barcelona
- 1989 - Real Madrid
- 1990 - Zaragoza
- 1991 - FC Barcelona
- 1992 - Estudiantes
- 1993 - Real Madrid
- 1994 - FC Barcelona
- 1995 - Baskonia
- 1996 - Manresa
- 1997 - Joventut
- 1998 - Valencia
- 1999 - Baskonia
- 2000 - Estudiantes
- 2001 - FC Barcelona
- 2002 - Baskonia
- 2003 - FC Barcelona
- 2004 - Baskonia
- 2005 - Málaga
- 2006 - Baskonia
- 2007 - FC Barcelona
- 2008 - Joventut
- 2009 - Baskonia
- 2010 - FC Barcelona
- 2011 - FC Barcelona
- 2012 - Real Madrid
- 2013 - FC Barcelona
- 2014 - Real Madrid
- 2015 - Real Madrid
- 2016 - Real Madrid
- 2017 - Real Madrid
- 2018 - FC Barcelona
- 2019 - FC Barcelona
- 2020 - Real Madrid
- 2021 - FC Barcelona
- 2022 - FC Barcelona
Por equipo
editarEquipo | Campión | Subcampión | Anos campión |
---|---|---|---|
Real Madrid | 28 | 23 | 1951, 1952, 1954, 1956, 1957, 1960, 1961, 1962, 1965, 1966, 1967, 1970, 1971, 1972, 1973, 1974, 1975, 1977, 1985, 1986, 1989, 1993, 2012, 2014, 2015, 2016, 2017, 2020 |
Barcelona | 27 | 11 | 1943, 1945, 1946, 1947, 1949, 1950, 1959, 1978, 1979, 1980, 1981, 1982, 1983, 1987, 1988, 1991, 1994, 2001, 2003, 2007, 2010, 2011, 2013, 2018, 2019, 2021, 2022 |
Joventut | 8 | 16 | 1948, 1953, 1955, 1958, 1969, 1976, 1997, 2008 |
Baskonia | 6 | 3 | 1995, 1999, 2002, 2004, 2006, 2009 |
Estudiantes | 3 | 4 | 1963, 1992, 2000 |
Laietà | 2 | 2 | 1942, 1944 |
Zaragoza | 2 | 2 | 1984, 1990 |
Rayo Club Madrid | 2 | 1 | 1933, 1936 |
Picadero | 2 | 0 | 1964, 1968 |
Valencia Basket | 1 | 4 | 1998 |
Societé Patrie | 1 | 2 | 1935 |
Málaga | 1 | 2 | 2005 |
L'Hospitalet | 1 | 1 | 1940 |
Manresa | 1 | 1 | 1996 |
Espanyol | 1 | 0 | 1941 |
Aismalíbar | 0 | 4 | |
Inmobanco | 0 | 2 | |
Montgat | 0 | 1 | |
Canarias de Madrid | 0 | 1 | |
Hesperia | 0 | 1 | |
Náutico Tenerife | 0 | 1 | |
Kas Vitoria | 0 | 1 | |
Cáceres | 0 | 1 | |
Sevilla | 0 | 1 | |
Gran Canaria | 0 | 1 |
Notas
editar- ↑ "La historia de la Copa del Rey" [Historia da Copa do Rei]. ACB.com (en castelán). 4 de febreiro de 2008.