iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.
iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.



Link to original content: http://gl.m.wikipedia.org/wiki/Coles
Coles - Wikipedia, a enciclopedia libre

Coles

concello da comarca de Ourense, na provincia de Ourense

Coles é un concello da provincia de Ourense, pertencente a comarca de Ourense. Segundo o IGE en 2023 tiña 3.176 habitantes (3.201 en 2003).

Modelo:Xeografía políticaColes
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 42°24′44″N 7°50′23″O / 42.412222222222, -7.8397222222222
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
Provinciaprovincia de Ourense Editar o valor en Wikidata
CapitalVilarchao Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación3.176 (2023) Editar o valor en Wikidata (83,58 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie38 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude386 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataManuel Rodríguez Vázquez (2019–) Editar o valor en Wikidata
Eleccións municipais en Coles Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal32152 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE32026 Editar o valor en Wikidata

Páxina webconcellodecoles.gal Editar o valor en Wikidata

Xeografía

editar

O concello, de 38,25 km², abrangue 10 parroquias. Limita ao noroeste con Vilamarín, ao nordeste coa Peroxa, ao sueste co Pereiro de Aguiar (a través do río Miño), ao suroeste con Ourense e ao oeste con Amoeiro. A zona noroeste é máis elevada, con cumios como o Castro de Santa Águeda (682 m) ou os montes de Cambeo (488 m). No leste as terras graníticas descenden cara ao curso do Miño.

O principal curso fluvial é o río Miño, que serve de fronteira ao longo de 6 km. O encoro de Velle supuxo cambios importantes na zona, destruíndo as pesqueiras existentes. Outro curso menor é o río da Barra, afluente do Miño que serve de fronteira coa Peroxa. O río Gustei únese ao rego de Lusín, desembocando no Miño, ao igual que o regueiro de Carrís.

Demografía

editar

Segundo o dicionario de Madoz, a mediados do século XIX tiña 4.635 habitantes. Na década de 1950 había 5.114, e en 1.960 a poboación descendeu a 4.608. En 1970 eran 3.491, e 3.487 en 1975. A finais da década de 1980 comezou un leve aumento da poboación procedente da capital ourensá.

Censo Total (Habitantes) 3.150 (2014)
Menores de 15 anos 316 (10.03 %)
Entre 15 e 64 anos 1.841 (58.44 %)
Maiores de 65 anos 993 (31.52 %)
Evolución da poboación de Coles   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
5.273 4.954 4.810 3.369 3.252 3.150
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Historia

editar

Antes da romanización as terras estaban habitadas nos poboados castrexos de Santa Águeda, A Madalena, San Lourenzo e Adro Vello.

NO século XII constituíuse na comarca o arcediagado de Búbal, baixo a influencia da orde de Santiago e dos mosteiros de Ribas do Miño, Oseira e Celanova. O topónimo aparece documentado de distintos modos a mediados do século XIII: Coonis (1233), Coonas (1242) e Columpnis (1257).

Durante o antigo réxime, as parroquias do actual concello pertencían ás xurisdicións da Barra (orde de Santiago, a través da encomenda da Barra), Gustei (bispado de Ourense), Melias (condado de Lemos e mosteiro de Oseira), Ribela (condado de Lemos) e A Peroxa (condado de Ribadavia), pertencentes á provincia de Ourense.

En 1812 constituíronse os concellos de Gustei e Melias, que foron retomados entre 1820 e 1823. En 1835 consituíuse definitivamente o actual concello de Coles.

Patrimonio

editar

Cultura castrexa

editar

O castro da Madalena foi catalogado en 1925 por Florentino López Cuevillas para o Seminario de Estudos Galegos. As súas defensas víronse danadas por mor dunhas obras de minería na procura de cuarzo levadas a cabo en 1870 por Daniel de Aguiar e Silva. Está situado a uns 45o m de altitude. Atopáronse restos de vivendas e de cerámica con decoración. É un castro dun só recinto cun terraplén de 8 m de alto no oeste e ata 40 no leste. No norte e oeste e na metade hai un chanzo estreito que fai a modo de glacis, e ó seu pé corre un foxo de trece a quince metros de ancho cunha escarpa de tres a dez metros de alto. Na parte sur non hai foxo, pois conta coa defensa natural dun regato. Ten forma circular, cuns 120 m de diámetro.

O castro de Santa Águeda está situado no outeiro do mesmo nome, a unha altitude de 682 m, servindo de fronteira cos concellos de Vilamarín e A Peroxa. Ten uns 75 m de diámetro e conta con tres recintos. Foi estudado por Xesús Ferro Couselo, e actualmente a espesa vexetación dificulta a súa visita. Realizáronse 9 catas, descubríndose restos de edificacións, dous amarradoiros do gando, unha machada puída semellante aos machados neolíticos e dous pulidores. Tamén un colar de pasta vítrea e paredes decoradas con sucos incisos formando bandas. Tamén se atopou a planta da antiga capela adicada á santa que dá nome ao lugar.

O castro de San Lourenzo non está escavado. Atopáronse restos de tégulas e de cerámica, que non foron analizadas. Preto do castro hai unha capela cunha ventá prerrománica.

O castro do Adro Vello está situado preto da actual igrexa de Coles, entre Paradela e Seoane.

O pazo de Fontefiz está situado na parroquia de Ucelle. Xa no século X aparece referenciado o Casal de Fonte Felici. No século XV pertencía ao mosteiro de San Clodio, e en 1597 foi aforado a Gregorio de Nóvoa, veciño da Peroxa, que fundaría a liñaxe de Fontefiz. No século XVIII consolidouse a potencia económica da casa de Fontefiz mercede ás rendas de varias poboacións dos arredores, e mellorouse a construción. Pechouse o eido, construíuse e canalizouse unha présa de auga para o servizo da casa, fixéronse as cortes, o cabaceiro, a tulla de pedra os maineis da casa e o retablo da capela. Amais, anexáronse diversas leiras. Mais no século XIX comezou a decadencia. En 1866, trala morte de Pedro Ventura de Puga, pasou ao marquesado de Leis. Actualmente é o Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia pertencente á Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia.

No interior da leira hai un pombal. O edificio principal ten planta en U, patio pechado por muro con portalón exterior coroado por un escudo e outra interior cara a outras dependencias da leira. No patio interior están os escudos das familias que o posuíron: Nóvoa, Vilamarín, Temes, Raxó e Deza, cun balcón sostido por canzorros e dous reloxos de Sol. No interior do edificio destaca a escaleira nobre e a lareira, feitas en cantería. A cheminea da lareira, na fachada suroeste, ten seis metros de altura.

Economía

editar

No sector primario destaca a existencia de prados para a gandería, ademais do cultivo de millo, patacas e viñedos. Abondan as fragas de piñeiros, carballos, eucaliptos e castiñeiros. No campo da industria destaca o sector da madeira. A comezos do século XX había medio centenar de talleres relacionados con este produto, destacando os da zona de Melias.

Comunicacións

editar

O concello está atravesado pola estrada que une Ourense e Santiago de Compostela (N-525) e a vía Ourense - Lugo (N-540). Tamén está comunicado polo ferrocarril cara a Compostela.

Galería de imaxes

editar
Artigo principal: Galería de imaxes de Coles.

Parroquias

editar
Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Coles

Albán (San Paio) | A Barra (Santa María) | Cambeo (Santo Estevo) | Coles (San Xoán) | Gueral (San Martiño) | Gustei (Santiago) | Melias (San Miguel) | Ribela (San Xillao) | Santa Mariña de Albán (Santa Mariña) | Santo Eusebio da Peroxa (Santo Eusebio) | Ucelle (Santa María)


Lugares de Coles

editar

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Coles vexa: Lugares de Coles.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar