Anglofonía
A anglofonía é o conxunto de países e comunidades cuxa lingua materna é o inglés, xa sexa como lingua principal ou secundaria. Ademais, compártense os aspectos culturais que son semellantes de cada país anglófono.
A lingua inglesa
editarDebido á influencia política, económica, militar, científica e cultural de Gran Bretaña e o Reino Unido dende o século XVIII, por medio do Imperio británico e os Estados Unidos de América dende mediados do século XX, o inglés difundiuse amplamente por todo o mundo e é a lingua principal do discurso internacional e lingua franca en moitas rexións.[2][3][4][5][6][7] Da mesma forma é utilizado de maneira xeral como lingua franca entre falantes de linguas distintas na maior parte dos países do mundo.[8][9] Ensínase tamén como segunda lingua en moitos sistemas educativos, que co paso do tempo achegou un status de superioridade cultural ós seus falantes non nativos, por mor da influencia dos países anglosaxóns no mundo.[8][9] A lingua inglesa é a lingua oficial de moitos países da Commonwealth, é amplamente estudada como segunda lingua e é unha das linguas oficiais da Unión Europea e de numerosas organizacións mundiais. O inglés probablemente é o terceiro idioma do mundo en número de falantes que o teñen como lingua materna (entre 300 e 400 millóns de persoas), así como o terceiro máis falado, por detrás do mandarín e o español, se se conta tamén a quen o teñen como segunda lingua, que son 200 millóns de persoas máis.[10]
Notas
editar- ↑ www.um.es - 5.2. Datos descriptivos de los usos de español e inglés, Gráfico 2 - (Unha enquisa a estudantes revela que o 77,3 % fala coa súa nai só castelán, ou máis castelán, ou igual castelán que inglés)
- ↑ Ammon, pp. 2245-2247.
- ↑ Schneider, p. 1.
- ↑ Mazrui, p. 21.
- ↑ Howatt, pp. 127-133.
- ↑ Crystal, pp. 87-89.
- ↑ Wardhaugh, p. 60.
- ↑ 8,0 8,1 Crystal, pp. 87-89.
- ↑ 9,0 9,1 Wardhaugh, p. 60.
- ↑ "Ethnologue, 1999". Arquivado dende o orixinal o 29 de abril de 1999. Consultado o 07 de xuño de 2018.