iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.
iBet uBet web content aggregator. Adding the entire web to your favor.



Link to original content: http://gl.m.wikipedia.org/wiki/AC_Milan
A.C. Milan - Wikipedia, a enciclopedia libre

A.C. Milan

club de fútbol italiano da cidade de Milán
(Redirección desde «AC Milan»)

O Associazione Calcio Milan, habitualmente chamado A.C. Milan, ou simplemente Milan, é un club de fútbol italiano da cidade de Milán, que participa na Serie A.

A.C. Milan
Escudo
NomeAssociazione Calcio Milan S.p.A.
Alcume(s)I Rossoneri
Il Diavolo
Casciavit
Fundación16 de decembro de 1899 (134 anos)
EstadioSan Siro,
Milán, Italia
Inauguración19 de setembro de 1926
Capacidade80 018
PropietarioItalia Paolo Scaroni
AdestradorItalia Stefano Pioli
LigaSerie A
2019–20
VestimentaPuma
PatrocinadorFly Emirates
Na rede
https://www.acmilan.com
Facebook: ACMilan Twitter: acmilan Instagram: acmilan LinkedIn: ac-milan Youtube: UCKcx1uK38H4AOkmfv4ywlrg TikTok: acmilan Twitch: acmilan Editar o valor en Wikidata
Titular
Alternativo
Terceiro

Xoga con listras vermellas e negras e calzón negro, gañando por iso o sobrenome de rossoneri ("vermello-negros"). É o segundo equipo con máis logros na historia do fútbol italiano, con 18 títulos da Serie A, 5 Copas de Italia e 7 Supercopas de Italia.[1] Internacionalmente, é o terceiro equipo con máis títulos (18), só por detrás do Real Madrid e do Al-Ahly, e empatado co Boca Juniors.[2] Nas súas vitrinas figuran 7 Ligas de Campións, 2 Recopas de Europa, 5 Supercopas de Europa, 3 Copas Intercontinentais e 1 Copa Mundial de Clubs da FIFA.[1]

Figura no cuarto posto da clasificación de mellores clubs do século XX, realizada pola IFFHS.[3]

O club foi fundado en 1899 como o Milan Football & Cricket Club por Alfred Edwards, un británico expatriado. En homenaxe ás súas orixes, o club mantén a forma inglesa de escrita do nome da cidade.

Estadio

editar
Artigo principal: Stadio Giuseppe Meazza.

O actual estadio do equipo é o Giuseppe Meazza, con capacidade para 80 018 espectadores, tamén coñecido como San Siro. O estadio compárteo co Internazionale (tamén coñecido coma "Inter" ou "Inter de Milán"), o outro grande club de Milan. Os seguidores do AC Milan usan "San Siro" para referirse ao estadio.

Historia

editar

"Seremos un equipo de diaños. As nosas cores serán o vermello do lume e o negro do medo que lle meteremos aos nosos adversarios". (Herbert Kilpin)

 
Algún socios fundadores do Milan (decembro de 1899)

Dos inicios á segunda posguerra

editar

O Milan Football & Cricket Club naceu grazas á iniciativadun grupo de ingleses e italianos reunidos no hotel Du Nord e des Anglais, entre os que se atopaban Alfred Edwards, o primeiro presidente, Edward Nathan Berra, o vicepresidente e capitán do equipo de crícket, o secretario Samuel Richard Davies; e entre os socios fundadores David Allison (capitán do equipo), Daniele Angeloni, Giannino Camperio, Guido Valerio e Herbert Kilpin[4]. Da nova fíxose eco La gazzetta dello Sport nun pequeno artigo do 15 ou 18 de decembro, pero non habendo unha documentación exacta sobre o acto constitutivo da sociedade, que o propio club fixa tradicionalmente no 16 de decembro de 1899[5], queda incerta.[6]

O 15 de xaneiro de 1899 o club afiliouse na Federación Italiana de Fútbol e o 15 de abril, nas semifinais do campionato nacional de 1900, debuta con derrota de 3-0 contra o FC Torinese. O 27 de maio do mesmo ano, gaña a "medalla do Rei" (medaglia del Re), grazas a un 2-0 fronte á Juventus F.C.[7]

Ao ano seguinte, o Milan coróase campión de Italia, interrompendo a serie de vitorias consecutivas do Genoa, derrotado na final por 3-0. Para o segundo título do campionato habería que esperar ata o 1906, cando o rival a bater foi a Juventus, que se negou a disputar o partido de desempate, pois non aceptaron a escolla do campo de xogo por parte da FIF, o campo do US Milanese.[5]

A terceira vitoria chegaría no 1907, grazas ao primeiro posto na rolda final, na que participaron tamén Torino e Andrea Doria.

A pesar dos éxitos, un grupo de socios desconformes coa afiliación de xogadores estranxeiros deixou o Milan para fundar un novo equipo, o Football Club Internazionale Milano.[8] Despois da separación o Milan conseguiu dous scudettos, os de 1910-1911 e 1911-1912, ambos contra o Pro Vercelli, mentres que en 1916 os rossoneri fixéronse coa Copa Federale (Coppa Federale). Nas temporadas seguintes, o equipo gañou dúas veces os campionatos rexionais pero non tivo éxito nas fases nacionais.

En marzo de 1919 o nome do equipo cambiouse a Milan Football Club[9] e no 1926 inaugúrase o estadio San Siro, mandado construír polo presidente Piero Pirelli, e que ata 1947 hospedaba só ao Milan, xa que o Inter xogaba no Arena Civica.[10] No período de entreguerras, os diavoli, obtiveron só postos de media táboa, non pasando do terceiro posto conseguido nas tempadas 1937-1938 e 1940-1941. As estrelas da época foron Aldo Boffi e Giuseppe Meazza.

En 1936 o equipo toma o nome de Milan Associazione Sportiva, cambiada de novo en 1939, cando as autoridades fascistas impuxeron a italianización do nome pasando a ser Associazione Calcio Milano.[9] A comezos da posguerra e outra vez co nome de Milan Associazione Sportiva, conseguen o cuarto posto na 1946-1947 e o título simbólico de campións de inverno na tempada seguinte.[11]

 
Herbert Kilpin, cofundador e primeiro adestrador do Milan.

Os anos cincuenta e sesenta

 
Gren, Nordahl e Liedholm: os Gre-No-Li

O cuarto scudetto chegou na tempada 1950-1951, tras 44 anos de espera,[nota 1] xunto coa prestixiosa Copa Latina de 1951, grazas aos goles do célebre trío sueco Gre-No-Li (formado por Gunnar Gren, Gunnar Nordahl e Nils Liedholm) e ás paradas de Lorenzo Buffon, baixo a dirección do técnico húngaro Lajos Czeizler. Nos seguintes anos uníronse ao equipo outros campións como Schiaffino, Bagnoli, Luigi Radice e Cesare Maldini, que capitaneados por Nils Liedholm estiveron entre os protagonistas das vitorias da Copa Latina de 1956 e doutros tres campionatos (1954-1955, 1956-1957 e 1958-1959). En 1958 o Milan alcanza a súa primeira final de Copa de Europa, perdendo 3-2 no tempo engadido, contra o gran Real Madrid, vencedor das primeiras cinco edicións do torneo.[12]

Na tempada 1961-1962, o Milan faise co seu oitavo título con Nereo Rocco no banquiño, o goleador José Altafini na dianteira e un noviño Gianni Rivera no campo.

 
Nereo Rocco coa Copa de Europa e a Copa Intercontinental de 1969

Cambiada, ao inicio da seguinte tempada, a denominación a Milan Associazione Calcio, o club obtén o primeiro éxito continental ao vencer 2-1 ao Benfica en Wembleycon dobrete de Altafini.[12] Cesare Maldini foi o primeiro capitán dun equipo italiano en levantar a Copa de Europa. O 16 de novembro de 1963, os rossoneri, con Giuseppe Viani de adestrador (tras a marcha de Rocco ao Torino), perderon por 1-0 o partido de desempate da Copa Intercontinental, xogado no estadio de Maracanã, contra o Santos de Pelé.[5] Esta foi a última tempada baixo a presidencia de Andrea Rizzoli, que dimitiu tras 9 anos nos que gañou 4 scudettos, unha Copa Latina, unha Copa de Europa e edificou o centro deportivo de Milanello.[13]


Tras algunhas tempadas frouxas, nas que o único éxito foi a Copa Italia de 1966-67, o retorno ao banquiño de Rocco levou ao equipo a conquistar o noveno título de liga e a Recopa de Europa 1967-1968, conquistada no De Kuip de Rotterdam, fronte ao Hamburgo con dous goles de Kurt Hamrin.[14] Na liga do ano seguinte,o Milan queda en segundo posto por detrás da Fiorentina, pero gaña a súa segunda Copa de Europa, vencendo na final de Madrid ao Ajax de Rinus Michels.[12] Ese mesmo ano o Milan adxudícase a Copa Intercontinental ao vencer os dous partidos da final contra os arxentinos do Estudiantes (3-0; 1-2).[15] A este éxito de equipo súmase a vitoria de Rivera no Balón de Ouro 1969, primeiro italiano en conseguilo.[7]

 
Formación do Milan na 1974-1975

Os anos setenta e oitenta

Os anos 70 iniciáronse con 3 segundos postos consecutivos na liga, dous dos cales se obtiveron despois de grandes remontadas de Inter (1970-1971) e Juventus (1972-1973). En particular na 1972-1973 os rossoneri perderon un campionato que parecía xa gañado, a causa dunha amarga derrota na "Fatal Verona".[16] Os segundos postos non obstante, foron compensados polas consecucións de dúas Copas de Italia (1971-1972 e 1972-1973) e da segunda Recopa de Europa (1972-1973). Despois de varias temporadas non moi boas, a chegada de Nils Liedholm ao banquiño e o 4º posto na tempada 1977-1978, tempada na que debutou Franco Baresi, precederon á conquista do décimo título de liga na 1978-1979. O equipo, dirixido no campo por Gianni Rivera, na súa última tempada como futbolista, puido coa competencia do duro Perugia de Ilario Castagner que acabou a temporada imbatido e conseguiu o codiciado "scudetto da estrela" (por ser o décimo título).[17]

Os anos 80 comezaron co primeiro descenso á Serie B e coa expulsión do presidente Felice Colombo tras o escándalo do Totonero, unha trama de apostas e amaño de partidos que afectou a varios equipos e que mandou á segunda categoría a Milan e Lazio.[18] O rápido retorno á máxima categoría gañando o campionato de Serie B 1980-1981 foi seguido dunha temporada pésima na que o equipo volveu descender, esta vez sobre o campo, tras acabar en antepenúltima posición con 24 puntos en 30 partidos.[19] O retorno á Serie A foi outra vez inmediato, pero o Milan, despois dalgunhas temporadas de transición, nas que debutou en Udine un Paolo Maldini[20] de 16 anos, tivo que afrontar unha gran crise societaria. Á sociedade, fortemente endebedada e en risco de quebra, chegou o empresario milanés Silvio Berlusconi, quen rematou co déficit económico. Na tempada seguinte chegaron Roberto Donadoni, Dario Bonetti, Giuseppe Galderisi, Daniele Massaro e Giovanni Galli, e tras unha tempada de adaptación, a marcha de Liedholm e o quinto posto final, o Milan apostou polo novo técnico Arrigo Sacchi e contratou as dúas estrelas holandesas Marco van Basten e Ruud Gullit, Balón de Ouro 1987. Sacchi, despois dun inicio difícil, guiou o equipo á remontada sobre o Napoli e á vitoria final. Tal suceso foi o preludio a un trienio de ouro no que os rossoneri se adxudicaron dúas Copas de Europa (1989, 1990), dúas Supercopas de Europa (1989, 1990), dúas Copas Intercontinentais (1989, 1990) e a Supercopa italiana 1989. O Milan de Sacchi, inspirado no fútbol total, revolucionou e a práctica e a mentalidade futbolística.

Dos anos noventa a hoxe

editar
 
Mauro Tassotti, Fabio Capello e Adriano Galliani coa Champions League do 1994

A serie de éxitos internacionais do Milan de Sacchi interrómpese o 20 de marzo de 1991 na "noite de Marsella", cando Adriano Galliani, durante o partido de volta dos cuartos de final da Copa de Europa contra o Olympique de Marseille, fai retirar o equipo do terreo de xogo cando perdía 1-0, polo apagado dun foco do estadio.[21] A decisión de non volver ao campo, aínda despois da restauración da iluminación, implicou que se dera o partido por perdido 3-0 e a descualificación do equipo durante un ano de todas as competicións europeas.[5][22] Pechouse así a etapa de Sacchi, que ao final da tempada deixou o seu posto a Fabio Capello, para converterse no novo seleccionador nacional italiano.

Excluído das competicións europeas, o Milan centrouse no campionato nacional 1991-1992, que conseguiu gañar sen sufrir ningunha derrota.[23] O ano seguinte gañou o segundo scudetto consecutivo e a Supercopa italiana e volveu como protagonista á escena europea, chegando a disputar a final da Champions League,[12] onde foi novamente derrotado polo Olympique de Marseille.

Substituíndo ao Olympique de Marseille, descualificado tras o Caso Valenciennes-Olympique Marsiglia,[24] os rossoneri perderon os dous partidos que valían os títulos da Supercopa de Europa 1993 (2-1 contra o Parma) e da Copa Intercontinental (3-2 contra o São Paulo). A 1993-1994 foi non obstante, memorable, logrando un dobrete scudetto-Champions League, esta última gañada contra o Barcelona de Johan Cruyff por 4-0. O Milan conquistou tamén a Supercopa italiana 1994 e a Supercopa de Europa 1994, pero perdeu por 2-0 a Copa Intercontinental contra os arxentinos de Vélez Sársfield[25] e por 1-0 a final de Liga de Campións 1994-1995, gañada polo Ajax de Louis van Gaal.[12] Ao remate da tempada 1995-1996, Fabio Capello deixou o seu posto no banquiño ao uruguaio Óscar Tabárez.

Nos dous anos seguintes, o equipo, do que marchou Tabárez en decembro de 1996 para volver Arrigo Sacchi, e do que este último marchou no verán de 1997 para que volvera Fabio Capello, viviu unha fin de ciclo, marcada por unha crise de resultados e posicións decepcionantes no campionato. En 1998 logra alcanzar a final de copa tras 8 anos e cae derrotado. A fichaxe do técnico Alberto Zaccheroni, que guiou o equipo ao seu 16º scudetto parecía dar inicio a un novo ciclo de triunfos pero o club non conseguiu dar continuidade aos bos resultados. Tras pasar polas mans de Cesare Maldini, o equipo incorporou na 2001-2002 ao exfutbolista rossonero Carlo Ancelotti, que inaugurou outra etapa de éxitos. Baixo a súa dirección, despois da semifinal da Copa da UEFA 2001-2002, en 2003 volveu ás vitrinas milanistas a Liga de Campións, que non se conseguía desde había 9 anos. Foi no estadio de Old Trafford de Manchester, aos penaltis e ante a Juventus. Tres días despois o Milan gañaba a única Copa de Italia da era Berlusconi, a quinta da historia rossonera.

Na tempada 2003-2004, na que a entidade pasou a chamarse Associazione Calcio Milan,[5] as vitrinas aumentaron coa incoporación da 17ª liga e 4ª Supercopa europea, gañada no estadio Lois II de Montecarlo 1-0 fronte ao Porto de José Mourinho, mentres que perderon aos penaltis tanto a Supercopa italiana de 2003 contra a Juventus como a Copa Intercontinental 2003 contra Boca Juniors. Na Liga de Campións da UEFA 2003-04 o Milan sufriu unha amarga eliminación en cuartos de final fronte ao Deportivo da Coruña, tras vencer 4-1 en San Siro o equipo caeu derrotado en Riazor por un contundente 4-0.

 
Paolo Maldini levanta a Champions League da tempada 2002-2003
 
O Milan celebra a súa sétima Champions League no 2007

Son da tempada 2004-2005 a vitoria da Supercopa italiana, o segundo posto en liga e a derrota na final da Liga de Campións, contra o Liverpool, que na segunda parte remontou un 0-3 e gañou nos penaltis.[26] Ao remate da tempada 2005-2006 (na que quedou segundo na liga) o Milan viuse envolto no escándalo Calciopoli, sufriu unha penalización de 30 puntos que o deixou terceiro, e outra penalización de 8 puntos a descontar na seguinte tempada.[27]

Na 2006-2007 o Milan alcanza de novo a final da Liga de Campións, a undécima da súa historia, e esta vez vence ao Liverpool con dous goles de Filippo Inzaghi.[28] Era a sétima vitoria neste torneo. Kaká, Balón de Ouro 2007, foi o máximo goleador da competición con 10 goles. Na 2007-2008 o Milan adxudícase a súa quinta Supercopa de Europa e o seu primeiro Mundial de Clubs da FIFA, últimos triunfos de Ancelotti, que ao remate da 2007-2008, marcada tamén pola retirada de Paolo Maldini, deixou o seu lugar ao exfutbolista Leonardo, na súa primeira experiencia como adestrador.[29]

No verán de 2010 chegou ao banquiño Massimiliano Allegri, que guiou ao equipo á vitoria no campionato italiano 2010-2011, no que coa axuda dos goles da nova adquisición Zlatan Ibrahimović, consegue o 18º scudetto da súa historia.[30] No 2011 o Milan gaña tamén a súa sexta Supercopa italiana, vencendo en Pequín ao Inter por 2-1.[31] Durante a xestión de Allegri acadan na liga un segundo posto no 2012 e un terceiro no 2013. En xaneiro de 2014, Allegri é substituído por Clarence Seedorf. Nos tres anos seguintes dirixiron o equipo o holandés, Filippo Inzaghi e Siniša Mihajlović, pero o club vive unha época de declive, un pouco suavizado por alcanzar a final da Copa de Italia 2015-2016, despois de 13 anos. Pero foi derrotado pola Juventus. Baixo a batuta de Vincenzo Montella, en decembro de 2016 os rossoneri, desadxudicáronse en Doha, a penaltis contra a Juventus, a súa sétima Supercopa de Italia, conquistando o último trofeo oficila da era Berlusconi.[32] O 13 de abril de 2017 fíxose oficial a cesión do 99,93% da sociedade á Rossoneri Sport Investment Lux, converténdose en presidente o empresario chinés Li Yonghong.[33]

Na tempada 2017-2018, despois dun comezo peor do esperado, Montella foi substituído por Gennaro Gattuso.

Xogadores

editar
Categoría principal: Xogadores do AC Milan.

Cadro actual

editar
Datos do 8 de maio de 2018.
Posto País Xogador
99 POR   Gianluigi Donnarumma
30 POR   Marco Storari
90 POR   Gianluigi Donnarumma
2 DEF   Davide Calabria
12 DEF   Andrea Conti
13 DEF   Alessio Romagnoli
15 DEF   Gustavo Gómez
17 DEF   Cristián Zapata
19 DEF   Leonardo Bonucci
20 DEF   Ignazio Abate
22 MED   Mateo Musacchio
31 DEF   Luca Antonelli
46 DEF   Matteo Gabbia
47 DEF   Raoul Bellanova
4 MED   José Mauri
Posto País Xogador
5 MED   Giacomo Bonaventura
10 MED   Hakan Çalhanoğlu
18 MED   Riccardo Montolivo
21 MED   Lucas Biglia
27 MED   Riccardo Forte
71 MED   Juan Mauri
73 MED   Manuel Locatelli
79 MED   Franck Kessié
7 DIA   Nikola Kalinić
8 DIA   Suso
8 DIA   André Silva
11 DIA   Fabio Borini
63 DIA   Patrick Cutrone
74 DIA   Frank Tsadjout
76 DIA   Tiago Dias
75 POR   Alessandro Guarnone

Xogadores famosos

editar
 
Paolo Maldini (1984–2009 )
 
Alessandro Nesta (2002–2012 )
 
Kaká (2003–2009)

Palmarés

editar

Torneos nacionais

editar
  • Serie A (18): 1901, 1906, 1907, 1950–51, 1954–55, 1956–57, 1958–59, 1961–62, 1967–68, 1978–79, 1987–88, 1991–92, 1992–93, 1993–94, 1995–96, 1998–99, 2003–04, 2010–11.
  • Copa de Italia (5): 1966–67, 1971–72, 1972–73, 1976–77, 2002–03.
  • Supercopa de Italia (7): 1988–89, 1992–93, 1993–94, 1994–95, 2004–05, 2010–11, 2015–16.
  • Serie B (2): 1980–81, 1982–83.

Torneos internacionais

editar
  1. Aínda que os anos efectivos sen título foron 36, xa que habería que descontar 1908, no que o equipo non participou, así como as dúas guerras mundiais, durante as que non houbo competición.
Referencias
  1. 1,0 1,1 "Palmarés". 
  2. "Real Madrid, Al-Ahly, Boca y los equipos con más títulos internacionales | Goal.com" (en castelán). Consultado o 2018-05-07. 
  3. "Mellores equipos do século XX según a IFFHS (en inglés)". Arquivado dende o orixinal o 24 de maio de 2012.  |urlarquivo= e |url-arquivo= redundantes (Axuda); |dataarquivo= e |data-arquivo= redundantes (Axuda)
  4. Di Cera, Giuseppe (2015). Il romanzo del grande Milan. Newton Compton. ISBN 978-88-541-8793-1. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Almanacco illustrato del Milan. Panini. 2005. 
  6. Di Cera, Giuseppe (2014). I campioni che hanno fatto grande il Milan. Newton Compton. ISBN 978-88-541-7069-8. 
  7. 7,0 7,1 Di Cera, Giuseppe (2016). Il Milan dalla A alla Z. Newton Compton. ISBN 978-88-227-0188-6. 
  8. Di Cera, Giuseppe (2013). 1001 storie e curiosità sul grande Milan che dovresti conoscere. Newton Compton. ISBN 978-88-541-5987-7. 
  9. 9,0 9,1 Almanacco illustrato del calcio 2015. Panini Comics. 2015. ISBN 978-88-912-1454-6. 
  10. "Historia de San Siro (en italiano)". Arquivado dende o orixinal o 01 de maio de 2018. 
  11. "Clasificación a metade de tempada (en alemán)". Consultado o 8 de maio de 2018. 
  12. 12,0 12,1 12,2 12,3 12,4 "Todas as finais do Milan (en italiano).". Consultado o 8 de maio de 2018. 
  13. "Milanello, o centro deportivo do Milan (en italiano)". Consultado o 8 de maio de 2018. 
  14. "Recopa de Europa 1967-1968". transfermarkt. Consultado o 8 de maio de 2018. 
  15. "Copa Intercontinental 1969-1970". transfermarkt.it. Consultado o 8 de maio 2018. 
  16. "O Milan e a "Fatal Verona": a historia de dous scudettos perdidos clamorosamente (italiano)". Sky. Consultado o 8 de maio de 2018. 
  17. "O imbatible Perugia da 78-79, un record amargo (italiano)". Sky. Arquivado dende o orixinal o 23 de abril de 2018. Consultado o 8 de maio de 2018. 
  18. "O escándalo do Totonero (en español)". As.com. Consultado o 8 de maio de 2018. 
  19. "Clasificación final da 81-82". fussballdaten.de. Consultado o 8 de maio de 2018. 
  20. "Paolo Maldini". acmilan. Consultado o 8 de maio de 2018. 
  21. Tiziano, Crudeli (2005). Crudelmente Milan. 20 anni di passione rossonera. Libri di sport. ISBN 88-87676-48-8. 
  22. "La UEFA suspende al Milan por una temporada". El País (en castelán). 28/3/1991. ISSN 1134-6582. Consultado o 9/5/2018. 
  23. "Serie A - Die italienische erste Liga 1991/1992 - Der 34. Spieltag - Fussballdaten". Fussballdaten (en inglés). Consultado o 2018-05-09. 
  24. "El Marsella, excluido de la Copa de Europa". El País (en castelán). 7/9/1993. ISSN 1134-6582. Consultado o 9/5/2018. 
  25. Tagliaferri, Guillermo. "A 20 años de la máxima hazaña de Vélez" (en castelán). Consultado o 2018-05-09. 
  26. "Gigantesco Liverpool". El País (en castelán). 26/5/2005. ISSN 1134-6582. Consultado o 9/5/2018. 
  27. "Bochorno italiano: El escándalo del “Calciopoli” y cómo afectó a grandes como Milan o Juventus". Deporte, y secreto (en castelán). 2016-11-17. Consultado o 2018-05-09. 
  28. "El Milán gana por 2-1 al Liverpool en una final a la italiana. Noticias de Deportes". El Confidencial (en castelán). Consultado o 2018-05-09. 
  29. Milan, AC. "| News | AC Milan". AC Milan. Consultado o 2018-05-09. 
  30. Milan, AC. "| News | AC Milan". AC Milan. Consultado o 2018-05-09. 
  31. "El Milan volvió a superar al Inter y conquista la Supercopa en Pekín - RTVE.es". RTVE.es (en castelán). 2011-08-06. Consultado o 2018-05-09. 
  32. "Milan, è il 29° titolo di Berlusconi. E il primo di una generazione". La Gazzetta dello Sport - Tutto il rosa della vita (en italiano). Consultado o 2018-05-09. 
  33. "AC Milan: Berlusconi vende el Milan a Li Yonghong, un empresario chino". Intereconomia (en castelán). 2017-04-13. Consultado o 2018-05-09. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar