8 de xullo
data
<< | Xullo | >> | ||||
Lu | Ma | Mé | Xo | Ve | Sá | Do |
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 |
8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 |
15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 |
22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 |
29 | 30 | 31 | ||||
2024 Todos os días |
O 8 de xullo é o 189º día do ano do calendario gregoriano e o 190º nos anos bisestos. Quedan 176 días para finalizar o ano.
Acontecementos
editar- 1497 - O navegante portugués Vasco da Gama parte rumbo á India
- 1923 - As Irmandades da Fala crean na Coruña as Escolas de Insiño Galego.[1]
- 1941 - O exército alemán asedia a cidade de Leningrado.
- 1983 - Créase o Consello da Cultura Galega
Nacementos
editarFicheiro:Käthe_Kollwitz_by_Hugo_Erfurth,_1927.jpg
- 1621 - Jean de La Fontaine, poeta francés (m. 1695).
- 1811 - Luis González Bravo, escritor e político español (m. 1871).
- 1838 - Ferdinand von Zeppelin, inventor alemán (m. 1917).
- 1851 - Arthur Evans, arqueólogo británico (m. 1941).
- 1867- Käthe Kollwitz pintora, gravadora e escultora alemá (m.1945),
- 1879 - Antonio López Hernández, arquitecto galego, representante do movemento modernista (m. 1950).
- 1885 - Roberto Nóvoa Santos, patólogo e ensaísta republicano galego (m. 1933).
- 1892 - Richard Aldington, escritor e poeta británico (m. 1962).
- 1893 - Fritz Perls, médico psiquiatra alemán (m. 1970).
- 1895 - Igor Tamm, físico ruso, premio Nobel de Física en 1958 (m. 1971).
- 1901 - Carmen Martínez Sancho, primeira doutora e catedrática de Matemáticas no ensino secundario en España (m..1995).
- 1906 - Philip Johnson, arquitecto estadounidense (m. 2005).
- 1923 - Harrison Dillard, atleta estadounidense gañador de catro medallas de ouro olímpicas (m. 2019).
- 1924 - Juanito Navarro, actor español (m. 2011).
- 1927 - Willy De Clercq, político belga (m. 2011).
- 1951 - Anjelica Huston, actriz estadounidense.
- 1955 - Alberte Permuy, deseñador gráfico galego.
- 1956 - Carlos Herrera, periodista español.
- 1958 - Kevin Bacon, actor estadounidense.
- 1961 - Andrew Fletcher, músico inglés, membro de Depeche Mode (m. 2022).
- 1970 - Beck, músico estadounidense.
- 1973 - Kathleen Robertson, actriz canadense.
- 1982 - Alva Martínez Teixeiro, escritora galega.
- 1984 - John Bain máis coñecido como TotalBiscuit comentarista e crítico de videoxogos. (m. 2018)
- 1985 - Jamie Cook, guitarrista de Arctic Monkeys.
- 1986 - Jairo Iglesias, director galego.
Mortes
editar- 1538 - Diego de Almagro, explorador español.
- 1623 - Papa Gregorio XV.
- 1695 - Christiaan Huygens, astrónomo, físico e matemático holandés.
- 1809 - Thomas Paine, político e intelectual revolucionario estadounidense (n. 1737).
- 1881 - Cecilio Acosta, educador e publicista venezolano (n. 1818).
- 1933 - Anthony Hope, escritor británico (n. 1863).
- 1955 - Luciano Seoane Seoane, mestre e pedagogo galego (n. 1876).
- 1961 - Vicente Gómez Paratcha, avogado e diplomático galego (n. 1893).
- 1966 - Antonio Casanova Prado, sindicalista e xornalista galego (n. 1898).
- 1979 - Robert Burns Woodward, químico estadounidense, Premio Nobel en 1965.
- 1984 - Claudio Sánchez Albornoz, historiador e político español (n. 1893).
- 1987 - Gerardo Diego, poeta español.
- 1994 - Kim Il Sung, líder da Corea do Norte.
- 2011 - Adolfo Sánchez Vázquez, filósofo e escritor español (n. 1915).
Notas
editar- ↑ "Escolas de Insiño Galego – Almanaque das Irmandades". Consultado o 2022-07-31.[Ligazón morta]
Outros
editar- Santoral: Santo Adriano III.