3 de marzo
data
<< | Marzo | >> | ||||
Lu | Ma | Mé | Xo | Ve | Sá | Do |
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 |
2024 Todos os días |
O 3 de marzo é o 62º día do ano do calendario gregoriano e o 63º nos anos bisestos. Quedan (303) días para finalizar o ano.
Acontecementos
editar- 1669 - Cosme de Médicis chega a Santiago de Compostela logo de facer o Camiño de Santiago.
- 1878 - Bulgaria sepárase do Imperio Otomán.
- 1918 - Rusia, Austria e Alemaña asinan o Tratado de Brest-Litovsk, que marca a saída da Rusia da primeira guerra mundial.
- 1959 - Lanzamento da sonda Pioneer 4, a primeira nave estadounidense en entrar en órbita heliocéntrica.
- 1972 - Lanzamento de Pioneer 10 cara Xúpiter e o espazo interestelar.
- 1976 - Acontecementos de Vitoria.
- 1990 - en España, Telecinco comeza a emitir de forma regular.
Nacementos
editar- 1756 - William Godwin, escritor político británico.
- 1845 - Georg Cantor, matemático alemán.
- 1848 - Alexander Graham Bell, inventor escocés.
- 1865 - Eladio Fernández Diéguez, xornalista e político galego (m. 1935).
- 1895 - Ragnar Frisch, economista noruegués (m. 1973).
- 1898 - Victoria Kent, política republicana (m. 1987).
- 1915 - Ramón Sobrino Lorenzo-Ruza, arqueólogo e aparellador galego (m. 1959).
- 1916 - Marino Dónega, escritor e político galego (m. 2001).
- 1957 - João Guisan Seixas, escritor galego.
- 1958 - Marcos Valcárcel, historiador galego (m. 2010).
- 1964 - Fernando Avecilla Porto, xogador de hóckey sobre patíns e profesor e investigador galego.
- 1964 - Manuel Rei Romeu, escritor e crítico literario galego.
- 1968 - Anxo Pintos, músico e compositor galego.
- 1973 - Marta Míguez, política e atleta galega na disciplina de xavelina.
- 1975 - David Blanco, ciclista galego.
Mortes
editar- 1703 - Robert Hooke, científico inglés, descubridor das leis físicas da elasticidade.
- 1706 - Johann Pachelbel, organista, clavicembalista e compositor alemán (n. 1653).
- 1906 - Francisco Romero Robledo, avogado e político español.
- 1920 - Theodor Philipsen, pintor dinamarqués.
- 1921 - Pierre Cuypers, arquitecto holandés (n. 1827).
- 1932 - Maximiliano Linares Rivas, avogado e político galego.
- 1962 - Pierre Benoit, escritor francés.
- 1982 - Georges Perec, escritor francés.
- 1983 - Hergé, autor de banda deseñada belga (n. 1907).
- 2005 - Marinus Michels, adestrador e seleccionador de fútbol neerlandés.
Festas e celebracións
editar- Día mundial da vida selvaxe, instituído pola ONU en 2013.
Outros
editar- Santoral: San Marino; santa Cunegunda de Luxemburgo, patroa de Luxemburgo, Lituania e Polonia.