Madame d'Aulnoy
Nome orixinal | (fr) Marie-Catherine d’Aulnoy |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (fr) Marie-Catherine Le Jumel de Barneville 1652 Barneville-la-Bertran, Francia |
Morte | 14 de xaneiro de 1705 (52/53 anos) París, Francia |
Actividade | |
Ocupación | escritora, novelista, salonnière, recompiladora de contos fantásticos |
Membro de | |
Xénero artístico | Conto |
Movemento | Preciosismo (pt) |
Pseudónimo literario | Madame D*** Madame D**** |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Fillos | Marie-Anne d'Aulnoy |
Descrito pola fonte | The Nuttall Encyclopædia >>>:Aunoy, Comtesse d', D'Aulnoy, the Countess Library of the World's Best Literature A Cyclopaedia of Female Biography |
Marie-Catherine le Jumelle de Barneville, baronesa d'Aulnoy, nada en Barneville-la-Bertran, Pays d'Auge, Normandía, o 14 de xaneiro de 1651 e finada en París o 13 de xaneiro de 1705, foi unha escritora francesa coñecida polos seus contos de fadas e polo seu relato da viaxe a España. Cando chamou as súas obras contes de fées ("contos de fadas"), orixinou a expresión que agora se emprega xeralmente para o xénero.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nada en Barneville-la-Bertran, preto de Bourg-Achard (Eure), pertencía a unha familia nobre (era sobriña de Marie Bruneau des Loges) e en 1666 casou cun parisiense trinta anos máis vella ca ela e de extracción dubidosa, François da Motte, barón de Aulnoy. O barón era un librepensador e un coñecido xogador que perdeu unha gran parte da súa fortuna. Tiveron cinco fillos.
En 1669 o barón de Aulnoy foi acusado de traizón, pero as acusacións demostráronse falsas e dous homes implicados nas mesmas foron executados, entre eles o amante da baronesa de Gudanne, a nai de Marie-Catherine. Fuxiu do país refuxiándose en Inglaterra e hipoteticamente en 1675 foi a España, onde podería reunirse coa súa nai, permanecendo alí ata 1685, ano en que puido regresar a Francia grazas ao perdón concedido por Lois XIV tendo en conta os servizos que prestou á coroa. De Madame d'Aulnoy non se sabe moito, mais suponse que tamén viaxou por Inglaterra; se estivo en España é cuestión discutida, posto que a súa Relation d'un voyage en Espagne pareceu falso e inventado a Raymond Foulché-Delbosc, grande especialista en literatura de libros de viaxes, aínda que outros críticos como Arturo Farinelli, Storer, Mazon, o duque de Maura e Agustín González de Amezúa considérano certo, por máis que a baronesa esaxerase con frecuencia, inventase nalgunhas ocasións, adornase noutras o que lembraba con bastante distancia e en non poucas ocasións reelaborase informacións indirectas xa de seu nesgadas e testemuños doutros viaxeiros.[2][3] En 1681 quedou viúva.
Madame d'Aulnoy fixou a súa residencia de novo en París en 1690, onde o seu salón literario se converteu nun dos máis populares do seu tempo, sendo visitado polos principais aristócratas e príncipes. Durante os seguintes trece anos publicou tres pseudomemorias, dúas coleccións de contos de fadas e tres novelas históricas. Gañouse unha reputación como historiadora e recompiladora de contos de fóra de Francia e foi admitida como membro da paduana Accademia dei Ricovrati co sobrenome da musa da historia, Clío. Cento cincuenta anos máis tarde historiadores mellor documentados denunciaron os seus escritos como fraudulentos. Na Francia e a Inglaterra da época os seus libros eran considerados como un simple entretemento, un sentimento reflectido nas críticas deste período. O intento de facer unha historia seria das guerras cos Países Baixos de Lois XIV de Francia non tivo tanta fortuna.
As súas obras máis populares foron os seus contos de fadas e as súas historias de aventuras en Les Contes des Fées e Contes Nouveaux ou Les Fées a la Mode A diferenza dos contos populares de Charles Perrault, d'Aulnoy contaba as súas historias dunha forma máis coloquial, tal e como se contaron no salón. Estas historias non eran en absoluto axeitadas para nenos e estaban destinadas máis ben aos lectores adultos da sociedade galante; moitas das edicións inglesas eran distintas do orixinal. Na maioría dos seus contos figuran protagonistas femininas activas.
Obra
[editar | editar a fonte]- Sentiments d'une Âme penitente
- Le Retour d'une Âme a Dieu
- Histoire d'Hippolyte, comte de Duglas (1690)
- Histoire de Jean de Bourbon, Prince de Carency (1692)
- Le Comte de Warwick
- Memoires de la cour d'Espagne, Relation du voyage d'Espagne (1690 ó 1691)
- Memoires de la cour d'Angleterre (1695)
- Les Contes des Fées
- Contes Nouveaux ou Les Fées a la Mode (1698)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Zipes, Jack (2001). The great fairy tale tradition : from Straparola and Basile to the Brothers Grimm : texts, criticism. Nova York: W.W. Norton. ISBN 0-393-97636-X.
- ↑ Peters (1988). Inquisition. Berkley e Os Ánxeles: University of California Press.
[...] The most influential of these accounts, Madame d'Aulnoy's Relation d'un voyage en Espagne of 1691, was known to Montesquieu and Voltaire, as we have seen, and her savage and erroneus portrait of Spanish Inquisition became one of the best-known sources of information and misinformation concerning the institution and its history in northern Europe. (p. 191)
- ↑ Juderías. "La obra de España". La Leyenda Negra (2ª ed.). Salamanca: Junta de Castilla y León. ISBN 84-9718-225-1.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Francia |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Disse, Dorothy (1 de outubro de 2004). "Marie Catherine d'Aulnoy". Other Women's Voices (en inglés)
- Defrance, Anne: Les contes des fées et les nouvelles de Madame d'Aulnoy (1690–1698): L'imaginaire féminin à rebours de la tradition. Xenebra, Droz, 1998 (en francés)