AC-552
Aparencia
AC-552 | |
---|---|
Travesía urbana de Vilarrodís (Arteixo) | |
Identificador | |
Tipoloxía | Estrada da Rede Primaria Básica |
Rede | Rede de estradas de Galicia |
Titular da vía | |
Dimensións | |
Lonxitude | 88,97 km |
Formato | 1 carril por sentido |
Localización | |
Inicio | Avenida de Arteixo (A Coruña) |
Fin | AC-550 Cee |
Concellos que atravesa
|
A AC-552[1][2] (na provincia da Coruña), é unha estrada da Rede Primaria Básica da Xunta de Galicia que une as localidades da Coruña e Cee; atravesa os concellos da Coruña, Arteixo, A Laracha, Carballo, Coristanco, Cabana de Bergantiños, Zas, Vimianzo, Dumbría e Cee. Ten unha lonxitude de 88,97 quilómetros e iníciase nun cruzamento coa Avenida de Arteixo na Coruña e finaliza nun cruzamento coa AC-550 en Cee.
Percorrido
[editar | editar a fonte]A estrada inicia o seu percorrido na Coruña, proseguindo por Arteixo, A Laracha, Carballo, Coristanco, Cabana de Bergantiños, Zas, Vimianzo, Dumbría e finalmente Cee. Atravesa os seguintes núcleos urbanos: Vilarrodís, Arteixo, Paiosaco, A Laracha, Carballo, Coristanco, A Agualada, Nantón, Baio, Vimianzo e Cee.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Avenida de Arteixo na Coruña, orixe da estrada
-
Travesía urbana de Vilarrodís (Arteixo)
-
Campo da feira de Paiosaco, ao pé da AC-552
-
Casa do Concello da Laracha, ao pé da AC-552
-
Predios modernistas e tradicionais na travesía urbana de Carballo
-
Casa do Concello de Coristanco. Ao pé da AC-552
-
Igrexa e campo da feira da Agualada (Coristanco), ao pé da AC-552
-
Travesía de Vimianzo
-
Vista da AC-552 polo núcleo urbano de Vimianzo
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "CATÁLOGO DE ESTRADAS DA REDE AUTONÓMICA DE ESTRADAS DE GALICIA (RAEGA) -XUÑO 2021-" (PDF). Consultado o xuño de 2021.
- ↑ "Listado RAEGA" (PDF). Consultado o xuño de 2023.